Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta cultura. Mostrar todas las entradas

5 nov 2012

Escolas deportivas e culturais conveniadas


É necesario aprobar con urxencia o convenio para o 2012 que da lugar a esta colaboración. EU xa lle trasladou ó goberno municipal as seguintes propostas:
1.- No ámbito deportivo sería necesario completar as xa tradicionais (remo e fútbol) coas novas realidades deportivas (karate ou BTT, entre outras).
2.- No ámbito das Culturais é necesario un profundo debate para delimitar e reducir o número actual, así como reforzar a de teatro (SAPG do Seixo) e outras novas propostas que poidan xurdir.
3.- En canto ás deportivas, a reforma debe contemplar como mínimo:
-Adecuar as idades doas/os participantes ó concepto de escola deportiva.
-Fomentar -primando económicamente- a participación das nenas.
-Reorientar a prima actual por maior número de participantes a prima por necesidades de monitores para desenvolver a actividade con calidade dependendo da modalidade deportiva.
-A necesidade de xustificar o pago dos/as monitores/as deportivos atendendo á Lei de Entidades e Asociacións Deportivas.
-Incorporar con dotación económica o concepto de equipamento deportivo.
-A actividade deberá desenvolverse dous días á semana, cunha duración mínima de 60' cada día.
-A aplicación das cuotas e exencións deben estar equiparadas á taxa das Escolas Municipais.
-Se a entidade inscribe ós/ás participantes nas competicións deportivas organizadas polas diferentes Federacións, que o Concello poida asumir unha parte do coste de participación.
-Reorientar a partida actual para organizar o Trofeo por outra actividade vinculada á escola conveniada.
Estas reformas están encamiñadas a incrementar a dotación económica que recibiría cada entidade co obxectivo de mellorar as condicións en que se desenvolven as escolas e o fomento da participación en igualdade.
O que non pode ser é que un ano máis non existan escolas conveniadas, tal e como pasou o ano anterior por decisión exclusiva do BNG.