13 sept 2012

Compromiso coa educación pública



















Tras visitar os Centros de Ensino Público, reclamamos onte do goberno municipal, na Comisión de Obras, unha planificación dos traballos de reparacións. A demora débese a unha planificación deficitaria, pero tamén ao recorte executado pola Xunta de Galicia para contratacións.
Por tanto, o Concello debe facer contratacións de forma urxente para dignificar a nosa educación pública.
No documento adxunto faise referencia ás obras maiores que deben ter saída en positivo, rachando os impedimentos ou parálise do goberno municipal.

16 comentarios:

Anónimo dijo...

¿¿¿Parálise do goberno municipal??? ¡¡¡¡Pero si quedou clariño que sodes goberno tamén!!!!

Anónimo dijo...

Logo de ler o escrito ao que facedes referencia e poder comprobar que se trata dun rigoroso e minucioso traballo pola vosa banda e que teño que cualificar como responsable , cheguei á conclusión de que a situación que denunciades é unha mostra clara e palpable da ausencia total de planificación como consecuencia da incapacidade e falta de vontade do goberno municipal para dar solución tan sequera solución e resposta ás necesidades básicas minimamente exixibles .

Vou terminar dicindo , ou máis ben preguntado , tal e como vós mesmos faciades recentemente en canto ao tema do comedor escolar .

¿Merecen isto os escolares do municipio de Mugardos e as súas familias?

EU-IU dijo...

Hai moita xente que repite iso de que somos goberno. Falta que nos digan en qué áreas gobernamos. Os presupostos de 2011 votámolos en contra. Foi a abstención do PP o que permitiu que saísen adiante. Igualmente, o BNG e o PP levan un ano votando conxuntamente nos Plenos. É mágoa que crea vostede nesa cortina de fume que creou o PP para ocultar o seu bó entendemento co BNG. Comprobe as actas dos Plenos desta lexislatura e verá que, por debaixo da retórica incendiaria dos populares, votaron asuntos de moita trascendencia co BNG, mentres EU votaba en contra. Si é certo que, nalgúns casos, o noso traballo e as nosas razóns conseguiron modificar as súas políticas de dereita, como cando alegamos ao novo regulamento de Emerxencia Social.

Anónimo dijo...

Agradeceria me respondesedes como que EU votou en contra dos presupostos de 2011, pero despois votou a favor das contas xerais do ano 2011. Como se come que se vote en contra dos presupostos pero se estea de acordo en como se gastaron.

Anónimo dijo...

Non entendo porque vos xustificades sempre co PP, levome fixado nas ultimas entradas do voso blog, e as unicas criticas que facedes son na area de benestar, da cal dimiteu a debandita proscrita do BNG. Algo cheira cando desde fai uns meses so criticades a esa concelleira e as outras areas de goberno que da xenio velas incluido o alcalde nin as tocades. Eu realmente por estar razon son dos que se esta crendo a teses do PP, e vos non vexo que fagades nada pola contra.
Un saudo e gracias por deixar expresar a miña opinión.

Anónimo dijo...

Penso que ante a situación de emerxencia derivada da incapacidade política do goberno municipa do BNG , agravada pola dimisión dunha concelleira do devandito grupo , hai que deixar aparcadas as ideoloxías e respectables diferenzas políticas e pór inmediatamente en marcha a maquinaria das ideas, por que é unha tarefa importante en todo momento e máis aínda nestas preocupantes circunstancias polas que está a pasar o noso Concello e que poden cualificarse como unha situación de emerxencia política .

Hoxe máis que nunca deben prevalecer os intereses xerais dos veciños e veciñas do municipio de Mugardos por encima de calquera outro interese por moi lexítimo que este sexa .

Creo que non se trata dun xogo de patio de colexio e por iso tampouco de tirarse a pelota os uns/as aos\/as outros/as .

Hai que arbitrar fórmulas de entendemento democrático e convivencia política para superar esta lamentable e preocupante situación .

Non é momento de parches ou remendos , por que o traxe volvería a racharse .

Anónimo dijo...

¿No les parece llamativo que ustedes hayan publicado esta entrada el dia 13, y el día 14 se haya convocado un pleno en el que entre otras cosas vaya en el orden del dia la contratacion de personal para las tareas de los colegios? Sí, ustedes dirán que es una necesidad, y todo eso, pero o bien ustedes dictan al alcalde lo que debe hacer, o bien el alcalde lee su blog y lo toma como el diario de gobierno. Ya no se disimula.Al final tiene razón el PP. Es una vergüenza que ahora que podeis sacar a este gobierno putrefacto lo mantengais en pie, bueno, sereis cómplices de haber dejado las ruinas. ¿EU ya no hace oposición? Aceptaría EU el voto del BNG para darle la alcaldía?

Anónimo dijo...

Si, la verdad es que tienes razón, yo suelo asistir siempre que puedo a los plenos, y os tengo que dar la razón, el PP vota muchas cosas a favor del BNG, incluso cosas que presenta EU, pero lo que tengo claro es que con el BNG no están, por que en los plenos hacen saltar chispas, se dicen de todo menos bonitos, y las cosas que yo he visto votar a favor del BNG eran totalmente lógicas, también les he visto votar en contra de muchas burradas que proponéis el BNG y EU, pero lo que no me pueden negar es que mientras que ellos hacen crispar al gobierno, le plantan cara y hacen saltar chispas vosotros lleváis desde antes de Enero como unos corderitos, sacáis mociones criticando a la Xunta, algo que en un pleno dijisteis que no harías, que vosotros os debíais a Mugardos, ¿cuantas mociones ó criticas le habéis hecho al BNG desde enero?, me sorprende estos comentarios, el otro día le escuche decir a una persona que a la leona de EU le habían operado las uñas como a los gatos, y ahora solo hace caricias al BNG, y al final estoy teniendo que darle la razón, pero cada vez entiendo más por que, leyendo los blogs uno se puede dar cuenta de muchas cosas.

EU-IU dijo...

Non votamos a favor da Conta Xeral, abstivémonos.

EU-IU dijo...

Para nada temos que xustificarnos, nin falamos do PP salvo para expoñer cal son as posturas nosas e as do resto dos grupos. Calquera que bote un vistazo a este blog ou ao Praza Pública de EU pode comprobar que en tódalas áreas hai críticas e propostas de EU. Certo que os desaguisados de Benestar eran esaxerados, como que a 20 de Agosto, a expresidenta de área conteste "non sei" a: cándo empeza o comedor escolar, se o levará a mesma empresa, etc.

EU-IU dijo...

Contestamos a varios comentarios xuntos, posto que van pola mesma senda.
1º- A oposición que fai Esquerda Unida é dura e seria. Calquera pode comprobalo léndonos e asistindo aos Plenos. O que non facemos é levantar a voz nin facer xestos para parecer máis "activos".
2º- Recoñecido que o PP e o BNG aprobaron moitas cousas xuntos, e que o BNG se apoiou durante case un ano no PP, cada quen é moi libre de valorar se fixeron ben ou non. Dada a liña do PP, é de esperar que EU siga propoñendo as súas propias "burradas" e opoñéndose ás "ideas xeniais" dos "populares".
3º- É evidente que o goberno municipal queda debilitado. Pero aproveitar esa situación para presionar a EU, obrigándoa a aceptar as políticas do PP, é unha estratexia burda e cansina. Iso non vai funcionar, nin con dez nin dez mil comentarios no noso blog. Intelligentibus pauca.

Anónimo dijo...

Tengo yo mis dudas de que el PP hiciera un pacto con EU, ahora mismo lo dudo mucho, segun tengo entendido lo intento hacer al principio de la legislatura y no cuajo, creo que esas mantecas estan picadas.
Me imagino que si lo veo yo cuanto más vosotros.

Anónimo dijo...

Sobre a concelleira dimisionaria ( 1 )

Antes de nada debo dicir en primeiro que non son eu quen pretenda defender , tampouco atacar , a actitude da concelleira que por vontade propia acaba de abandonar o goberno municipal do BNG , e iso en primeiro lugar por que ní tan sequera coñézoa ní persoalmente ní politicamente , .así como tamén descoñezo si ela estima ou non necesario facer unha defensa ou xustificación da súa decisión que en calquera caso ela mesma terá que decidir e no suposto de facelo ela será a que estableza como facelo , cando e onde .

Pero dito o anterior penso que son inxustas ou carentes de obxectividade algunhas das manifestacións que respecto diso aparecen publicadas nos Blogs dos principais partidos da oposición .

Por iso é importante ter en conta o contexto e o momento no que se produce esta nova dimisión dentro do grupo de goberno do BNG no Concello de Mugardos .
Será bo dicir que dita concelleira chega a un grupo de goberno monocolor que xa ten encima de si toda unha serie de experiencias acumuladas que son as adquiridas a través de varios anos no exercicio das función de goberno circunstancia que non concorre na concelleira dimisionaria ao ser a que ,desde hai algo máis dun ano , incorpórase por primeira vez a esta tarefa .
Creo que son moitísimo máis , e tamén máis graves e preocupantes , os erros e as carencias
acumulados polos seus distintos compañeiros de goberno nas súas áreas e tarefas de xestión que o que agora se pretende denunciar desta concelleira que pódese considerar principiante .

Anónimo dijo...

Sobre a concelleira dimisionaria ( 2 )

Como mostra da xestión do goberno municipal , evitando entrar en personalismos , vou citar algunhas cuestións que non deixan lugar a dúbidas e que moitas delas están recollidas dun importante público que no mes de xuño publicou o Grupo Municipal de Esquerda Unida baixo o título : “ Un ano de goberno “

Antes diso sería conveniente aclarar que un equipo de goberno que se prece como tal debera de ter un proxecto de actuación claramente definido para logo poder establecer sobre o mesmo unha planificación que ordenase e priorizase debidamente en cada momento as actuacións en función das necesidades e os recursos económicos dispoñibles no orzamento . Unha vez establecida a devandita planificación haberá que establecer un seguimento e control sobre a mesma para facer posible que se cumpran os obxectivos na debida forma e ao seu debido tempo . Creo que esa tarefa é propia do alcalde .
Cada reponsable de área debese de ser o responsable de executar as accións da súa competencia e en calquera caso , como equipo de traballo , o alcalde , como dicía antes , debese de ser o responsable de executar o labor de seguimento , control e cumprimento da planificación establecida e realizar sobre a marcha os cambios ou medidas que fosen necesarios para lévalo a cabo .

Pero como resulta que parece que non hai proxecto e por conseguinte tampouco planificación , e actúase “ a salto de mata “, ou se prefiren “ a saír do paso “ , é así pasa o que pasa .


O problema do comedor Escolar .

O problema da Piscina .

O Problema dos xoguetes de Nadal e dos libros de texto .

A inexistencia dunha política económica que incrementara os ingresos propios, a nula xestión para procurar recursos externos doutras Administracións e a errónea política de “austeridade”. Non se elaboraron e polo tanto están sen aprobar os Presupostos deste ano .

Ampliar a nosa capacidade de atraer turistas e ofertar iniciativas entraba dentro do programa de Promoción económica .

A pésima xestión do Covenio asinado coa Xunta e REGANOSA para a construcción do Museo Romano e posta en valor dos restos arqueolóxicos do Caldoval , que de non corresirxe serán unha auténtica ruina económica para o Concello .

A reiteración manda na Cultura, o Deporte e a Educación, reducidos a unha foto fixa, repetir o que se fixo en anos pasados , pero con reduccións .

En canto ó equipamento deportivo, si tivemos unha novidade, que é a solicitude de subvención para a construcción dunha pista de padel, non téndose en conta, unha vez máis, a deficiente situación que arrastra dende a súa inauguración a pista do polideportivo. O que non é ningunha novidade é que a día de hoxe o campo municipal de herba artificial non teña alumeado público e o consumo o siga a pagar o Galicia de Mugardos.

A falta de planificación urbanística, convertindo o urbanismo na concesión ou denegación de licencias solicitadas .

A barbaridade urbanística producida na urbanización parcial da rúa Rosalía de Castro que fai prácticamente imposible a súa continuidade e a súa futura conexión coa rúa do Peteiro .

A nefasta e obscurantista xestión da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal . Pasaron máis de tres anos desde a adxudicación dos traballos e nada se sabe de tan importante cuestión .

A inversión en obra pública respondeu á execución de plans de obras de anos anteriores . O que algunos calificaban como a humanización da rúa María resultou ser todo o contrario a pesar dos recursos económicos do Plan E. Agora mesmo o pavimento está prácticamente roto e levantado sen que se poña remedio .Os vecinos e veciñas da zona e demás usuarios da rúa estanno a sufrir tódolos días .

Se pode falar do listado de carencias e necesidades dos colexios públicos de todo o Conccello , algo que afecta a distintas concellarías e que reclamaba recentemente Esquerda Unida .

Finalmente dicir que todo elo son responsabilidades compartidas e que polo tanto haberá que cargalas ou distribuilas equitativamente .

Cada pau que agunte da súa vela .

EU-IU dijo...

Estimado lector ou lectora:

o repaso que fai das carencias, defectos ou erros do goberno do BNG coincide case plenamente co diagnóstico de EU, para calquera que, por exemplo, lea o "Praza Pública".
Dito iso, debemos aclarar un par de cousas:
1. A concelleira "dimisionaria" só é tal en canto que membro do goberno municipal. Non renuncia á acta de concelleira que conseguiu concurrindo ás eleccións como nº 2 do BNG. Isto marca unha diferencia radical con outros concelleiros do Bloque que dimitiron e entregaron a súa acta por diferentes motivos.
2.Parece vde. o suficientemente informado do que sucede no Concello como para formarse unha opinión a lomenos aproximada da verdadeira ideoloxía e actuacións desa persoa; non pode decir que non a coñece políticamente.
3. A bisoñez pode explicar erros, pero non pode xustificar actitudes propias da dereita nin actuacións arbitrarias. En todo caso, para nós, é un problema interno do BNG, que, desgraciadamente, ten unha repercusión negativa na xestión e goberno de Mugardos.

Anónimo dijo...

Como dixen ao principio a miña intención non era nín é valorar en ningún sentido a decisión da cocelleira dimisionaria por que considero e coincido convosco en que é un problema interno da organización local do BNG que espero saiba administrar correctamente e que sobre o cal , a pesar de que se trata dun problema que afecta negativamente á acción de goberno en Mugardos e polo tanto ao conxunto da poboación , aínda non se pronunciou publicamente.

Si coñecer politicamente a unha persoa supón saber en que partido milita , aínda que para min supón algo máis , teño que dicir que si a coñezo , pois é sabido que pertence ao BNG , pero non deixa de ser certo á vez que moitas das actitudes e accións na práctica política e por suposto tamén desde a acción do goberno municipal tampouco se corresponden co que é de esperar do discurso político que profesan e predican e que moitas veces non practican , algo que supoño que para vós non é nada novo posto que en máis dunha ocasión fixestes denuncia pública diso no voso Blog , que dito sexa de paso é unha das fontes da miña información política municipal .