21 sept 2011

Comedor escolar: pequena gran victoria




















Na Comisión de Benestar Social do luns 19, EU Mugardos logrou arrancar do goberno municipal o compromiso de elaborar unha taxa para o comedor escolar, onde se diferenciará a aportación dos usuarios por nivel de renda. Quedan por diante os trámites administrativos e os acordos entre os distintos grupos políticos. Pero finalmente haberá aportacións diferentes segundo o nivel de ingresos das familias, fronte á proposta inicial da concelleira do BNG. Outras propostas de EU, coma a convocatoria de axudas á escolarización, tamén con diferenciación por tramos de renda, quedan pendentes para estudo e dictamen dunha próxima comisión extraordinaria, aínda que, en principio, o resto dos grupos, agás o BNG, manteñen posturas semellantes á nosa. Polo momento, só o goberno defende restrinxir as axudas á escolarización ás familias que se atopen en situación de Emerxencia Social.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Non cabe a menor dúbida , polo menos así eu interprétoo , que esta boa noticia , que en principio o é , é o produto da vosa dedicación , o voso traballo e a vosa achega de ideas e propostas que tal e como están as cousas no Concello de Mugardos son máis necesarias que nunca , por iso a miña valoración máis positiva ao voso traballo e o desexo que chegue canto antes a bo porto.

Adiante , Mugardos necesítavos .