Mostrando entradas con la etiqueta pleno. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta pleno. Mostrar todas las entradas
9 jun 2013
Apoiamos a Folga Comarcal do mércores 12
No último Pleno do Concello de Mugardos, os grupos municipais de EU, PSOE e BNG aprobaron unha moción de apoio á Folga Comarcal convocada para o mércores 12 de Xuño polos sindicatos CIG, CCOO, UGT e USTG.
As agrupacións locais de EU e BNG fletaron a lancha de Mugardos para asistir a dita manifestación, que comezará ás 12:00 na Praza do Inferniño.
O prezo da lancha é de 3 € (ida e volta) para os/as maiores de 18 anos. Sairá ás 11 en punto do peirao de Mugardos e voltará de Ferrol ás 13:45.
Polo futuro e a supervivencia da nosa comarca, anímamosvos a todos a acudir á manifestación.
22 may 2013
Dinamizar a economía local
6 may 2013
Preguntas (Pleno, Obras, Cultura)
Preguntas do G.M. de EU na Comisións de Obras do 24 de Abril, na Comisión de Cultura do mesmo día e no Pleno do día 26 de Abril.
1 may 2013
Mocións sobre o "Santiago Apóstolo" e o "Unión Mugardesa"
No Pleno do 26 de Abril foron aprobadas (con modificacións) dúas mocións de Esquerda Unida: unha sobre a ampliación do colexio "Unión Mugardesa"; a outra, referente á antiga vivenda do bedel do "Santiago Apóstolo" de Franza.
E como as visitas dos nosos deputados e deputadas de AGE non son en vano, aquí o enlace ás súas iniciativas parlamentares (Grazas!):
-Santiago Apóstolo
-Unión Mugardesa
29 oct 2012
Non foi sen tempo
O 27 de
xaneiro aprobouse cos votos a favor do BNG, EU e PSOE e o voto en
contra do PP a taxa da auga. O 12 de marzo, Forestal do Atlántico, dentro do plazo de reclamacións, presentaba unha ao incremento no
coste que supón para eles. Argumentaba Forestal, entre outras cuestións:
-Nesta
circunstancia só se encontra Forestal. Isto non é certo: se se fai un estudo dos consumos, veremos que non é o único afectado.
-Confecionouse unha tarifa que incrementa o poder adquisitivo de todos
os contribuíntes (veciños/as) menos un (Forestal). Tampouco é
certo: faise unha suba do IPC en tódolos tramos domésticos.
A
variación máis importante é:
- Nos
usos comerciais e industriais modifícanse os tramos, quedando da
seguinte forma:
De 1 a 30
m3 a 0,35 €; de 31 a 350 m3 a 0,39 €; de máis de 351 a 0,72 m3
(antes estaban de 1 a 30m3 a 0,34€, de 31 a 9.000m3 a 0,38€ e de
máis de 9.000 a 0,66€).
O 26 de
outubro de 2012 resolveuse no Pleno rexeitar a reclamación de
Forestal cos votos de BNG, EU e PSOE e a voto a favor da reclamación
do PP. Agora a
taxa deberá ser aprobada pola Comisión de Prezos de Galicia.
8 oct 2012
Qué foi das contratacións para amañar as escolas?
A principios de Setembro, reclamamos ao goberno do BNG que levase a cabo as reparacións que demandaba o estado das nosas escolas públicas. No Pleno do día 19 aprobouse contratar a dúas persoas para realizar estes traballos. Vinteún días despóis de tomarse o acordo, o alcalde aínda non procedeu a realizar esas contratacións.
20 abr 2012
Moción sobre Software Libre
Está mañá, o Grupo Municipal de Esquerda Unida presentou unha moción no Rexistro do Concello para que este asuma sen tardanza un compromiso claro e firme co uso e a difusión do Software Libre e do Coñecemento Libre.
A páxina que les, así coma as nosas publicacións impresas, presentacións de diapositivas, vídeos, etc., están feitos con software libre e gratuito, baixo o sistema operativo Linux. Moitos estados no mundo, así como algunhas comunidades autónomas de España (en parte, tamén a Xunta de Galicia) empezaron xa a migración de Windows a Linux, un sistema operativo de código aberto e que pode adquirirse de forma gratuíta. En Mugardos, dende hai anos, a Comunidade O Zulo desenvolve unha tarefa desinteresada a prol do software libre, o que nos da unha vantaxe neste terreo que non debemos seguir desaproveitando. Usemos e compartamos o coñecemento e aproveitemos o seu efecto multiplicador.
19 abr 2012
Modificación puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontorio: aprobación provisional.
Aprobada na sesión plenaria de hoxe cos votos a favor de BNG, PP e PSOE e o voto en contra de EU. Esta aprobación inclúe a Memoria Ambiental aprobada pola Xunta o 3 deabril de 2012, dando continuidade á aprobación inicial realizada no Pleno de 2 de agosto de 2011 e rexeitando as alegacións presentadas,entre outros, polo grupo municipal de EU. Aproximadamente 35.000 metros cadrados para adecuar oPXOM vixente e poder instalar “a Planta de Gas”.
Unha vez que o aprobe a Xunta, os tanques de almacenamento de GNL se pintarán con “barras”verticais, combinando colores ademais do ancho e lonxitude. Estaintegración paisaxística completarase dentro da revisión do PXOM que se está a efecturar dende hai máis de 36 meses.
Unha vez que o aprobe a Xunta, restrinxiranse os usos residencias nas zonas de influencia de seguridade e poderase ampliar a capacidade gasística.
6 abr 2012
Pedimos que os Plenos se graben en vídeo e se colguen na Rede

No Pleno do pasado 26 de Marzo, EU rogou ó alcalde de Mugardos que os Plenos sexan grabados e colgados na páxina web do Concello, tal e como se fai xa noutros municipios. Entendemos que con esta iniciativa lograríamos achegar a política local a un maior número de veciños, aproveitando as posibilidades que ofrecen agora as tecnoloxías da comunicación, ademáis de acadar un maior grao de transparencia.
19 ene 2012
ALEGACIÓNS (COMEDOR ESCOLAR E EMERXENCIA SOCIAL)

Esquerda Unida presentou hoxe dúas alegacións, unha á ordenanza fiscal do Comedor Escolar do "Unión Mugardesa" e á ordenanza de Emerxencia Social, ambas aprobadas en Pleno polo BNG, PP e PSOE. Agora, tras a reclamación de EU volverán a Pleno, como sucedeu coa taxa de Axuda no Fogar. Temos falado varias veces destes dous temas no blog. Así pois, simplemente poñemos os enlaces aos documentos que vos poden permitir coñecelos máis a fondo.
1 oct 2011
PP E BNG APROBAN AS NOVAS TAXAS DA SAF NO PLENO
No Pleno de onte (30 de Setembro), o PP votou a favor das novas taxas para o Servizo de Axuda no Fogar presentado polo BNG. EU plantexou unha alternativa: aceptamos respectar o mínimo do 10% de custe do servizo que deben pagar os usuarios con menos ingresos, como indica a Orde da Xunta ( ano 2009). Pero aplicamos sempre os mínimos que marca a Orde nos tramos máis baixos. A proposta do BNG fai subidas por enriba do que é obrigatorio.
Peor todavía: pasamos dun prezo hora de 10,64 € a 12 €. Sumando as dúas subidas, algúns usuarios verán incrementado o que pagan polo servizo en máis dun 100%. EU propoñía fixar o prezo hora en 8 €. O propio alcalde tivo que recoñecer no Pleno que o prezo de 12 € non é obrigatorio.
Para rematar, coa proposta de EU o Concello non ingresaría menos que antes, senón uns 1000 € máis. Coa proposta do BNG, ingresará uns 7000 € máis. Sen embargo, atrévense a afirmar que non teñen afán recaudatorio. Entón, ¿cómo se explica a subida de 10, 64 a 12 € e se obriga aos usuarios a aportar máis do que serían os mínimos legais?
6 ago 2011
PLENO EXTRAORDINARIO DE 2 DE AGOSTO
O martes 2 de Agosto celebrouse un Pleno Extraordinario con dous puntos na Orde do día. O primeiro punto aparecía recollido así na convocatoria:
"1.Modificación puntual nº 11 do Plan Xeral de Ordenación Municipal por actuación rehabilitadora Castelo da Palma: aprobación provisional".
Como revela (e resalta ¡en vermello!) o blog do PP de Mugardos, Esquerda Unida abstívose neste punto, abstención que, como explicou a nosa portavoz, pretende non poñer atrancos ó proceso administrativo en marcha, pero tampouco significa que vaiamos estar de acordo con calquera proxecto que nos presenten.
Desgraciadamente, o PP esquece que había un segundo punto (ou tal vez parécelle un punto secundario):
"2.Modificación puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontoiro: aprobación inicial".
Neste segundo punto, EU votou en contra; o resto de partidos a favor.
3 ago 2011
31 mar 2010
28 ene 2010
1 oct 2007
Preguntas de E.U.-I.U. no pleno ordinario de setembro
1.- A maiores do acordo plenario sobre a suspensión de licencias de parcelación ou segregación no solo de núcleo rural, que medidas se adoptaron para a revisión de oficio do acodo de data 12 de setembro, polo que se aprobou a parcelación da finca matriz en 19 parcelas, e o acordo da Xunta de goberno de 29 de novembro de 2006, polo que se otorgou lcencia municipal para a construcción de 6 vivendas unifamiliares? Esta suspendida a licencia de construcción de 6 vivendas unifamiliares promovidas por Desarrollos Inmobiliarios Grandallana, en Franza, tal e como require a Xunta de Galicia?
Para ver o texto integro da resolución da Xunta en Grandallana,urbanismo
2.- O día 5 de setembro entrou por rexistro a versión pública do informe de seguridade do establecemento de Reganosa, en Mugardos, enviado pola Consellería de Innovación e Industria, que medidas se habilitaron por parte do grupo de goberno para facilitar a consulta á cidadanía? E por qué non se facilitou ningunha documentación ós grupos municipais? Recordamos que a circular da Xunta de Galicia, di textualmente:"o informe de seguridade debe estar a disposición de calquer interesado".
3.- Podería indicarnos si o novo vial para o cal concederon licencia na Xunta de Goberno do día 25 de setembro, vaí anular a baixada á marea? Rogamos dado o movemento de terra que se estan a facer, o Concello vixíe que o camiño que da acceso á marea non se vexa inutilizado.
4.- Podería explicarnos que traballadores do Concello utilizan o tractor-desbrozadora, para que traballos foí utilizado e si tivo algún tipo de accidente, na súa corta vida?
5.- Rogamos: Que se habilite o mecanismo necesario si non houbera cartos suficientes na partida presupostaria para que a policía local sobre as horas nocturnas que ven realizando dende o día 23 de xullo.

9 sept 2007
Preguntas dirixidas ó Alcalde no Pleno de 27-07-07
1.-Cré vostede que é función da Policía Local cobrar ás atraccións que se instalaron nas Festas do Carme? En concreto, referímonos a D. Ovidio Torrente e a D. Juan Carlos García.
Cré vostede oportuno que os Policías D .Ovidio Torrente e D. Juan Carlos García aparezan como compoñentes da Asociación “Anduriñas”, organizadora da Festa do Carme, nunha revista, vestidos có uniforme da Policía Local?
Rogamos: que, dados estes dous feitos nomeados anteriormente, se abra un expediente informativo para clarificar dita situación.
2.- Durante a celebración da Festa do Carme, prodúcese un acto relixioso como é a procesión. Podería aclararnos en condición de qué estaba vostede na procesión ubicado entre os curas? Dado que, se era en condición de alcalde, recordámoslle que a Constitución recoñece que este é un estado aconfesional. Polo tanto, rogamos dé os pasos precisos para que non se confunda Iglesia-Estado.
3.- Podería explicarnos por qué, estando de baixa a arquitecta técnica, Dª Carmen Piñeiro, ven polas tardes a traballar ó Concello? Podería decirnos se durante estes días Dª Carmen Piñeiro segue a traballar durante a baixa en contacto permanente coa Alcaldía?
4.- A maiores do que sabemos polos xornáis, podería informarnos se o Concello de Mugardos cré que o prezo da auga que nos esta facturando o Concello de Ferrol é o correcto?
5.- Podería explicar os motivos do incumprimento do acordo da Xunta de Voceiros, do día 23 de Xullo, no tocante á entrega do Plan de Emerxencia Exterior ós portavoces dos grupos municipais?
6.-Podería explicarnos por qué a estas alturas seguen sen constituírse tres Comisións Informativas?
7.- Pode decirnos se o Policía Local D. Ovidio Torrente ten compatibilidade para poder exercer outros traballos? Por exemplo: estar atendendo o informe dunha inmobiliaria en FIMO. Rogamos que se abra un expediente informativo para clarificar a situación.
(!) A día de hoxe, 7 de Setembro, aínda non se recibiu contestación algunha por parte da Alcaldía, a pesar do que prevé o Regulamento Orgánico do Concello:
Regulamento Orgánico de Funcionamento do Concello, publicado no B.O.P. do 17 de febreiro de 1987:
Art. 120.- El miembro de la Corporación al que se dirija el ruego o la pregunta, podrá contestar seguidamente en el mismo acto, si le es posible, o en otro caso, hacerlo por escrito dirigido al que se lo formulase dentro de los tres días hábiles siguientes.
Cré vostede oportuno que os Policías D .Ovidio Torrente e D. Juan Carlos García aparezan como compoñentes da Asociación “Anduriñas”, organizadora da Festa do Carme, nunha revista, vestidos có uniforme da Policía Local?
Rogamos: que, dados estes dous feitos nomeados anteriormente, se abra un expediente informativo para clarificar dita situación.
2.- Durante a celebración da Festa do Carme, prodúcese un acto relixioso como é a procesión. Podería aclararnos en condición de qué estaba vostede na procesión ubicado entre os curas? Dado que, se era en condición de alcalde, recordámoslle que a Constitución recoñece que este é un estado aconfesional. Polo tanto, rogamos dé os pasos precisos para que non se confunda Iglesia-Estado.3.- Podería explicarnos por qué, estando de baixa a arquitecta técnica, Dª Carmen Piñeiro, ven polas tardes a traballar ó Concello? Podería decirnos se durante estes días Dª Carmen Piñeiro segue a traballar durante a baixa en contacto permanente coa Alcaldía?
4.- A maiores do que sabemos polos xornáis, podería informarnos se o Concello de Mugardos cré que o prezo da auga que nos esta facturando o Concello de Ferrol é o correcto?
5.- Podería explicar os motivos do incumprimento do acordo da Xunta de Voceiros, do día 23 de Xullo, no tocante á entrega do Plan de Emerxencia Exterior ós portavoces dos grupos municipais?
6.-Podería explicarnos por qué a estas alturas seguen sen constituírse tres Comisións Informativas?
7.- Pode decirnos se o Policía Local D. Ovidio Torrente ten compatibilidade para poder exercer outros traballos? Por exemplo: estar atendendo o informe dunha inmobiliaria en FIMO. Rogamos que se abra un expediente informativo para clarificar a situación.
(!) A día de hoxe, 7 de Setembro, aínda non se recibiu contestación algunha por parte da Alcaldía, a pesar do que prevé o Regulamento Orgánico do Concello:
Regulamento Orgánico de Funcionamento do Concello, publicado no B.O.P. do 17 de febreiro de 1987:
Art. 120.- El miembro de la Corporación al que se dirija el ruego o la pregunta, podrá contestar seguidamente en el mismo acto, si le es posible, o en otro caso, hacerlo por escrito dirigido al que se lo formulase dentro de los tres días hábiles siguientes.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)