17 sept 2011

PARA NÓS É UN ESCÁNDALO. E TI QUÉ OPINAS?






















O luns 19 reunirase a Comisión de Benestar Social. A proposta do BNG para as axudas a material escolar e axudas a comedor escolar parécenos inaceptable. Trátase de substituír as axudas por tramos de renta por axudas excepcionais ás familias cunha renda que as coloca en situación de emerxencia social. Así, se unha familia de catro membros ten menos de 825 € de ingresos mensuais, pode obter unha axuda para material escolar ou unha bonificación no prezo do comedor. A mesma familia, con 826 € non recibirá nada en absoluto. O máis triste é que estamos a discutir de cantidades ridículas: p.e., "Emerxencia Social" conta con 6.000 € no presuposto, Axudas á escolarización 3.000 (dun presuposto de máis de 5 millóns de euros). Dos 6.000 € do Comedor Escolar, a Xunta aporta 5.000 e o Concello de Mugardos 1.000; o mesmo Concello que agora vai destinar 6.000 € á Natación Escolar, que destinou 6.000 € á Festa de Beiramar ou 5.000 € ó alumeado das Festas do Carme e do Polbo.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

“ Porca miseria “

Anónimo dijo...

Os cálculos son os do goberno do BNG. A fórmula é a seguinte: 45 nenas/os x 8€ ó mes x 3 meses. Faí un total de 1.080€

Anónimo dijo...

Non se pode presupostar nín gastar coma se tratásese dunha Comisión de Festas .

¿ Pero é que seica o goberno municipal do BNG non se deu conta que desde 2008 estamos en crisisis económica , no Concello de Mugardos desde 2007 , desde que se esgotou o diñeiro da licenza da Planta de Gas , e que hai que establecer criterios de racionalidade e sensibilidade social no gasto, en lugar de gastar en festas e ?merendiñas?

¿ Será que os cidadáns e cidadás do Concello de Mugardos á vista dos feitos , ademais da crise económica xeneral, temos que soportar tamén a crise de valores e ideas do actual goberno municipal ?

Anónimo dijo...

nin pa chuscos

Anónimo dijo...

Guardaos de los falsos profetas, que vienen a nosotros vestidos con piel de oveja, pero por dentro son lobos rapaces. Por sus frutos los conoceréis.