17 nov 2011

Escola Infantil "As Lagoas": máis mentiras















Dende o 1 de Agosto plantexamos na Comisión de Benestar o tema da Escola Infantil "As Lagoas". (Recordamos que o problema é que o Concello está aportando á empresa concesionaria un 35 % máis do que se acordara hai cinco anos, moi por riba do que se podería considerar o IPC acumulado). Tivemos que chegar ao Pleno de 30 de Setembro cunha moción para instar ao goberno a denunciar o contrato coa empresa que a xestiona, moción que retiramos a cambio de que se levase o asunto á Comisión de Benestar do luns 3 de Outubro. Alí a maioría dos grupos, por iniciativa de EU ( é preciso decilo?) e coa abstención do BNG, decláranse a favor de denunciar o contrato. Agora, un informe do secretario do Concello revela o que xa sospeitábamos: que o goberno non fixo a denuncia dentro do plazo legal, polo que a empresa concesionaria, de perder o contrato, podería solicitar unha indemnización. De ahí a delirante situación de que o goberno leve un pliego de adxudicacións á última comisión de Benestar e se absteña. De ahí as palabras do sr. Alcalde de Mugardos en dita Comisión (7 de Novembro): a nova adxudicación pode saír mal e acabar pagando máis. Claro, como que o goberno era o único que sabía que a denuncia non se fixera dentro do prazo legal: e aínda así leva o asunto a votar en Comisión, esperando que outros carguen coa responsabilidade; e aínda así, ten a tres técnicos do Concello traballando no novo pliego de condicións durante semanas... para nada? Si, para salvar a súa cara.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Me parece que IU peca de querer un protagonismo que no se corresponde al numero de votos. Me consta que el nuevo equipo del PP trabaja, y mucho, aunque no hagan tanto barullo ni menosprecien el trabajo de los demás como sí hace IU (ese es su error) Tenia razón el PP, mejor solos que gobernar con IU,ya que se creen que son mas de lo que son. Mucha palabrería y mucho cuento.

Anónimo dijo...

Pois polo que se sabe os informes economicos do persoal tecnico do Concello non din que houbo a subida inxustificada que di EU.Polo que non quedou demostrado nada do que EU dixo.

EU-IU dijo...

Esquerda Unida non pretende máis protagonismo que o que lle corresponde. Se presenta propostas, prepara debidamente as comisións e os plenos e está ao pé do cañón, o que non vai facer é disimular o seu traballo para que non se molesten o resto. Por outra banda, aínda non caeu no feo costume de facer oposición á oposición, como fan outros grupos, ou atribuírse as iniciativas de outros, como fan outros grupos. Un cordial saúdo.

EU-IU dijo...

Con respecto ós "informes económicos do persoal técnico do Concello", dúas precisións:
1.Se eses informes chegan a Comisión e a Pleno, aínda sendo preceptivos, a miúdo é polo empeño de EU en que o goberno llos encargue ós técnicos, porque con farta frecuencia os concelleiros do BNG intentan prescindir deles.
2.Con respecto ó informe da Escola Infantil, queda perfectamente claro que a empresa concesionaria calculou, hai cinco anos, que lle bastaría unha aportación do Concello duns 70.000 €. Hoxe precisa 117.000 €. Ante esa situación, EU non dixo que houbese ningún fraude, dixo que ante tan significativo cambio de condicións, non cabe prórroga, porque unha prórroga así constitúe de facto, aínda que non de iure, unha nova concesión. Nós distinguimos a economía da política e os informes técnicos das decisións políticas: outros tamén, pero teñen o vicio de lialo todo, cando lles convén... Intelligenti pauca. Perdoe os latinismos, querido lector: estou certo de que vostede tamén é dado a empregalos, aínda que non veñan a conto, nonsí?

Anónimo dijo...

Dá lectura dalgún dos comentarios , dáme a impresión de que o traballo constante e rigoroso que está realizando o grupo municipal de Esquerda Unida facendo propostas e presentando alternativas ademais de fiscalizar e denunciar a lamentable acción política e despropósitos do goberno municipal do BNG , poida contribuír tamén a deixar ao descuberto a escasa ou nulo labor de oposición que están exercendo outros grupos .

Parece que a realidade dos feitos así o acredita .

EU-IU dijo...

Grazas polo apoio. Nós tamén temos constancia de que hai ediles que non son de EU que teñen ilusión por facelo ben, pero quizáis non teñen quen lles abra camiño.

Anónimo dijo...

Para min hai certas cousas que nín pódovos discutir nín tampouco pór en dúbida , posto que vós mellor que ninguén coñeceis e practicais a actividade política no Concello de Mugardos , polo tanto cando vos referides a eses edís que non son de Esquerda Unida pero se que son dalgunha organización política pola que se presentaron ás eleccións , cabe pensar que esa organización política non lles asiste ou , o que sería moito peor , que esa organización política como tal non existe .

De todos os xeitos parte da opinión pública na que me inclúo , non a opinión publicada , pensa que hai edís que non teñen vontade e polo tanto tampouco vocación para o exercicio do cargo.