
O prazo de inscripción nas Escolas Municipais será de 14 de Setembro a 7 de Outubro. Lembramos aos usuarios que, de acordo coa Ordenanza fiscal nº 14 do Concell0 de Mugardos, "gozarán de exención as persoas con ingresos iguais ou inferiores ao salario mínimo interprofesional para toda a unidade familiar ou aqueloutras que, non cumprindo ese requisito, estime a Comisión correspondente que non acadan os mínimos vitais".
Así mesmo, lembramos que na citada ordenanza, no apartado de "outras actividades" está establecido o prezo da matrícula, segundo o número de horas semanais, pero non hai establecido ningún importe mensual. Tal é o caso da actividade chamada "Iniciación á conversa en inglés". Por tanto, non se lle pode cobrar aos usuarios nada máis que a matrícula.Por último, hai que ter en conta que o terceiro membro da unidade familiar que se inscriba nunha das actividades, non a pagará.
No hay comentarios:
Publicar un comentario