6 abr 2012

21.430,28 € é o coste da pista de pádel


Un pavillón con ondulacións dende a súa inauguración, xa hai máis de 9 anos, deportistas lesionados, mala calidade do servizo... pero da igual. Nunca atoparon o momento de arranxalo.

O goberno municipal do BNG solicita unha subvención á Deputación para construír unha pista de pádel anexa ó Polideportivo, sen contar co respaldo de ningun grupo municipal. A solicitude enviouse o 15 de marzo. EU xa plantexara en Febreiro a necesidade de amaño do solo do pavillón municipal. Agora demandaremos o cambio do contido da subvención, cambiando a pista de pádel polo solo do pavillón municipal.

Se non, xa sabedes, grazas á planificación na política deportiva do BNG, xogaremos ó Padel e lesionarémonos no pavillón.


No hay comentarios: