1.Pavimentar varios
tramos das rúas: Alta, Bailón, A Rega, Simou, Fontegrande e Franza
de Abaixo (abastecemento de auga) por valor de 50.457,98 €.
2.Mercar
un vehículo de recollida de Residuos Sólidos Urbanos por valor de
143.990 € co obxectivo de mellorar o servizo público, evitando os
costes constantes de reparacións.
3.Adicar
a gasto corrente 12.356,85 €, como consecuencia da modificación de
crédito aprobada para a compra dun vehículo de servizos varios
(notificadora, etc.), dado que o vehículo non se podía
incorporar a este plan por non chegar o seu custe aos 30.000 €.
Este
acordo é satisfatorio para o noso grupo municipal, votando onte no Pleno a favor do mesmo, aínda que lamentamos que, dado que as
memorias das pavimentacións non foron sometidas a votación na
comisión informativa, as mesmas carecían de tramos que nós
entendíamos que ían dentro do acordo.
De
igual forma, manifestamos no Pleno o noso interese en que a
instalación de contadores de auga nos edificios públicos (23
contadores cun custe de 2.364 €) e que non puideron ser recollidas
no documento sometido a votación, por non chegar aos 30.000 €, poida executarse dentro do ano en curso.
Nota:Adxuntamos os planos cos tramos a pavimentar. Os tramos pechados nos
círculos son os que non están contemplados nos proxectos finais e
nós entendíamos que debían estar.
7 comentarios:
La modificación de crédito de la que hablan para el vehículo de servicios varios (notificadora) no está aprobada. ¿Dan por hecho ya la mayoría en la votación, y por tanto la aprobación de la modificación en el Pleno, aunque como ustedes mismos dijeron en la prensa, perdiesen dicha mayoría por la concejala tránsfuga del BNG?
Siguiendo sus palabras, "tras manter reunions co goberno municipal", no puede ser sólo con el BNG,eso no suma 7 votos en el Pleno ¿con quién más acordaron?
Quixera saber, en base ao que se ben comentando si é certo que EU vai pactar co BNG. O silencio é un indicativo tamén, así que si van utilizar o meu voto para manter de pé a Barcia e a súa camarilla conmigo non contan máis.
¿Vai EU-IU a pactar (de forma oficial ou non oficial) co BNG?
¿Existe un acordo entre BNG e EU-IU para manter a gobernabilidade de Barcia a cambio de que Barcia dimita máis adiante e lle deixe a alcaldía a IU?
O día 20 de setembro na Comisión Informativa de Facenda se aprobou por unanimidade a modificación de crédito para a merca do vehículo.
O que vaí facer EU o vaí a decidir a súa militancia, as/os suas seus/simpatizantes, as persoas que integraron a candidatura e as persoas que colaboran con EU. Non o vaí a decidir o intento de presión médiatica nas redes e nos medios de comunicación de quenes perderon o "cogoberno" con Barcia e o BNG nin os supostos votantes de EU que se expresan nos nosos medios a toque de silbato doutra organización.
A nosa afiliación, simpatizantes,votantes e colaboradores saben donde encontrarnos para falar desta e outras cuestións.
Si, pois supostamente perdichedes o meu voto e todos os da miña familia que non son poucos. Con ese respeto ides ben, seguide así que si tratades así ós que fumos (enganados) votantes non quero imaxinar o que lle diriades os on votantes! Ata nunca!
Creo que nestes momentos que poden ser cruciais para restablecer a gobernabilidade e normalización democrática na polítca municipal en Mugardos , deberá de existir o necesario rigor , respecto e sensatez que é de esperar dos nosos representantes políticos locais , pero que tamén debéramos pór en práctica as persoas que manifestamos as nosas opinións a través da rede.
Penso que sería bo tamén recoñecer que tanto o alcalde como o goberno municipal actual foron elixidos democráticamente , exactamente igual que o alcalde ou alcaldesa e hipotético goberno municipal que xurdise das negociacións que no seu momento mantiveron Esquerda Unida e o Partido Popular .
Dito o anterior hai que dicir tamén que a Democracia ten moito máis percorrido e significado que o feito de votar . Posto que ser elixido de forma democrática non é ningunha patente de corso posto que non garante que o exercicio de goberno exérzase democraticamente e con eficacia , boa proba diso foi a forma de gobernar do BNG nestes últimos anos no Concello de Mugardos e que foi á vez o principal motivo da preocupante situación de deterioración da xestión política na que se atopa agora a nosa primeira Institución .
No escenario actual e tendo en conta o xa devandito , en principio correspóndelle ao alcalde e á súa organización política iniciar os contactos e negociacións para intentar recompoñer o goberno municipal . Pode ocorrer tamén que o propio alcalde , por diversos motivos , considere esgotado o seu mandato e como consecuencia diso decida dimitir . A partir de aí sería o Pleno da Corporación Municipal o que tería que decidir sobre a elección dun novo alcalde ou alcaldesa que por suposto se encargaría de inmediato de conformar un novo goberno municipal .
Hai outro escenario que eu en principio descarto , cal é a moción de censura , por que a realidade dos feitos faime pensar que nalgún caso existe unha especie de impedimento cautivo que non a fai posible . Tanto é así que en anteriores ocasións de crises de confianza no goberno municipal por parte da oposición , o BNG xogando esta carta desafiou nun ton de reto , casí chulesco , á oposición a que lle presentasen a moción de censura . Probas de todo iso están recollidas nas actas do Pleno
Para finalizar espero que saibamos diferenciar entre a lexitimidade que a todos os nosos representantes políticos asístelles na toma de decisións para dar solución a esta crise , coa confianza ou credibilidade que en maior ou menor medida poidan merécennos en función dos seus propios actos .
Aínda que sexa por unha vez , deixémolos traballar .
Como votante de izquierdas, confio en que se cumpla lo dicho por Esquerda Unida Izquierda Unida, y no se llegue a ningun acuerdo de giobierno, ni con el sr. barcia ni con el bng.
Durante la campaña fuisteis muy claros, y por eso os apoyamos.Vuestra labor es denunciar lo que esta pasando con el desgobierno de barcia y del bng.No podeis ser complices de las cacicadas de estos personajes.
A xente que se identifica como votante de esquerdas ou votante de EU ten a EU na súa sede e ao Grupo Municipal de EU no Concello tódolos días para atender as súas dúbidas e inquedanzas. Con respecto ao famoso "pacto", repetimos por enésima vez que non existe. Si existe un traballo do grupo municipal que consigue sacar adiante moitas ideas e propostas que asumen outros partidos. EU votou en contra dos Presupostos 2011. Se se aprobaron, foi grazas á abstención do PP. Cando EU teña que dar conta da súa posición no Concello ou recabar a opinión da súa asamblea, farao. O que non fai é tremer ante acusacións infundadas que non se converterán en verdades a forza de repetirse.
Publicar un comentario