Na Xunta de Goberno Local do 19 de Xullo, o BNG aprobou as axudas á escolarización 2012, asumindo a proposta do PP de aplicar os mesmos tramos económicos que en Emerxencia Social, proposta apoiada tamén polo PSOE. Isto supón que baixa o nivel de ingresos máximo para optar ás axudas e, dado que se fala de ingresos íntegros, o nivel é inferior incluso a Emerxencia Social. Aumentar a cuantía das axudas, facendo baixar o número de posibles beneficiarios, só pode tildarse de hipocresía. A convocatoria publicouse hoxe no BOP. Pero hai máis. O ano pasado logramos que se empregasen as casiñas 455 e 465 da declaración da Renda para determinar a capacidade económica dos solicitantes. Trala resposta da presidenta da Comisión de Benestar no último Pleno e vista a convocatoria, tememos que se vai empregar a casiña 09 (ingresos computables). Un exemplo concreto: unha persoa que se achega aos 1000 € brutos ao mes, ten 9620 de ingresos imputables, pero suma 3912,36 € nas casiñas 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible do aforro). Por certo, estas son as casiñas que empregan o MEC e a Xunta nas súas becas.
Outro problema grave é o plazo de presentación das solicitudes, do 3 ao 5 de Outubro! Aparte da barbaridade das datas, as solicitudes teñen que ser evaluadas polos técnicos e pasar á Comisión de Benestar: sucederá como o ano pasado e as axudas concederanse cando xa as familias teñan afrontado por si soas o gasto, que este ano se incrementará notablemente pola suba do IVE.
Entre outras propostas que fixemos para mellorar as axudas, están a supresión do punto 3.4 da convocatoria 2011 (que impedía optar ás axudas aos autónomos) ou a posibilidade de que se adiante o importe da axuda cando un informe técnico o avale.
2 comentarios:
Una persona que tiene, más o menos, 9.620€ al año de ingresos imputables y no tiene más ingresos, no está obligada a hacer la declaración de la renta.
Entonces, si no hace la declaración, ¿Podríais decirme cómo se calcularía su base imponible general y del ahorro?.
Y en concreto, en el ejemplo que poneís,¿cuánto tendría en esas casillas 455 y 465?. Gracias
Se unha persoa non presentou a declaración da Renda voluntariamente, como no caso que vostede indica... é evidente que non se pode facer ese cálculo. Aguda observación... Debería vostede comunicarlla ao MEC e á Consellería de Educación, para que rectifiquen as súas convocatorias...
Publicar un comentario