15 ago 2013

Seguridade vial en Apelón



















O Concello de Mugardos está a executar a construcción dunha beirarrúa de 2, 20 mts. de ancho ao longo da Escola Infantil do Apelón. Esta obra da cumprida resposta ó compromiso adquirido polo Concello coa Comunidade Educativa de dotar de seguridade vial á entrada e saída do alumnado. O remate da obra prevese que sexa antes do 11 de setembro, data do inicio do curso escolar.


A obra vai supor unha mellora considerable na seguridade vial do alumnado así como das/os usuarias/os do Centro de Saúde e do Mercado Municipal.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Si quitais los pocos aparcamientos que habia ¿donde vamos a aparcar?

He oido que se quiere trasladar el cole para los Cuatro Caminos, ¿no llega un poco tarde esta actuación y ahora un poco innecesaria dado que parece que la acera solo contempla esa fachada?

Anónimo dijo...

Pareceme ben facer a beirarrua ainda que penso que non e a mellor solucion.
Espero se tomen medidas para que os señores doutores aparquen ben os seu utilitarios e non invadan as beirarruas diante do centro de saude donde non hai tanto se remodelou e deixarono como estaba

Anónimo dijo...

Parece que es una buena respuesta a la demanda de la Comunidad Educativa , nunca es tarde si la dicha es buena .

Sería bueno saber también cuando van a comenzar las obras del aparcamiento subterráneo en la calle de la Telefónica .

EU-IU dijo...

O aparcamento subterráneo na rúa da Telefónica, en principio polo noso grupo municipal non está contemplado para esta Corporación, nin estaba no noso programa das municipais.
A seguridade vial, non só do alumnado debe primar por encima do número de aparcamentos que se poidan suprimir. Esa é a nosa premisa. O curso 12-13 houbo varios momentos nos que a posibilidade dun atropelo ó alumnado estivo noi preto.Evitar esta situación, para nós era unha prioridade.
A maiores a beirarrúa da seguridade ós/ás usuarios/as do Centro de Saúde e do Mercado que son moitos, así como ó resto da cidadanía.Todas estas razóns levounos a que o goberno municipal valorase esta actuación como unha execución inmediata, porque non debemos obviar que aínda que se produza a integración no Colexio Unión Mugardesa, o edificio seguiría sendo utilizado de forma pública.
A actuación contempla o espazo público dispoñible, a súa ampliación ata a confluencia con Telefónica conlevaría un retraso na obra que considerabamos dende o goberno municipal excesivo.

Anónimo dijo...

¿Por qué non se publica na web do concello, ou en este blog, a orde dos asuntos a tratar nos plenos ordinarios e extraordinarios coa suficiente antelación para que os veciños o saibamos?

EU-IU dijo...

Nos parece unha boa proposta.O noso grupo municipal proporá que a orde do día do pleno ordinario de agosto, venres día 30 ás 20,00h.se publique na web municipal unha vez sexa convocado.

Anónimo dijo...

Lede o que votades. É obrigatorio publicar a orde do día do Pleno segundo o Regulamento que vos mesmos aprobáchedes

Anónimo dijo...

Xoves, 29 de agosto as 13 h. aínda non se ve a orde do día do pleno ordinario do venres na web do concello.
No blog da concelleira non adscrita si, comentarios incluidos.