
Sesión do concello pleno do día 25 de xuño de 2010. Preguntamos:
¿Ten pensado o Concello subscribir un convenio tal e como emana da ordenanza municipal aprobada?
Ordenanza reguladora da tenencia, defensa e protección dos animais de compañia
Artigo 12.
1.- Terán a consideración de animais abandonados aqueles que non teñan dono ou responsable coñecido, non se encontren censados e circulen libremente sen presencia do seu responsable nin sinais ou marcas que permitan a súa identificación.
2.- Os animais que se encontren nestas circunstancias así como aqueles que os seus donos non desexen continuar posuíndoos, serán aloxados nas dependencias adecuadas que ó efecto determine a autoridade municipal e proporcionaráselles alimentación e atención e coidados veterinarios adecuados mentras permanezan nos lugares de acollida. O Concello de Mugardos poderá xestionar este servicio de calquera das formas que prevé a lei: poderá xestionar convenios coa Xunta de Galicia, con asociación de protección e defensa dos animais ou con outras asociación autorizadas para este fin. (Estas deben estar inscritas no rexistro creado a tal efecto na Xunta de Galicia). Os convenios terán unha vixencia de 3 anos prorrogables.
3.- Só no caso de que o aloxamento non fose posible procederase, en último caso, á eliminación do animal polos servicios veterinarios correspondentes, evitando sempre calquera forma de crueldade ou sufrimento.
6 comentarios:
Quizais non se aprecie na foto: a cadea do can non é moi longa. Preguntámonos quén se ocupa de darlle comida e auga entre o venres e o luns, pois os traballadores non pasan por alí.
Pobre! Seguro que está esquelético... No hay derecho a tratar así a los animales, y menos un Ayuntamiento!!! Por cierto ¿donde está ese almacén?
¿Bajo el Ayuntamiento?
O almacén é unha nave que ten alugada o Concello por 1000 €/mes en Souto da Cana, Rilo.
Esta moi ben denunciar o caso, o problema e que moita solucion non lle vexo. Haberia que loitar por que os cans (principalmente, inda que gatos e demais non estaba tampouco mal) deberiaan estar TODOS con chip ou con tatuaxe para poder identificar ao dono. Outra cousa que haberia que facer é poñer nun tablon de anuncios e na web do concello, a foto e descripcion dosanimais que recollen porque difícilmente vai saber o dono onde esta o can si non se lle ve.
Espero que recordar a normativa non de pé a que os animais recollidos sexan sacrificados e asi "acabouse o problema".
O can non sera do dono da granxa
Publicar un comentario