Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta patrimonio. Mostrar todas las entradas
12 abr 2013
Comunicado de EU á prensa sobre a Cruz da fonte da Redonda
Esta fotografía é do pasado sábado ás 13:00 horas, hora no que pechaba o Rexistro do Concello. Tras poñernos en contacto telefónico coa Policía Local, sobre as 12:30, presentamos un escrito por Rexistro dando conta da entrega da cruz. Dado que o axente co que contactamos non chegou antes da hora de peche, por estar realizando outro servizo, vímonos obrigados a deixar a cruz no chan do Rexistro, que pechou a funcionaria de garda, e abandoamos o Concello. Minutos despóis, atopamos na rúa, por separado, ao alcalde, sr. Barcia, e ao xefe da Policía Local, a quen demos conta da entrega da cruz. O luns, o sr. Roca, concelleiro de Obras, intenta trasladar a cruz e rómpea. Por tanto, a narración dos feitos que fai o sr. Barcia no periódico é inexacto e interesado (afirma que a cruz estaba sobre unha mesa e non cita ao autor da rotura, por exempolo), polo que enviamos un comunicado á prensa para facer as oportunas precisións. Neste outro enlace, tedes outros documentos: o escrito de Rexistro, a "resposta" do Concello trala rotura da peza por parte dun membro do goberno e a denuncia que presentamos contra o sr. Concelleiro de Obras.
4 abr 2013
O BNG por fin atende ás nosas demandas
Dende
principios de xaneiro o noso grupo denunciou a "poda"- tal e como o
denominou o Concelleiro de Obras- das árbores da estrada
Mugardos - Castelo da Palma, incluíndo as denuncias ante o SEPRONA e a
Xunta de Galicia (titular da Estrada)
Insistimos en ver o
expediente da licencia de tala e o aval do maderista. A día de hoxe temos
a convición de que non existe nin autorización por parte
do Concello nin aval depositado, xa que nunca se nos aportou ningún documento.
Insistimos
en denunciar o destrozo causado no Lavadoiro Vello da Redonda
(descoñecido para moitas persoas), sito na intersección do vial
Redonda-Montefaro, na estrada e nas gabias con toda a ramalla
tirada. Insistimos en que o lavadoiro, o cauce de canteira e a
Fonte (que non esta destrozada) se incluísen no inventario municipal, porque non está.
Hoxe, por fin contestou o goberno municipal
do BNG ás nosas demandas: denunciaron a actuación do maderista ante o SEPRONA e
Patrimonio, amósanse favorables á súa inclusión no Inventario
Municipal, a solicitar a catalogación por Patrimonio e a empresa
maderista inicia os traballos de limpeza das gabias e reposición do
lavadoiro e o canal.
EU estará atenta a que se repoña o
lavadoiro no seu estado inicial, se abra o cauce, se limpe a
canalización que cruza a estrada e se limpen as cunetas e o vial; iso como mínimo, sen esquecer a inclusión no inventario, a súa catalogación
e as responsabilidades da "poda" das árbores.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
