16 mar 2012

Unha proposta do BNG inviable?











A  proposta do BNG  é incorporar o proxecto de  “Actuación de mellora nos depósitos de Monte Pandoira” no PCC 2008-11 e na convocatoria de investimentos de promoción económica, as dúas de Deputación.
Do PCC remata o prazo de presentación o  31/3/12 - debendo ser aprobado polo pleno previamente - e de Investimentos o 15/3/12.
O BNG trouxo a proposta por valor de 86.000 € á Comisión de Obras do 14/3/12, sometendo a votación a mesma obra (renovación de todos os elementos de calderería existentes dentros da cámara de chaves do chamado “depósito novo”, así como a creación dun bypass) para as dúas convocatorias.
EU solicitou no día de hoxe 15/3/12 unha convocatoria urxente da comisión de obras para clarificar esta cuestión. Quedamos á espera.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Supoño que quixechedes dicir 86.000€, se é un erro cambiadeo, e non fai falla que isto se publique, só era para informarvos.

EU-IU dijo...

De ningunha maneira. Publicámolo: a César o que é de César... E agradecémoslle públicamente a corrección. En efecto, eran oitenta e seis mil euros e non oitenta e seis euros con cero céntimos, como podía entende un lector menos observador. Grazas.

Anónimo dijo...

Polo ben dos que non estamos ao día de algunhas abreviación, poderíades evitalas ou explicalas no texto para saber de que falamos, xa que moitas veces costa entender de que falades.Grazas.

EU-IU dijo...

P.C.C.: "Proxecto de Cooperación entre Concellos". Grazas polo aviso e desculpe.

Anónimo dijo...

Pois para ser inviable ben que o vostastes a favor hoxe. O que onte era INVIABLE para EU hoxe xa foi VIABLE e ademais o votáchedes a favor. Si, si facendo cambios de subvencions, pero é viable. O que é inviable é que non pode ser por ningunha via.E a via óuvoa. Pero é mais facil primeiro distorsionar.

EU-IU dijo...

Estamos sorprendidos pola áxilidade coa que as/os veciñas/os coñecen os resultados das votacións plenarias.O pleno celebrouse, hoxe á unha da tarde e xa temos un comentario dun/dunha veciño/a criticando o noso voto favorable á obra de "Actuación na mellora dos depósitos de Monte Pandoira".E nós que pensabamos que as/os veciñas/os estaban alonxados da vida municipal!Aínda que resulta raro que este comentario non se expresase cando publicamos faí xa varios días no noso blog a posibilidade de que fose inviable presentar a mesma obra ás dúas convocatorias, debe ser que daquela non o tiña claro porque non lle botara unha ollada á convocatoria da subvención de promoción económica.Hoxe, tampouco o tiña claro ata que o Alcalde recoñeceu que habería que cambiar a obra solicitada na convocatoria de promocióne económica. Entón sí, que se deu conta de que non era viable presentar a mesma obra nas dúas convocatorias, e que polo tanto EU tiña razón cando rexistrou a súa proposta o 15 de marzo para que se aclarase esta cuestión.Pero claro, o importante é criticar a EU e por iso chama a atención sobre o voto favorable de EU obviando porque supoño que se enteraría de que hai que cambiar a solicitude presentada na convocatoria de promoción económica, ou eso parece desprenderse do seu comentario.O que parece curioso é que non realice ningun comentario sobre a actuación do BNG, goberno en minoría como se encargan de recordar algúns tódolos días,e que enviou a solicitude da obra á convocatoria de promoción económica sen ser debatido en comisión por resolución de Alcaldía. Quizás o dixen moi rápido e o/a veciño/a non se enterou ou a súa estratexía non é criticar a actuación do BNG cando non o faí ben a súa estratexía e só criticar a EU aínda cando ten razón.