Mostrando entradas con la etiqueta asociacións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta asociacións. Mostrar todas las entradas

2 ene 2013

Mugardos contará cun Regulamento de Participación Veciñal



No Pleno extraordinario de 28 de decembro aprobóranse, cos votos a favor de BNG, EU e PSOE e os votos en contra do PP, o Regulamento de ParticipaciónVeciñal e o Regulamento Orgánico de Funcionamento.
O R.P.V. estaba pendente de aprobación dende o ano 1987. Este regulamento garantiza o dereito da cidadanía a participar nas decisións que afectan á súa vida diaria, a propor iniciativas para mellorar a calidade de vida e, en definitiva, a implicarse na toma de decisións.

5 nov 2012

Escolas deportivas e culturais conveniadas


É necesario aprobar con urxencia o convenio para o 2012 que da lugar a esta colaboración. EU xa lle trasladou ó goberno municipal as seguintes propostas:
1.- No ámbito deportivo sería necesario completar as xa tradicionais (remo e fútbol) coas novas realidades deportivas (karate ou BTT, entre outras).
2.- No ámbito das Culturais é necesario un profundo debate para delimitar e reducir o número actual, así como reforzar a de teatro (SAPG do Seixo) e outras novas propostas que poidan xurdir.
3.- En canto ás deportivas, a reforma debe contemplar como mínimo:
-Adecuar as idades doas/os participantes ó concepto de escola deportiva.
-Fomentar -primando económicamente- a participación das nenas.
-Reorientar a prima actual por maior número de participantes a prima por necesidades de monitores para desenvolver a actividade con calidade dependendo da modalidade deportiva.
-A necesidade de xustificar o pago dos/as monitores/as deportivos atendendo á Lei de Entidades e Asociacións Deportivas.
-Incorporar con dotación económica o concepto de equipamento deportivo.
-A actividade deberá desenvolverse dous días á semana, cunha duración mínima de 60' cada día.
-A aplicación das cuotas e exencións deben estar equiparadas á taxa das Escolas Municipais.
-Se a entidade inscribe ós/ás participantes nas competicións deportivas organizadas polas diferentes Federacións, que o Concello poida asumir unha parte do coste de participación.
-Reorientar a partida actual para organizar o Trofeo por outra actividade vinculada á escola conveniada.
Estas reformas están encamiñadas a incrementar a dotación económica que recibiría cada entidade co obxectivo de mellorar as condicións en que se desenvolven as escolas e o fomento da participación en igualdade.
O que non pode ser é que un ano máis non existan escolas conveniadas, tal e como pasou o ano anterior por decisión exclusiva do BNG.

1 may 2011

Reunión coa Asociación de Amas de Casa





















A semana pasada mantivemos unha reunión coa Asociación de Amas de casa e de Consumo familiar para coñecer as súas necesidades, intercambiar impresións e darlles a coñecer o noso programa. Podes ler un resumo da reunión pinchando neste enlace.
P.D.: aproveitamos para agradecerlles o seu traballo e felicitalas polo Día da Nai.

Alternativas para San Xoan de Piñeiro

Aquí podes ver ou descargar as propostas de Esquerda Unida para San Xoan de Piñeiro e un resumo da reunión que mantivemos coa Asociación de Veciños.

24 dic 2009

Limpeza da Fonte da Rega:XA

Nos sumamos ás demandas veciñais para
que o Concello limpe xa a Fonte da Rega
e o seu lavadoiro.

7 dic 2009

Invasión de  dominio público

Solicitamos informe técnico para saber si a porta do local social invade o dominio público.

14 abr 2009

O LOCAL SOCIAL: VAIA PREVISIÓN!

Para chegar á cafetería tes que recorrer ás salas de actividades.Necesita un cambio de ubicación da cafetería-sala de xogos-sala de prensa antes da súa inauguración.

16 mar 2009

LOCAL DE MAIORES:PARALISE NO GOBERNO

Presentamos unha proposta (xestión da cafetería,limpeza, apertura e peche) para ter local social de maiores antes do 2010.

9 sept 2007

Comisión de Promoción Económica (3 de Agosto, 2007)

Propostas realizadas o día 3 de Agosto, na Comisión de Promoción Económica, Emprego e Turismo:

1) Rehabilitación da Escola Unitaria de Fieiteiras para convertila na Casa das Entidades e Asociacións.

Esta proposta, de ser aceptada, cubriría as necesidades plantexadas polas asociacións que non dispoñen de local dende hai anos, ó igual que solventaría os problemas de ubicación de outras entidades, resolvendo os inconvintes existentes a día de hoxe pola súa ubicación.
A proposta non foi debatida. O Grupo Municipal a presentará por escrito para o seu debate na comisión correspondente.

2) No transcurso da mesma Comisión, o Grupo Municipal de E.U., propuxo que a cesión de local municipal á Asociación de Empresarias/os de Comercio e Hostalería de Mugardos, se amplíe a catro anos, renovable cada ano, e non por un ano, como propoñía o goberno municipal. Esta proposta foi finalmente aceptada pola mairía da Comisión, quedando aprobada.