
O BNG propón modificar a actual tasa do SAF, con dous aspectos a destacar:
1.-Subir un 11% o custo da hora, pasando de 10,64 € a 12 €. Unha suba destas características reflíctese en cada unha das horas de servizo. Non é o mesmo unha suba dun 11% nun servizo con pago único cada certo tempo (p.e., o lixo) que nun servizo por horas. Ademais, o custo hora a repercutir aos usuarios non ven marcado en ningunha orde da Xunta. Polo tanto, o incremento do 11% non é obrigatorio.
2.- Hai tramos que se modifican máis aló do marcado pola Orde da Xunta, soportando dous incrementos: o de custo hora e o tanto por cento que aporta o usuario. Un exemplo: os que agora aportan o 7% e o 10% pasarían ao 12%. Segundo a Orde, poderían aportar só o 10%. Os que aportan o 30% ou 40%, pasarían ao 50%. Respectando os mínimos da Orde, poderían aportar só un 21%.
Nun dos tramos inferiores, no que agora o dependente aporta o 5%, pasaría ao 10%; sumándolle o incremento do 11% en cada hora, supón unha suba superior ao 100%: p.e., un dependente que pagase agora 26,6 € por 50 horas pasaría a pagar 60 €.
EU manifestou na Comisión que non votaremos a favor da proposta do BNG. Estamos dispostos a estudar unha modificación da Ordenanza que non grave ás familias con menos recursos e demandamos do goberno que reduza ou elimine gastos superfluos, para facer fronte á diminución da lista de espera coa incorporación de novas/os traballadoras/es á plantilla municipal.
Para ampliar información, podes acceder á Ordenanza actual, á Orde da Xunta que regula a axuda a domicilio, a proposta do BNG e a alternativa que plantexa EU.
No hay comentarios:
Publicar un comentario