
No Pleno de Decembro, o alcalde retirou o punto relativo á modificación de varias taxas municipais, atendendo á petición que lle fixera o P.P. antes de iniciarse o Pleno. EU tivo que intervir en rogos e preguntas para aclarar que o grupo de goberno descoñecía o sentido do seu voto e polo tanto non lle parecía ben que se dese por suposto nin o seu voto nin os seus argumentos, tal e como se deducía da intervención do propio Alcalde argumentado que non se apoiaba nin tan siquera a suba do IPC por parte dos grupos da oposición, recordando que os votos do BNG e EU no pleno sumaban maioría suficiente para que se puidesen aprobar e só a renuncia do BNG a falar con EU e o feito de buscar acordos só co P.P. obrigouno a retirar o punto do Pleno.
A proposta do BNG nas taxas do lixo, auga e sumidoiros non contiña só a suba do IPC, senón que contiña propostas que EU non aceptaba, por exemplo: modificar o baremo para as exencións por entender que non se pode aplicar o de emerxencia social. Esta modificación proposta polo BNG significaría que o 50% das unidades famliares de 1 membro (viúvas) pasarían de estar exentas a unha bonificación do 25% ( pasarían de pagar 0€ a 20€/trimestre aproximadamente).
EU proporía no Pleno un reaxuste no prezo da auga que servimos a Forestal do Atlántico (o gran consumidor para beneficio industrial) fronte á proposta do BNG, así como retirar a proposta de cota de mantemento para os comercios, dado que a súa aplicación suporía un incremento moi superior ó IPC única e exclusivamente para este sector. Se o BNG propuxese só a suba do IPC, contaría co voto favorable de EU, a pesar de que se nega a negociar con nós, buscando só a confrontación.
Na taxa por licencia de apertura de establecementos comerciais e industriais, EU a diferencia do BNG, non apoiaría a supresión das bonificacións para os/as que queiran abrir un “negocio”. Estas bonificacións incorporáronse en xaneiro de 2010 á taxa e non estamos dispostos e menos nestes momentos tan complicados a renunciar a un pequeno apoio ó fomento da actividade comercial.
No resto das taxas propostas (expedición de documentos, polideportivo, autotaxi, tenencia de animias, soportes de anuncios), votaríamos a favor do incremento do IPC.
A pregunta que nos facemos é: qué fallou ou quén fallou para que as tivese que retirar? Deberá cambiar o BNG a súa estratexía de goberno? Deberá o BNG deixar de mirar so á dereita?
3 comentarios:
Sodes un mar de contradiccions. Primeiro poñedes que o BNG non sabía o que iades votar, pero parece que sí posto que no seguinte parrafo decides que votariades en contra por discrepancias noutros temas. Se o BNG mira para a dereita será porque no é posible mirar á esquerda, e menos a EU que acostuma a decir NON ó BNG. O PP di non cando lle conven e si cando considera pero non é escravo do NON. Eso e só iso fai que falar de esquerdas é falar de mentira, posto que a esquerda se leva a matar neste concello. Parece que tedes pelusa de que o PP sexa a primeira opcion de negociacion, así o quixechedes vós.Por outro lado é normal, xa que logo os votos din que é o primeiro partido da oposición.
Da lectura do texto se conclúe que EU votaría a favor nas ordenanzas fiscais que so contiñan unha suba do IPC.Así votaría a favor de 5 das 9 que incluía a proposta plenaria.En tres proporía manter a suba do IPC pero suprimir a modificación do capitulo das exencións e bonificacións que propoñía o BNG e deixalo como ata o de agora, a pesares de todolos erros que poida conter e da mellora evidente que se pode facer nese apartado. A ordenanza fiscal de auga contiña,a maiores un incremento moito maior que o IPC para os establecementos comerciais proposta que EU non compartía por ser so nese sector, entendendo que a recadación a conquerir podería ser maior modulando doutra forma o consumo de auga industrial e a súa tarificación. Queda 1 de 9, que sería a de licencia de apertura donde EU votaría a favor si a proposta fora unicamente a suba do IPC e non a supresión das bonificacións para o fomento da actividade económica.Decir que tódalas propostas que ía plantexar EU no pleno sobre modificacións de propostas para votar SI foran aprobadas por unanimidade de todolos grupos municipais.
Espero que poidera aclararte mellor a posición de EU, de tódolos xeitos o que afirmaba EU era que o BNG non sabendo o que ía votar daba por suposto o noso voto.Que como podes ver non sempre é NON.E cando é non e por defender outras posicións argumentadas non por conveniencia partidaria como tí afirmas con respecto ó PP.
Porque poderíase decir que é un non argumentado dicir que se vaí votar en contra dos orzamentos de 2012 porque o borrador vaí a ser presentado durante o ano 2012 descoñecendo o seu contido? Tal e como manifestou o portavoz do PP no pleno no punto de rogos e preguntas.
Probablemente a ti te pareza mellor esa opción que plantexar como faí EU alternativas ás propostas do BNG para favorecer á cidadanía desde a nosa posición de esquerdas.
Esta claro que o que planteou o portavoz popular é dicir non á tomadura de pelo. É dicir non a que o BNG faga o que queira e cando queira, e dicir que as cosas hai que presentarlas nos plazos legais establecidos. Facer as cousas de forma extraordinaria non pode converterse en acostumbrarse a que os orzamentos se presenten por sistema en agosto. Sobre o de decir non de entrada, non sei se EU saberá que non hai moito de onde discutir, só de quitar, nin inversions, nin obras, nin nada de nada ¿qué hai que debater? Se o BNG non os presenta é porque non ten nada que ofrecer ó pobo de Mugardos. Por outro lado está moi ben o discursiño pero xogo o pescozo a que EU non os vai votar a favor, nin sequera a absterse, porque non o fixo con anterioridade.Agora é diferente? NOn enganedes, sabedes de sobra o voto sin velos, e tamen os do 2013 e 2014... Se me equivoco votadeos a favor.
Publicar un comentario