27 ago 2013

Apertura do plazo para inscribirse na lista de substitución de SAD:










Levaban anos caducadas. Agora  o goberno municipal aproba a convocatoria das bases para as substitucións de traballadoras/es de Axuda no Fogar. O prazo está aberto ata o día 3 de setembro, e as propias bases inclúen criterios sociais para favorecer o acceso ó traballo a colectivos de difícil inserción.
Este proceso iniciado vai permitir a prestación dun servicio de maior calidade no Concello de Mugardos, puidendo ofrecer unha resposta inmediata para as situacións de urxencia que se detectan nas/os veciños/as, disminuír ata límites soportables a lista de espera e axilizar as situacións imprevistas no propio servizo que a diario ocurren.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

O que é inconcibible e lamentable que cuestións tan importantes como esta levasen tantos anos caducadas e botadas no esquecemento . De todo iso pódese chegar á conclusión de que en realidade os que estaban caducados puidesen ser os responsables políticos de poñer en práctica estas cuestións no seu momento e por iso tamén estean pasadas de data ou fóra de tempo as súas formas de entender e practicar a política municipal .

Anónimo dijo...

Non cabe duda que este concello necesitaba un cambio esperemos refrendalo nas prósimas eleccions

Anónimo dijo...

Empeza a notarse a man de EU
Seguide asi que xa se poñen nerviosos

Anónimo dijo...

Si, pero ainda que agora se faga unha apertura das listas, sempre serán favorecidos os que ata o de agora estiveron traballando mediante unhas listas anticuadas, xa que terán moitos puntos por traballar para o concello e voltarán a estar nos primeiros postos !!!!!!!!

Anónimo dijo...

Las listas estuvieron paradas porque EU no quiso negociar las nuevas listas cuando vencieron las anteriores. Me gustaría ver la claridad con las que se van a elaborar esta nueva lista. Apuesto, doble contra sencillo, que prácticamente la totalidad de los/as trabajadores que están en la actualidad serán los/as que conformen la nueva lista. Este servicio está atado y bien atado.

EU-IU dijo...

Por favor, lle pediría que non mentira porque con ou sin o apoio de EU, cando era oposición as listas se puideron aprobar igual que se aprobaron agora.
Claridade? A comisión de valoración que contempla as bases.
Quén conformará a lista? Todas/os os solicitantes que cumplan os requísitos das bases da convocatoria ordeados en función da puntuación que obteñan segundo as bases.
Así que,por favor lle rogaría para finalizar que non minta e non intente confundir a realidade e desprestixiar ás persoas que forman a comisión de valoración nin ás persoas que solicitaron no prazo legal participar neste proceso.