22 nov 2016

Esquerda Unida apoia a folga educativa do 24 de novembro, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE


Esquerda Unida apoia a folga educativa do 24 de novembro e inicia unha campaña contra as Reválidas e pola derrogación da LOMCE 

A área de Educación de Esquerda Unida apoia a folga educativa convocada para o vindeiro 24 de novembro para o alumnado de Educación Secundaria e as familias de alumnado en Educación Primaria e Infantil, pola derrogación das Reválidas e a LOMCE, así como a todas as mobilizacións que se producirán ao longo da xornada.


Dende o seu irrenunciable compromiso coa educación pública, a área de Educación de Esquerda Unida, vén desenvolvendo durante os últimos anos unha intensa campaña contra a LOMCE e os recortes educativos, por entender que supoñen un ataque frontal a unha educación pública promotora dun modelo educativo inclusivo, laico e democrático que garanta os dereitos de todas e todos a unha educación de calidade en condicións de igualdade.

Pulando pola retirada das reválidas 


Por este motivo, Esquerda Unida únese ao conxunto da comunidade educativa que esixe a retirada inmediata do decreto de reválidas, imposto polo goberno en funcións do PP en contra das propias CCAA, que o terían que aplicar; esixe a reversión dos recortes educativos, que supuxeron o deterioro da educación pública coa expulsión de miles de docentes das súas aulas; e a derrogación da LOMCE, unanimemente rexeitada pola comunidade educativa e polo Congreso ata en dúas ocasións nos últimos meses, sendo aprobada este martes 15 de novembro nesa cámara unha proposición de lei para a paralización urxente na aplicación da mesma, co único voto en contra do PP.

Área de Educación de Esquerda Unida