25 oct 2012

Queremos beirarrúas
















Rilo, 25/10/2012
Queremos beirarrúas: un slogan moi coreado dende hai máis de 10 anos polos veciños/as de Mugardos, dende San Xoán ata a Pedreira. Algúns tramos, mellor ou peor, fóronse executando, quedando para o final o tramo Rilo-Franza.
Hoxe estivemos alí para que nos informasen os obreiros das obras que estaban a executar, atopánndonos coa desagradable sorpresa de que non se entuba a marxe dereita do vial dirección Rilo-Franza, non se ensanchan os viais, non se lle toca á senda peonil e o diámetro dos tubos pode provocar inundacións... é dicir, unha chapuza en toda regla.
Agora solicitouse unha reunión co delegado territorial da Conselleira para intentar mellorar o proxecto.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Polo que se pode extraer da lectura do voso comunicado todo parace indicar que neste caso a Xunta de Galicia non comunicou en tempo e forma a iniciativa de devandita actuación ao goberno municipal , posto que o normal sería que con tempo suficiente e antes da contratación das obras a Xunta informase ao Concello sobre devandito proxecto co obxecto de poder , no seu caso , presentar suxestións que puidesen introducir melloras ou corrixir posibles deficiencias tal e como parece ser que agora ocorre .

Polo tanto en principio toda a responsabilidade debese recaer na Xunta de Galicia como titular do viario e tamén polo feito de non establecer a necesaria coordinación e colaboración ante a execución dunha obra que afecta ao noso Municipio .

De todos os xeitos chama moito a atención que por parte do goberno municipal do BNG nada se dixese sobre esta cuestión e , unha vez máis , teña que ser o grupo municipal de Esquerda Unida o que toma as iniciativas .

Non vaia ser que o goberno municipal tivese coñecemento ao seu debido tempo e non actuase a tempo .

Ao final está demostrado que o mellor xeito de evitar e desmontar rumores , é a información .

Anónimo dijo...

Vos apuntades a un carro! Segundo saiu na prensa as queixas dos veciños EU ya veo ouro, pero a obra non ten que ver coas beiraruas senón coa canalizacion de augas e a supresión da profundidade das cunetas.O resto é outra obra diferente, as duas son perfectamente compatibles.

EU-IU dijo...

O día 26 de outubro, tras unha reunión dunha representación dos/as veciños/as de Rilo cos/coas portavoces municipais se chegou ó acordo por unanimidade de: convocar unha xunta extraordinaria e urxente de portavoces para solicitar unha reunión coa delegada da consellería.A reunión será o mercores ás 11.00h. na delegación coa asistencia dos/as portavoces e un representante dos/as veciños/as. Hoxe tivemos unha reunión con responsables da delegación e cos da execución da obra, que explicaron o seguinte: a actuación que están a realizar non contempla a canalización da marxe dereita do vial dirección Rilo-Franza e que as obras se encontran dentro das de conservación de viais. Como conclusión a delegación vaí estudar a posibilidade de canalizar as cunetas da marxe dereita ata a curva de Pedrós e zonas de colocación de quitamedos.A aprobación dun proxecto integral de seguridade vial que contemple ensanchamento dos carrís e beirarrúas deberá ser estudado na reunión do mercores, así como a oportuna resposta ás demandas plantexadas no día de hoxe (canalización da marxe dereita e zonas de quitamedos).

Anónimo dijo...

Unha pregunta sinxela, afirmades que o diametro das tuberias pode provocar inundacions, baixo que criterio o afirmades, tedes un informe o respecto. Agradecería publicarades estes datos xa que creo que e a cuestión máis importante que afirmades. Non me pareceria de recibo que o dixerades por dicir. Un saudo, e espero me indiquedes como ides proceder neste sentido.

EU-IU dijo...

En primeiro lugar, decir que o resultado da reunión foi satisfactorio en canto ás melloras nas obras de conservación que se están a realizar: se van a canalizar as cunetas pola marxe dereita nun tramo de 500mts. aproximadamente, se van instalar os quitamedos nas zonas de máis perigo para os viandantes, se vaí a remozar a senda peonil nalguns tramos e se vaí a reforzar o aglomerado nas zonas en que previsiblemente os vehículos aproveiten esta zona para rodar por culpa da estreitez dos carrís.En canto ó proxecto integral de beirarrúas e ensanchamento de carrís a resposta foi que un goberno en funcións non toma decisións desas características. En todo caso, o Concello (na súa totalidade) lle transmiteu a nosa disposición a asinar un convenio de colaboración para que a obra se execute e a intentar conquerir as cesións dos/as veciños/as para axilizar a obra. Así que cando tome posesión o novo goberno voltaremos a ir á Xunta para intentar materializar o proxecto e que por fin se vexa cumplido o anhelo de seguridade vial para ese tramo.Pola nosa parte, entendemos que nun prazo de tempo prudencial o Concello debe fixar coas técnicas o límite de cesión dos/as veciños/as para que cada un teña claro ata donde chega a cesión e as condicións das mesmas, tal e como plantexaron os/as veciños/as na reunión que tódolos grupos municipais mantivemos o mercores ás 17,30h. en Rilo para dar conta da reunión de pola maña na delegación.
En canto ó diametro do tubo para a canalización das cunetas, decir que o tubo que se lles obriga ós veciños a instalar e dun diametro maior que os que están colocando (esto é facilmente contrastable)e que aínda así nalgúns tramos cando hai choivas fortes a auga rebosa, e en segundo lugar que a canalización de toda a auga de choiva dende Franza ata Rilo en confluencia coa auga do río no tramo final chegando á Rotonda de Rilo pode provocar rebosamento si o tubo final non ten un diametro superior neste tramo final.Estas situacións son as que se dan na actualidade por eso a nosa apreciación de que o tubo debería ter un diametro maior polo menos no tramos final. Plantexado esta na reunión previa á que tivemos en delegación os técnicos plantexan que aínda que o tubo sexa dun diametro inferior ó xa colocado non vaí dar problemas porque a auga corre mellor ó estar todo o tramo canalizado. Así que pola nosa parte, aínda que albergamos as nosas dúbidas o tema queda zanxado.