28 dic 2011

Campo municipal de herba artificial: por fin o Concello salta ó terreo de xogo







Constituida a Comisión de Traballo do Campo Municipal de Herba Artificial na Comisión de Deportes celebrada hoxe. A comisión está composta por 1 representante de cada Grupo Municipal e 2 membros do Club Galicia.

Oito meses despóis da súa inauguración, inícianse os traballos para formalizar un convenio entre o Concello e o Galicia para a xestión e uso.

EU defenderá un convenio que, respetando a preferencia de uso do Club Galicia (tal e como recolle o acordo plenario do 20/10/2008), sexa compatible co disfrute do campo por tódolos/as veciños/as de Mugardos, así como que os gastos de mantemento do mesmo sexan asumidos polo Concello e non o que está a pasar na actualidade, que son asumidos polo Galicia.

Dadas as carencias da instalación (carece de vestiarios, de acceso rodado e de alumeado ) é imprescindible un acordo que beneficie a tódolas partes implicadas, favorecendo o desenvolvemento da actividade deportiva e un amplo aproveitamento da instalación.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Os gastos os paga o Galicia porque é o único que o utiliza. Só faltaba que pagaramos todos os mugardeses o que usa unha sociedade privada!!!

EU-IU dijo...

Desculpe: os gastos, coma a luz, os paga o Galicia porque o campo (que é municipal) usa a luz do Galicia, a falla de acometida propia. sen embargo, no pabellón, por exemplo, que tamén é municipal, os equipos como o Galicia non teñen que pagar nada, a pesar de ter gastos, como o da luz. Por outra banda, a falla de un regulamento, dunha xestión e dunha ordenanza fiscal non son imputables ó Galicia. A realidade é que o Galicia, que usa o campo (e ten prioridade de uso fronte ó resto de usuarios)está afrontando agora o mantemento dese campo. Se o resto do pobo non pode desfrutalo, a culpa é do Concello.