
A realidade é tozuda e os datos cantan. Temos un grave problema coa cualificación dos/as paradas/os para poder acceder ó mercado laboral.
Unha vez máis o noso grupo municipal insiste, como no Pleno Ordinario de Marzo, no que plantexamos a necesidade de que o Concello facilite formación para superar as probas de Competencias Clave. A superación das mesmas é imprescindible para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade nivel 1 e 2 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego.
Na vindeira Comisión de formación novamente plantexaremos a necesidade de que se habiliten as medidas necesarias para formar ós maiores de 18 anos que carecen da ESO, para poderen presentarse ás probas que terán lugar o 13 de setembro.
4 comentarios:
Ainda que non é o tema da entrada, pero quixera saber algo mais sobre a cafrada das árbores taladas no paseo do Baño.
Mirade si podes saber quen autorizou iso.E logo pedire responsabilidades póliticas, que dende logo ainas.
Grazas
A autorización para a tala correspondeu á Xunta de Galicia por motivos de seguridade vial.
No pleno do día 30 de marzo, solicitamos que o Concello inicie conversas coa Xunta de Galicia, titular da estrada, para establecer un convenio de colaboración que permita a conservación e a repoboación das árbores que ano tras ano veñen desaparecendo.
Este paseo nutre o noso patrimonio, e con autorización ou sen autorización mostramos a nosa posición contraria á tala das árbores, tal e como se fixo nestes días.
O abandono ó que a Xunta de Galicia ten sometido ás árbores do paseo, non é de recibo. Si permite talar máis aforro en conservación e poda.Esta é a política da Xunta.
A do Concello, tal e como vimos reclamando dende faí tempo, incluíndo a petición de incorporar esta actuación no Plan de Cooperación que realizamos o 4 de abril,debe ser a da súa conservación en bo estado.
Aínda que temos que dicir, que o grupo de goberno non está interesado en conservar o paseo e replantar.
Así que ou actuamos rápido ou quedaremos sen paseo.
O Concello de Ares inicia as clases para a preparación dos exames da ESO que terán lugar en setembro.¿por qué o BNG se nega en Mugardos? Poderíades explicar cales son as razóns?
No referente o tema da tal das árbores na estrada do Baño, si o argumento da cazicada foi o da seguridade vial, supoño que as talarian todas.Mais ben parece que foi para beneficio da xente que fixo alí o chalet.Pero como seran amigos de barcia pois non pasará nada, xa que fai tempo frente á casa de barcia tamen había árbores e agora non queda nungún.Así ten mellores vistas.¿que será a seguinte obra que ten pensado, cos seus amigo?.
Publicar un comentario