O
Concello de Mugardos, a través dun acordo coa Delegación Provincial
de Eduación, impulsa a concreción da demanda da Comunidade Educativa
de dotar dun Parque Infantil ao C.E.I.P. “Unión Mugardesa”.
Para facer realidade
este equipamento foi necesario en primeiro lugar que o Concello
pusexe a disposición da Delegación Provincial de Educación os
terreos; en segundo lugar, que a propia Delegación puxese as planchas
de corcho no chan; e por último esta fase, na que o Concello dota de
mobiliario ao espazo, convertindo así unha zona desaproveitada nun
espazo que mellora as prestacións do colexio de educación pública
en Mugardos.
Así, o día 11 de
setembro e tras os últimos retoques o alumnado do C.E.I.P. “Unión
Mugardesa” poderá disfrutar dun Parque Infantil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario