O 27 de
xaneiro aprobouse cos votos a favor do BNG, EU e PSOE e o voto en
contra do PP a taxa da auga. O 12 de marzo, Forestal do Atlántico, dentro do plazo de reclamacións, presentaba unha ao incremento no
coste que supón para eles. Argumentaba Forestal, entre outras cuestións:
-Nesta
circunstancia só se encontra Forestal. Isto non é certo: se se fai un estudo dos consumos, veremos que non é o único afectado.
-Confecionouse unha tarifa que incrementa o poder adquisitivo de todos
os contribuíntes (veciños/as) menos un (Forestal). Tampouco é
certo: faise unha suba do IPC en tódolos tramos domésticos.
A
variación máis importante é:
- Nos
usos comerciais e industriais modifícanse os tramos, quedando da
seguinte forma:
De 1 a 30
m3 a 0,35 €; de 31 a 350 m3 a 0,39 €; de máis de 351 a 0,72 m3
(antes estaban de 1 a 30m3 a 0,34€, de 31 a 9.000m3 a 0,38€ e de
máis de 9.000 a 0,66€).
O 26 de
outubro de 2012 resolveuse no Pleno rexeitar a reclamación de
Forestal cos votos de BNG, EU e PSOE e a voto a favor da reclamación
do PP. Agora a
taxa deberá ser aprobada pola Comisión de Prezos de Galicia.
2 comentarios:
¡¡¡Cando empecen os despidos lle explicades a esa xente o non sei que da taxa!!! Xa non temos moitas empresas, pero seguro que non é casualidade. O consumo de Forestal é moi grande, e xa conntribue bastante pola cantidade que consume. Todo o que sea ir contra Reganosa e Forestal vos vale. ¡A ver si EU subvenciona despois ás entidades deportivas!
Non cremos que Forestal teña que pechar por uns 12.000 €/ano máis. Nin ningunha outra empresa ou comercio de Mugardos.Nin que se deslocalicen: resultaralles difícil atopar taxas máis económicas.
Publicar un comentario