Se o goberno non rectifica o aprobado na Xunta de Goberno Local do 19 de Xullo
e publicado no día de onte no BOP, novamente os xoguetes de Nadal chegarán en
Entroido ou non chegarán a moitos/as nenas/os.
O voto afirmativo do BNG, PP e PSOE na Comisión de Benestar,
previo á aprobación na XGL, reproduce o castigo para as familias, igual que no
ano 2011.
O prazo de solicitude remata o 30 de Decembro, aínda que a
factura debe ser previa ó 6 de Xaneiro. Conclusión: as familias “que poidan” van
ter que mercar os xoguetes sen saber se lles van conceder a axuda ou non. Isto si que é áxilidade e facilitar que as/os nenas/os de
Mugardos poidan ter todos/as un xoguete.
2 comentarios:
Os xoguetes os compran as familias sempre que poidan (senon xa van por emerxencia social). Parece que unha axuda quere convertilo EU nunha obriga. "as familias “que poidan” van ter que mercar os xoguetes sen saber se lles van conceder a axuda ou non".Como calqueira subvención ou beca. Si todos tivésemos claro que se nos vai dar...Dependerá do numero de solicitudes, dos cartos do concello, etc...Mira que rizades o rizo, o caso é ir contra corriente de todos...(pero ó mesmo tempo tomar as cañas con Barcia)
Se as axudas de xoguetes se resolvesen antes do 24 de Decembro, por exemplo, as familias saberían que teñenn a axuda e poderían comprar os xoguetes contando con ela. Por tanto, non é "como calquera subvención ou beca". As do MEC e as da Xunta xa se convocaron hai moito, antes de rematar o curso.
Efectivamente, para o Concello non é unha "obriga" dar axudas á escolarización ou para xoguetes de Nadal. Iso depende da ideoloxía política: parece que ata os gobernos de dereita teñen claro - ou o tiñan ata agora - que hai que repartir a riqueza e axudar ós máis desfavorecidos.
Con respecto a con quén tomamos cañas, cafés ou zumos... nin imos entrar nesa propaganda infantil. Todo o mundo ve quén se senta con quén e pode opinar o que estime oportuno, incluído por qué e para qué se sentan.
Publicar un comentario