7 mar 2012

Xoguetes de Nadal:Grazas, Mr. Scrooge!













Dos 800 € destinados para Axudas de Xoguetes de Nadal, os/as beneficiarios/as só puideron xustificar o 60%, así que temos un aforro de 300€.
As notificacións da concesión ou denegación da axuda producíronse a partires do 24 de xaneiro, pero iso si, tiñas que ter a factura de antes do 6 de Xaneiro.
Destacar tamén que só o 33% dos cartos foron xustifacados con facturas do comercio local.
Conclusión: Os grupos municipais do BNG e PP, que aprobaron as bases do ano 2011, deberían reflexionar para aprobar no ano 2012 unhas bases que realmente respondan ás necesidades das/os nenas/os cuxa familia pasa por dificultades e favorecedoras da economía local.

1 comentario:

Anónimo dijo...

non entendo o das facturas a pagar agora, se non teño cartos para mercarlle un xoguete ao meu fillo ou fillas/s , cómo vou pagar primeiro e agardar a si me van dar os cartos ou non? e si non mos dan non como? ou non lle merco nada e xa está, probe e apaleado. Nin aos nenos tratamos ben, que será dos vellos?