10 ene 2012

O pavillón tamén ten déficit ...







O servizo de pavillón municipal arrastra un déficit de aproximadamente 35.000 €, cantidade que supera os desequilibrios que se producen no servizo de lixo e sumidoiros, achegandose ó déficit do servizo de auga tras as modificacións aprobadas na Comisión de Facenda.

A suba do IPC nesta taxa (Ordenanza Fiscal nº15, reguladora da Taxa Pola Utilización do Polideportivo Municipal) foi aprobada por tódolos grupos políticos, a diferencia do que pasou coa taxa da auga, sumidoiros e lixo. Non obstante, EU plantexará na Comisión de Cultura e Deportes do día 11 de xaneiro que se inicie unha profunda revisión da mesma.

Esta revisión deberá contemplar, entre outras cuestións, unha aproximación entre o coste/hora (21€) e o prezo por utilización (6,95€ coa suba do IPC), así como un incremento das horas dispoñibles en inverno que facilite a utilización por un maior número de persoas.

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Se nota el desconocimiento por parte de IU de los usos que se hacen del pabellon municipal, ya que apenas existen horas libres, ocupadas en su mayoria por actividades de las escuelas del concello, que ocupan diariamente d3 3 a 4 horas el pabellon municipal. Estando actualmente libres las horas a partir de las 21:30, y no todos los dias. Tambien el viernes esta ocupada por la liga de Mugardos-Ares. En caso de incrementar horarios habria que contratar nuevo personal en el concello(algo inpensable desde mi punto de vista)
Otra cuestion es que si se suben las taxas, no ira nadie porque tenemos el peor pabellon de la comarca, ya que por el mismo coste puedes difrutar de parquet o otras superficies, que comparadas con el de mugardos (que parece tercermundista).
Asi que con las instalaciones actuales, el peor pabellon de toda la comarca, las cuestiones no pasarian por estos caminos, sino buscar ofertas similares a los de otros concellos.

Anónimo dijo...

Mira que sodes panzudos!!! Vades comparar un servicio de auga e sumidoiros que é básico cun uso do pabellon polideportivo que ademas de ter valor para xogar nel sen esmendrellar os xeonllos xogan os que queren. As comparacions son odiosas.

Anónimo dijo...

Es el colmo que compareis el uso del podeportivo con la subida del agua. Venga sed serios por una vez. Es una vergüenza que compareis esto para haber apoyado a Barcia. Imperdonable...menuda EU!!!

Anónimo dijo...

A entrada é para contestar ó PP, queda claro, pero vos equivocades de plano, xa que o PP non é o adversario, senon Barcia e o BNG. E, home, comparar o pabellon cos servizos básicos...paréceme unha niñería e unha rabieta...

Anónimo dijo...

Usos que se fan do Pavillón Municipal:
Luns:
De 16,00h. a 19,00h Patinaxe
De 17,00 a 19,00h. Ximnasia Ritmica
De 19,00h a 20:30h Ximnasia
De 20,30 a 21,30h Fútbol Sá. Casino San Xoán
De 21,30 a 22,30h Fútbol Sá. Aquagest
Marte:
De 16,00 a 17,00h Galicia
De 17,00 a 19,00 Tiro con Arco
De 19,30 a 20,30h. Fútbol Sá. Beiramar
De 20,30 a 21,30h Fútbol Sá. J. Higinio
De 21,30 a 22,30h. Fútbol Sá.Malecón
Mércores:
De 16,00 a 17,00h. Loyola
De 16,00 a 19,00h Patinaxe
De 19,00 a 20,30 Ximnasia
De 20,30 a 21,30 Fútbol Sá. Casino de San Xoán
Xoves:
De 16,00 a 18,00h Tenis
De 18,00 a 19,30h Galicia
De 19,30 a 20,30h. Fútbol Sá. Beiramar
De 20,30 a 21,30h. Fútbol Sá. J. Higinio
De 21,30 a 22:30h. Fútbol Sá Aquagest
Venres:
De 16 a 17,00h. Loyola
De 17,00 a 19,00h. Tenis
De 19,00h a 20:30h. Ximnasia
De 20,30 en adiante Liga de Fútbol Sá Ares-Mugardos.
Este é o horario e a distribucción das horas de uso do pavillón municipal na actualidade. Polo tanto, acusar por acusar non parece que sexa unha posición moi constructiva para alguen que ten tantas ideas de como mellorar Mugardos.
De tódolos xeitos estamos abertos a debatir a túa proposta:"Buscar ofertas similares á de outros concellos".
Esperando nos aclares nun próximo comentario ou noutro ámbito ó que tes acceso a túa proposta.

Anónimo dijo...

Subir un só centimo polo uso dese pavillón é un erro grave. Ë mais deberianos pagar o Concello a nós por xogar a nosa saude alí. En todo caso non só se palian os déficits subindo impostos, senón mellorando a xestion dos servizos, e o pavillon, tenn unha xzestion mooooooooiiiiiiii mellorable.

Anónimo dijo...

Non cabe dúbida de que o déficit do pavillón e as súas carencias , en termos cuantitativos non pode ser comparable co déficit caótico da auga , aínda que de acordo coa información e denuncia pública permanente que tanto Esquerda Unida como o Partido Popular están realizando a través dos seus blogs, posiblemente sexan consecuencia do mesmo : da falta de proxecto , da carencia de ideas , da incapacidade de xestión e da falta de seguimento e control no funcionamento dos servizos que está demostrando o BNG na súa acción de goberno .

En coherencia co anterior non deixa de sorprenderme que en principio con relación ao da auga non se produciron apenas comentarios , mentres que neste caso aparecen a varrer e con formas troqueladas .

Anónimo dijo...

En canto ao Pavillón Municipal tendo en conta os seus antecedentes sería máis correcto dicir a Pista Cuberta do Cristo posto que o que alí se fixo foi a cubrición dunha antiga pista deportiva.

Polo tanto dicir que na correcta expresión do termo, o Concello de Mugardos segue carecendo dun pavillón de deportes nas debidas condicións a pesar de que para tal fín, ademais doutros usos dotacionais , fai aproximadamente 10 anos , co voto en contra do BNG , o Concello adquirira uns terreos no lugar do Cristo cunha extensión aproximada de 11.000 m2, onde curiosamente na actualidade é intención do goberno municipal do BNG ceder gratuitamente unha parcela a REGANOSA para a obrigada e ineludible construción do Museo Arqueolóxico dos restos do Caldoval.

Anónimo dijo...

Non vou a entrar en si o pavillon e bo ou malo todo se pode millorar, ahora ben, unha boa instalacion require un precio bo,e si facemos a conta da leiteira e redondeamos (7 hora multiplicado por 7 horas de servicio non da para pagar unha persoa responsable que faga a limpeza, sin pensar no mantemento e alumeado,o dixo ahi sin entrar en mais profundidade

Anónimo dijo...

A lista ós Reis Magos e Papá Noel xa pasou. Cando eran vacas gordas (REGANOSA) o BNG esqueceuse dun pavillón novo, e agora ¿pensan que non habendo un céntimo coa crise llo vai dar a Xunta do PP? A quen quere enganar este Barcia. Anunciaron un proxecto en visperas de eleccions autonomicas como cebo, pero nada de nada. ¿por que non o fixeron cando gobernaba o BNG en cultura e deportes na Xunta? Mentiras, e mais mentiras do BNG.