Mostrando entradas con la etiqueta folga. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta folga. Mostrar todas las entradas
9 jun 2013
Apoiamos a Folga Comarcal do mércores 12
No último Pleno do Concello de Mugardos, os grupos municipais de EU, PSOE e BNG aprobaron unha moción de apoio á Folga Comarcal convocada para o mércores 12 de Xuño polos sindicatos CIG, CCOO, UGT e USTG.
As agrupacións locais de EU e BNG fletaron a lancha de Mugardos para asistir a dita manifestación, que comezará ás 12:00 na Praza do Inferniño.
O prezo da lancha é de 3 € (ida e volta) para os/as maiores de 18 anos. Sairá ás 11 en punto do peirao de Mugardos e voltará de Ferrol ás 13:45.
Polo futuro e a supervivencia da nosa comarca, anímamosvos a todos a acudir á manifestación.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
