16 nov 2011

Expediente de obras iniciado no ano 2005 e rematado no…….?











Un edificio coas obras de urbanización recepcionadas no ano 2009, pendente de licencia de 1ª utilización e habitado.

A licencia de 1º utilización foi solicitada a principios de 2008, informada polos servicios técnicos, con informe desfavorable nos anos 2009 e 2010, entre outras cuestións por: “o baixo cuberto excede de altura ó ter 2,20 metros, en vez dos 1,80 metros permitidos pola licencia. No bloque 2º a altura é de 2,05 metros”.

Agora, pasados tres anos volta á comisión de urbanismo sen máis proposta por parte do BNG de que se informe desfavorablemente a licencia de 1ª utilización por terceira vez.

Ante esta falta de proposta inicial, EU demandou coñecer:

1.-Cantos edificios con baixo cuberta desvinculado e que non teñen licencia de 1º utilización incumplen a altura do baixo cuberta?

2.- Cales son as saídas legais a este incumprimento e cales son os costes económicos para o Concello de cada unha das saídas?

Tras un pequeno debate poderíamos “intuir”, co risco de errar, que a proposta do BNG podería ser adoptar un acordo plenario que poida legalizar alturas como as das que estamos a falar neste edificio para os baixos cuberta desvinculados.

A nosa pregunta é: ten o mesmo valor un baixo cuberta de 1,80 metros de altura que un “baixo cuberta” de 2,05 ou 2,20metros? Poderíamos estar a falar dun incremento do beneficio para o promotor polo incumprimento da altura permitida para os baixo cuberta, é dicir 1,80mts.?


6 comentarios:

Anónimo dijo...

e que pasa cos garaxes ilegais que funcionan sen licencia,moitas veces son sotanos en realidade, incumplindo a normativa,o concello non fai nada, con todo o risco, que supón para a xente que os está a usar e descoñece o tema. Algúns incluso nin veñen proxectados nos planos á hora de construir o edificio,pero as súas prazas véndense como tales.

Anónimo dijo...

En principio cabe dicir que todo isto , como outras lamentables actuacións en materia de urbanismo só teñen un responsable , o goberno municipal do BNG , e son a consecuencia daquilo de “ ti vaille dando “ , “ ti vai facendo “, o que en Dereito Civil coñécese como “ culpa in vixiando “ que ten que ver tamén co de “ mirar para outro lado “ , “ deixar pasar “ , ata que logo pasa o que pasa como parece ser que está pasando no Concello de Mugardos.

Anónimo dijo...

Perdone que use este espacio para manifestar mi enfado con nuestras autoridades.
En el dia de ayer llame a los guardias del ayuntamineto para quejarme del ruido insoportable que hacen un grupo de jovenes en el bajo de la panaderia de la avenida de galicia.no me hicieron ningun caso, los ruidos continuaron durante toda la tarde, parce ser que tienen un grupo rokero o similar.
que yo sepa este ayuntamiento tiene un local para que estos grupos practiquen sin molestar a los que tenemos que descansar.gracias por atender mi protesta.

EU-IU dijo...

No ano 2003 en función do proxecto técnico obtén a licencia de obras. Por Resolución da Alcaldía 837/2009 se denega a licencia de 1ª ocupación para a “Fase II” por non axustarse a obra ó proxecto técnico.
En maio de 2010 se solicita Licenza de Actividade para Garaxe en Avda. de Galicia-Travesía da Portela sendo informado desfavorablemente en xaneiro do 2011 por entre outras cuestión ser necesaria a licencia de 1º ocupación do edificio.
Vaí sendo hora de que se abra o caixón desastre e poñamos enriba da mesa todas as obras pendentes de obtención da licencia de 1º utilización. E non se siga insistindo machaconamente en informar desfavorable para cubrirnos as espaldas pero sin adoptar ningunha decisión.

EU-IU dijo...

Con respecto aos ruidos, debemos recordar que o noso Concello carece dunha ordeanza específica. O que si hai son varias mocións de EU, presentadas en Plenos e incumplidas sistemáticamente. Non o botaremos en olvido. Grazas por lembrárnolo.

Anónimo dijo...

Está ben o do caixón de sastre unindo , creo eu moi acertadamente, as dúas palabras, porque efectivamente a situación da xestión urbanística que nos está dando a coñecer Esquerda Unida non cabe ningunha dúbida de que é un auténtico desastre .
E dada a situación descrita vai ser moi difícil que as cousas póñanse encima da mesa porque todo apunta a que a mesa está coas patas cara arriba .