24 oct 2012
Arreglos nas escolas.
Onte puidemos comprobar que, por fin, comezaron os amaños que reclamábamos nas nosas escolas, polo menos algúns deles. Con máis dun mes de retraso, o alcalde procedeu á contratación de dous operarios, que comezaron a traballar esta semana no CEIP "Unión Mugardesa".
Polo de agora, retirouse unha rúa sen uso, desmontouse parte da rexa metálica da pista polideportiva e reubicouse o contenedor de vidro. Ás nosas anteriores demandas sumamos hoxe a de que o Concello se poña en contacto con Telefónica para tratar de que adecente a cabina que hai á porta deste centro escolar. Seguiremos comprobando o curso destes arranxos, no "Unión Mugardesa" e no resto das escolas públicas de Mugardos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
¿ Hai que aplaudir agora , ou haberá que esperar que termine a representación do espectáculo ?
Si por espectáculo entendes a mellora da educación pública, entón si temos que esperar para ver como evolucionan as obras.Cales foron executadas e cales quedaron pendentes para poder executalas nun futuro inmediato.
Gracias por vuestra labor.Si fuese posible que os ocupaseis de una zanja que hay en la carretera de Roibeiras, sería de gran ayuda.La zanja la hizo el ex concejal que tiene alli una casa de veraneo.como es amigo de barcia, nadie nos hace caso, y no se le obliga a reponer el asfalto.claro como el barcia no pasa por esta zona, a el no le molesta ni estropea su coche.Es una verguenza semejante dejadez y cazicada por parte de barcia y roca.
Gracias IU.
fotografía do bache
A raíz doutros comentarios anteriores no blog, visitamos a zona (a foto é do día 28 de maio) e o plantexamos na comisión de obras. O compromiso do concelleiro foi investigar se tiña licencia para a acometida da auga e ordenar a reposición do vial.
Como todo segue igual, plantexarémolo de novo.
Nota: "comentario suprimido" desta entrada é un primeiro comentario noso co enlace da foto roto.
Publicar un comentario