6 mar 2012

COMEDOR ESCOLAR













A aprobación da taxa do comedor convírtese nunha excusa perfecta para subir un 35% o prezo do menú para unha boa parte dos/as usuarios/as, pasando de 3,8 € menú/día no curso 2010-11 a 5,15 € menú/día a partires de agora. A eliminación dunha porcentaxe de bonificación que ata o de agora recibían tódolos usuarios pode pór en risco de desaparición ou de insostibilidade económica un servizo de conciliación da vida familiar e laboral, así como de garantía dun xantar para os nenas/os con familias en dificultades económicas.
Ata o de agora, non existía ningunha taxa ou norma que prohibise ó grupo de goberno financiar ós/ás fillos/as de familias en emerxencia social a totalidade do custo do comedor escolar. Agora familias que poden acceder a axudas de alimentación co Regulamento de Emerxencia en vigor terán que cofinanciar o coste do comedor dos seus fillos.
Estas dúas cuestións, sumadas a outras diferencias, fixo que EU presentase unha reclamación á taxa aprobada polos grupos municipais de BNG/PP/PsdeG-PSOE, reclamación que non foi aceptada polo resto dos grupos. [Máis información, AQUÍ]

2 comentarios:

Anónimo dijo...

os alumnos que pertencen a familias en situación de emerxencia social, dada a súa renda anual, non pagan o comedor escolar, se queredes o digo doutra maneira, están exentos de pago.

EU-IU dijo...

Pode ler a resposta ó seu comentario AQUÍ.