
As taxas de auga e sumidoiros sofren modificacións importantes a proposta de EU. As propostas foron apoiadas polo BNG e PSOE, supoñendo importantes avances: a redución do déficit no servizo de auga e sumidoiros sen gravar en exceso as/os veciñas/os, a desaparición da cota de mantemento e a non modificación dos baremos económicos para acceder ás exencións ou bonificacións nas taxas, tal e como se pretendía, perxudicando ó 40% das beneficiarias na actualidade (viúvas).
TAXA DE AUGA:
A proposta de EU de variar os tramos no consumo da auga máis a suba do 8,3% no último tramo (que afecta a Forestal e á Piscina) supón para as arcas municipais un aforro do 28%, establecendose o déficit do servizo de auga en 38.000 €. Isto supón un avance, aínda que non completa as expectativas de EU de reformar a taxa na súa totalidade para equilibrar ingresos e gastos. É necesario actualizar os padróns, establecer unha cota de mantemento (que, sen gravar máis, obrigue a pagar a auga á segunda vivenda), controlar con rigor a facturación que realiza Emafesa e desenvolver políticas de aforro no consumo, entre outras actuacións.
Fuximos das propostas que plantexan unha privatización do servizo baixo a premisa de que “canto peor o público, mellor”. A pregunta é: para quen mellor? Para os/as veciños/as? Ou para as empresas?
Tamén se aceptou a proposta de EU de suprimir a cota de mantemento nos usos comerciais e industriais ata a súa definición para todos os consumos.
TAXA DE SUMIDOIRO:
A proposta de EU de aplicar un 15% na suba supón de media un incremento de 30 céntimos de €/trimestre para un consumo doméstico. Na taxa de auga, lixo e sumidoiro aceptouse, tras non ser aprobada a proposta do BNG no Pleno ordinario, manter as exencións e bonificacións tal e como estaban contempladas.
TAXA LICENCIA DE ACTIVIDADE:
Retírase a proposta de suprimir as bonificacións por apertura de establecemento e creación de emprego, tal e como demandaba EU.
No resto das taxas aprobouse por unanimidade o incremento do IPC. NESTE ENLACE PODES VER TODA A INFORMACIÓN POLO MIÚDO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario