
No Pleno do pasado 26 de Marzo, EU rogou ó alcalde de Mugardos que os Plenos sexan grabados e colgados na páxina web do Concello, tal e como se fai xa noutros municipios. Entendemos que con esta iniciativa lograríamos achegar a política local a un maior número de veciños, aproveitando as posibilidades que ofrecen agora as tecnoloxías da comunicación, ademáis de acadar un maior grao de transparencia.
11 comentarios:
Aparte de poñelos na rede, podríades pedir a emisión en directo. No concello de Ferrol está así.
¿Por qué dende que está a páxina nova non se colgan os plenos coma antes na web do concello? ainda que so fora en escrito, coma antes, era unha boa cousa
Graciñas
E as comisións de goberno porqué non? xa sabemos que as deliberación son segredas, pero as actas son públicas. e si na natiga web estaban, nesta deben de estar. Ou é que o concello de Mugardos non vai cumplir a lei de transparencia
Podríais estimar lo que costaría?, supongo que no mucho pero ¿cuanto?, os recuerdo que el concello tiene 215 facturas sin pagar por un valor de 351.000 Euros, los cuales tendrá que pagar si ó si con unos intereses bastante altos, algo que pagaremos todos los Mugardeses, ¿aun queréis más gastos?, aunque sean pequeños?, en realidad lo veis necesario?, ó es que por pedir que no quede?, también podemos pedir que se traduzcan al Gallego y Castellano, como querían hacer en el senado, ¿que os parece?
Por empezar pola final, o salón de plenos do Concello ten o equipamento necesario para que os plenos poidan ser visulaizados na páxina web.A transparencia facilita a participación, e hoxe mís que nunca é necesario a participación da cidadanía dende o coñecemento.En canto ás facturas ás que te refieres, sabrás que o grupo de goberno non se acolleu ó plan de viabilidade e polo tanto non solicitou créto para pagalas, senón que as pagou co superavit do ano anterior.Polo tanto, non pagaremos xuros.No caso de Mugardos, salvo petición expresa individual cremos innecesaria a traducción das actas ó español.
As actas dos plenos, están colgadas na páx web do concello, en canto ás actas da Xunta de Goberno Local hai diferentes opinións xurídicas sobre o tema, a nosa opinión política é que se deberían colgar as da Xunta de Goberno e tamén ás das comisións informativas.
En canto, á visulaización en directo, consultaremos si técnicamente é viable co equipamento do que dispón na actualidade o Concello.
Ata onde chegamos, wifi tedes e cámara e webcam tamén, tampouco é necesario moito mais. A nós gustarianos que se levasen a cabo as proposicións que se expoñen aqui, seria moi bon para a transparencia política.
Los medios tecnicos parece que estan, y los humanos??, habra que cuantificar quien, como, cuando y cuanto, digo esto por que todo el mundo sabe a que hora son los plenos, y que yo sepa el personal del ayuntamiento a las 15:00 se marcha, se podria solucionar este tema?, y repito, que coste tendria?, gratis no creo que lo haga nadie.
A idea é obvio que non che gusta pero parece máis razoable decir que non a cres convinte.A nós nos parece moi importante, tanto como que EU teña un blog no que ti poidas expresarte.Para que todos poidan ter coñecemento do que pasa nos plenos, a nosa proposta é que a maiores de poder leelos se poidan ver. Para así ter claro que pasou "coas 215 facturas sen pagar por valor de 351.000€, as cales tendrá que pagar si ou si cuns intereses bastantes altos".Afirmación que realizas e que si os veciños poideran ver o pleno do 30 de marzo sabrían que non é certo.
Segundo teño entendido os plenos son publicos, de feito creo que a unica reunion entre os politicos locais a que pode asistir o publico, porque as comisions non se pode(corrixideme se estoy errado). Enton máis ca unha proposta de transparencia e a vexo coma unha proposta de comodidade, xa que, se realmente a xente lle preocupase o que sucede nos plenos podria asistir sen ningun problema. Enton o que se deberia promover e a asistencia do pobo os plenos, de esta maneira eu entendo que se promove a critica de bar, sen buscar o compromiso da xente.
Ainda que a idea non me parece mala, veria mais interesante que se tardase uns dias en publicalo video do pleno(na paxina do concello), asi se promovería a participacion.
Graciñas.
Grazas polo seu comentario. É certo que os plenos son as únicas reunións públicas. Pode solicitarse - e en Mugardos acostuma aceptarse - por parte do veciño expoñer un asunto nas Comisións informativas, pero, unha vez exposto, debe abandonar a Comisión e non asiste ó debate. Por tanto, tamén é certo que, se os veciños non aisten ó Pleno, en principio é porque non queren. Pero tamén é certo que moitos non poden, ou non teñen costume. Así pois, o propio Concello pode facer o esforzo de achegarse á cidadanía e poñerlle o máis doado posible o acceso á información. Quen asistiu a un Pleno e despóis leu a acta, sabe que a acta reflicte exactamente as palabras que alí se pronunciaron, pero falta algo, que o pode dar a retransmisión en vídeo.
Bueno, no creo que mis comentarios sean par contestar como contestasteis, posiblemente en lo de los intereses de las facturas este equivocado, creo que sera uno de los pocos que no tenga que correr con esos gastos, pero no creo que sea para contestar así, sigo pensando lo mismo, quien lo va a hacer, un voluntario de EU.
Por otra parte pedir disculpas si os he ofendido en algún momento, pero creo que si no queréis criticas deberíais de pedir registrarse y poner contraseña a los que quieran entrar en vuestro blog, por mi parte no creo que haga falta ya que posiblemente sea la ultima vez, con la contestación que me disteis queda claro como sois.
Creo que en ningún momento incumplí lo que dice el encabezado, "Por favor, exprésate en termos repectuosos. De non ser así, o teu comentario será borrado. Grazas.", como ves yo también se copiar y pegar.
Publicar un comentario