19 oct 2011

Centro de Saúde


-EU:Cómo está o tema da cesión patrimonial do Centro de Saúde?

-Alcalde: Esta todo parado no Sergas

Este texto pertence á sesión da Comisión Informativa de Facenda celebrada o día 6 de outubro de 2011. A realidade é que o Alcalde non fixo os deberes. O orzamento para o ano 2011, no capítulo de gastos correspondentes ó Centro de Saúde, ascende a 33.813,65€. No capitulo de ingresos aparacen reflexados 4.619,40€ (SERGAS). Regalar ó SERGAS 29.194,25€ cada ano si que é unha boa xestión dos nosos cartos.

Póñanse as pilas e rematen os deberes que lles faltan por facer. Nós xa contribuimos recordando nas comisións que o tema non debe quedar durmido nun caixón. VER DOCUMENTO ANEXO.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Non é nada novo que o alcalde bótelle a culpa a outros , neste caso ao SERGAS , e tampouco é ningunha novidade o do incumprimento dos acordos do Pleno.

Precisamente en relación a este último tema , o dos incumprimentos dos acordos do Pleno, o portavoz do BNG no Concello de Vigo dicía no diario La Voz de Galicia (19/10/2011 ) cousas como estas :

…. Día a día o grupo nacionalista ten que soportar como boa parte das súas propostas, aprobadas polo pleno da corporación, son ignoradas polo alcalde.

… Para os nacionalistas, esta forma de actuar significa un desprezo total cara ao resto dos grupos da corporación e cara á institución municipal, …

“ Un presidente dá corporación que non leva a cabo os acordos adoptados empeza a deslexitimarse como tal “