25 abr 2016
21 mar 2013
A Xunta pecha do Consultorio de O Seixo
Hai poucos días, a deputada de A.G.E e coordenadora nacional de EU, Yolanda Díaz, visitaba as estradas de Mugardos e o Consultorio de O Seixo.
Os grupos municipais de EU e PSOE opóñense ao peche do Consultorio de O Seixo, executado pola Xunta co coñecemento e complicidade do Concello de Mugardos. Tras a recollida de máis de duascentas firmas contrarias a esta decisión, os dous grupos presentaron unha moción para que se incorpore no Pleno de Marzo. Ademáis, esta cuestión será levada ao Parlamento de Galicia polos grupos dos dous partidos.
28 may 2012
Manifestación de SOS Sanidade Pública
A Plataforma SOS Sanidade Pública convoca unha manifestación en Santiago o domingo 3 de Xuño en defensa do noso sistema sanitario. Sairá un autobús de Mugardos (á porta do Concello) ás 10:00 da mañá para voltar ás 14:00. O prezo do billete é de 7 € (só para os adultos).
Podes apuntarte no despacho do noso grupo municipal ata o xoves pola mañá.
Acude. Loita polo que é teu.
21 may 2012
Acto público sobre os recortes en Sanidade
Intervirá Mª Luísa Lores Aguín, radióloga e ex-directora asistencial do Complexo Hospitalario de Pontevedra. O mércores 23, ás 8 da tarde no Centro Cívico.
19 oct 2011
Centro de Saúde
-EU:Cómo está o tema da cesión patrimonial do Centro de Saúde?
-Alcalde: Esta todo parado no Sergas
Este texto pertence á sesión da Comisión Informativa de Facenda celebrada o día 6 de outubro de 2011. A realidade é que o Alcalde non fixo os deberes. O orzamento para o ano 2011, no capítulo de gastos correspondentes ó Centro de Saúde, ascende a 33.813,65€. No capitulo de ingresos aparacen reflexados 4.619,40€ (SERGAS). Regalar ó SERGAS 29.194,25€ cada ano si que é unha boa xestión dos nosos cartos.
Póñanse as pilas e rematen os deberes que lles faltan por facer. Nós xa contribuimos recordando nas comisións que o tema non debe quedar durmido nun caixón. VER DOCUMENTO ANEXO.
5 oct 2011
AXUDA A DOMICILIO

PROPOSTA EU SERVIZO DE AXUDA A DOMICILIO
Esta proposta foi presentada no pleno do día 30 de setembro no debate sobre a ordenanza fiscal. O obxectivo da proposta é xerar recursos para disminuir o número de horas que se deben e mellorar a atención ás persoas que teñan a dependencia recoñecida, tendo no horizonte a meta de poder incorporar a persoas que, non tendo a dependencia recoñecida, corresponderíalles pola súa situación a prestación de axuda a domicilio básica ou a posible ampliación de servizos. Estas propostas comportan unha maior recadación sen gravar ás persoas que menos ingresos teñen, así como unha mellora do servizo.
23 sept 2011
Servizo de axuda no fogar (SAF)




