
Conseguimos que o goberno municipal aceptara sacar as axudas ó comedor escolar do "Unión Mugardesa" da partida de emerxencia social, establecendo bonificacións diferenciadas segundo o nivel de renda das familias e mantendo unha axuda lineal a tódolos usuarios: ascendendo o menú a 5,15 €, aceptamos que a axuda lineal fose de 1,17 € e que os usuarios pasasen a pagar, dos 3,86 € do pasado ano, 3,98 € (como máximo) no curso 2011-12, sempre que o goberno se comprometese a levar o asunto ó Pleno de Outubro. Tras pedir que se discutise na Comisión de Benestar do 17 de Outubro, posto que no se tratou na do día 3, atopámonos con que - xa é costume - a proposta do goberno ven sen texto de ordenanza fiscal e sen o preceptivo informe económico da Interventora municipal. Na proposta do Bloque, apoiada polo PP, desaparece a axuda lineal e só se establecen bonificacións para familias con niveis de renda extremadamente baixo. Entre outras consecuencias, queremos destacar: a maioría das familias verán incrementado o prezo do menú diario en máis dun 50 % con respecto ó curso pasado; haberá familias que teñan que aportar uns 50 ou 70 € ó mes, aínda tendo un nivel de ingresos có que poderían acceder ás axudas de aluguer, electricidade, etc. que establece o mesmo Concello para familias en situación de necesidade. Recordemos que o Concello aporta 1000 € a este servizo e a Xunta de Galicia 5000 €, parte dos cales tiveron que ser devoltos o curso pasado porque non chegaron a gastarse, debido ós cálculos cicateros que o goberno fixo e volve facer de novo. Aquí tedes un documento explicativo con información detallada e exemplos concretos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario