19 sept 2012

Perdóaos, Mugardos, que non saben o que din...

O Partido Popular de Mugardos (o mesmo que goberna a Xunta de Galicia e o Estado Español), ven de publicar no seu blog que a nosa entrada anterior, referente á EDAR, non se axusta á realidade, posto que falamos de unanimidade, pero votamos en contra. O que Esquerda Unida votou en contra, no Pleno de 29 de Xuño, foi o Convenio de colaboración entre o Concello, Portos e Augas de Galicia, por considerar que era inconcreto e lesivo para o Concello, dado que, por un lado, Mugardos asumía o mantemento, reparación e mellora das actuacións, e, por outro lado, non existía compromiso firme e por escrito de levar a cabo as actuacións que reclamáramos: por exemplo, a proposta de EU, arranxar os problemas do alcantarillado do peirao, ou o tema das pluviais das rúas María e Real. Por certo, a única proposta do PP foi que as obras non comezasen ata pasado o verán.
Pero tampouco saben ou non recordan o que votan. O PP, no Pleno do 31 de Agosto, abstívose no convenio de colaboración entre os Concellos para a xestión da EDAR. Se o resto de grupos fixésemos o mesmo, cándo entraría en funcionamento? Aínda así, quixemos destacar o positivo e falamos de "unanimidade", que, efectivamente, procede do latín "unanimitas" e significa "unidade de espíritus ou intencións". Por certo, aquí está o ditame da Comisión correspondente.
Agardamos sinceramente que o PP de Mugardos produza mellores deputados que concelleiros.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

ACTA DA SESIÓN ORDINARIA REALIZADA POLO CONCELLO PLENO DE
MUGARDOS O DIA 29 DE XUÑO DE 2012.
5.- CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA, A ENTIDADE PÚBLICA EMPRESARIAL AUGAS DE GALICIA E O CONCELLO DE MUGARDOS PARA A EXECUCIÓN E MANTEMENTO DE ACTUACIÓNS DE SANEAMENTO NA ZONA NORTE DA RÍA DE ARES E NA ZONA SUR DA RÍA DE FERROL, NA SÚA AFECCIÓN NA ZONA DE SERVIZO DOS PEIRAOS DE MUGARDOS E O SEIXO (MUGARDOS, A CORUÑA).
Sr. Alcalde: ¿Palabras?. Si.
Sra. Díaz Otero (que traducido di): Bueno, boas tardes a todos e a todas. Nós imos a
formular algunha das cousas que xa formulamos na Xunta de Voceiros, con referencia a este…
Sr. Alcalde: Creo que está clarísimo. Bueno, pero está clarísimo, hai un compromiso
aquí, se non o houbera daquela si que entendería, que houbera reticencias ou que houbera
desconfianza de que non se ían a facer. Pero hai un compromiso aquí asinado polo director de
Augas de Galicia que van a ir recollidas no proxecto total da obra. E de feito teñen que ir, por
que unha obra que está feita xa, é a do Seixo, e a terán que incluír no seu proxecto. Ben, si
non hai máis palabras sometemos a votación.
Rematado o debate, e tendo en conta o informe emitido polo secretario da corporación
en data 28.06.2012, obrante no expediente, sometese o asunto a votación, e o Concello Pleno,
por 10 votos a favor (4 BNG, 4 PP, 2 PSOE) e 3 votos en contra (3 EU), acorda:
1º.- Prestar aprobación ao Convenio de Colaboración entre o Ente Público Portos de Galicia, a Entidade Pública Empresarial Augas de Galicia e o Concello de Mugardos para a execución e mantemento de actuacións de saneamento na zona norte da Ría de Ares e na zona sur da Ría de Ferrol, na súa afección na zona de servizo dos peiraos de Mugardos e o Seixo (Mugardos, A Coruña), de data 4 de xuño de 2012, número de rexistro de entrada neste concello 3.433 de 8 de xuño de 2012.
Como ves, esta acta é posterior a que colgáchedes, para calquera consulta do pleno do 29 de xuño de 2012, ide o blog do BNG, na sección plenos, está todo alí recollido.

Anónimo dijo...

Como pode haber unanimidade se votades en contra de facer obras en Mugardos, en todo caso vos deberiades de abster se non o tiñades claro, pero non votar en contra. Unha vez lido a acta do pleno o que vos referides na votación do PP respecto do convenio entre Concellos, eu entendo a sua postura de abstención xa que non ten claros os custes economicos. Creo que EU deberia haber feito o mesmo referente o convenio con augas de galicia, absterse se non o tiña claro pero non votar en contra. E unha apreciación persoal miña, por esta razon entendo a postura do PP pero non a vosa se e que estabades de acordo pero non o tiñades claro.
Un saudo e grazas por deixarme opinar no voso for.

EU-IU dijo...

Ehem... Non é por amolar, pero a acta do 29 de Xuño xa está com-ple-ta na nosa entrada. Penso que a xente sabe pulsar no enlace e acceder á acta com-ple-ta.

Anónimo dijo...

La última frase denota poca elegancia, y mucha envidia.Deberíais reconocer que al margen del debate político debe haber cortesía y respeto.Cómo vecino que digo el devenir de Mugardos reconozco que deberíais ser más respetuosos con los que hacemos comentarios, que para eso muchos somos los que os pagamos lo que ganáis.