8 sept 2012

Suba na taxa da piscina

No Pleno extraordinario do 22 de Agosto, Esquerda Unida votou en contra das novas taxas de actividades culturais, que votaron a favor PP, PSOE e BNG. O PP pediu que se retirase a taxa da piscina por non ter acceso ao balance anual que a empresa concesionaria xa presentara meses atrás. EU manifestou a súa coincidencia co PP, engadindo que non votaría a favor da nova taxa por excluír as exencións aos maiores de 18, a menos de que dispuxesen dun informe médico que aconsellase o uso da piscina. A taxa foi retirada e volveu ao Pleno do 31 de Agosto, onde votamos a favor. Por qué? Por dúas razóns:
-Primeiro: deixouse o texto tal como estaba antes, permitindo as exencións por motivos económicos sen excluír a ninguén.
-Segundo: porque puidemos acceder á documentación requerida. A suba da taxa ven imposta por Rajoy (o IVE da piscina psa do 8% ao 21%) e polo prego de condicións da piscina (a empresa ten dereito a unha suba anual do 85% do IPC, sempre que estea xustificada).
Urxía levar a cabo esta suba ou o Concello tería que compensar o IPC á empresa. De todos xeitos, estamos abertos a unha modificación da taxa, unha vez que coñezamos o informe definitivo da Interventora Municipal. O que non nos vale é que se rasguen as vestiduras quen suben outras taxas sen problema e quen están dispostos a excluír do servizo da piscina aos máis desfavorecidos, coma se os impostos cos que o Concello compensa anualmente á empresa non fosen cartos de todos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Noutra entrada relativa a este mesmo tema apuntaba a necesidade e a conveniencia , aínda que no seu xusto termo penso que é unha obrigación , de que os grupos municipais que conforman a Corporación e en primeiro lugar os que teñen a responsabilidade de goberno, debesen dar explicacións públicas sobre a subida de taxas da piscina municipal . Hoxe satisfaime poder comprobar que o grupo municipal de Esquerda Unida non tardou en facelo aínda que como eles mesmos din poida que o tema , á espera de información , non estea pechado .
Seguimos esperando as explicacións do grupo municipal do PSDEG-PSOE e tamén falta por coñecer a información pública do goberno municipal do BNG cuxo BLOG leva paralizado demasiado tempo , algo que posiblemente gardará relación coa paralización á que está sometida a acción e xestión municipal en todos os seus ámbitos e de xeito preocupante en temas tan importantes como a Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal , a elaboración dos Orzamentos do presente ano e o borrador correspondente ao próximo exercicio económico e a tan anunciada construción do Museo e posta en valor dos os Restos Arqueolóxicos do Caldoval.