29 ago 2013

Un tatami para a práctica do Karate



O Concello, a través dun convenio aprobado na XGL do 23 de agosto,  aproba modificar o convenio actual coa Escola de Karate de Franza para incluir a cesión do recén comprado Tatami. Este convenio responde ás reunións mantidas dende hai meses coa Escola de Karate de Franza, ubicada no edificio municipal "Francisco Vizoso".

A compra do Tatami vai permitir que as actividades que realiza a Escola de Karate se desenvolvan en mellores condicións que como as viña facendo ata a actualidade. Tamén vai permitir que se estreite a colaboración entre a Escola de Karate e o Concello para divulgar o karate entre a poboación de Mugardos a través de actividades periódicas ou puntuais.

No hay comentarios: