Mostrando entradas con la etiqueta campañas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta campañas. Mostrar todas las entradas

5 abr 2016



"Prefiro morrer que matar".A crúa realidade dita por un refuxiado sirio.


Hoxe Europa inicia as expulsións masivas.


A cidadanía debe mostrar que existe outra Europa, denunciando coa palabra a situación, demandando solucións polítícas ós conflictos armados, construindo unha Europa acolledora e non carcelaria.

Por todo iso, facémosvos un chamamento para que participedes na Campaña que o Concello de Mugardos a iniciativa dos grupos municipais de EU-Os Verdes-SON, ICM, BNG e PSOE inicia ata o 15 de abril.

30 may 2013

Campaña de apoio a ASFEDRO e LAZOS



Promovemos unha campaña en apoio a estas dúas entidades sen ánimo de lucro, que levan anos facendo unha labor impagable e atravesan unha difícil situación, debido á crise e aos recortes do goberno. Toda a información aquí.

10 jul 2012

Alternativas a un ano de desgoberno














O xoves 12, ás 8 da tarde, terá lugar no Centro Cívico un acto público, baixo o lema "Imaxina Mugardos", onde faremos balance do ano de goberno do BNG e explicaremos as nosas alternativas.

9 jun 2010

MÁIS DE 100 FIRMAS APOIAN O NOSO MANIFESTO
























Máis de cen cidadáns de Mugardos apoian coa súa firma o noso Manifesto por unha cidadanía con plenos dereitos, que será presentado públicamente no Centro Cívico o venres 18 de Xuño ás 20:00 horas. Podes descargar o texto do manifesto na columna dereita desta mesma páxina.

30 may 2010

240 sinaturas reclaman seguridade vial en Rilo













Remitimos 240 sinaturas ó Delegado da Xunta de Galicia para reclamar a redacción do proxecto e a financiación para a súa execución.cÓ mesmo temp, rexistráronse no Concello para reclamar se activen as xestións coa Xunta, paradas dende hai demasiados meses.

6 may 2010

Campaña pola seguridade vial Rilo-Franza












Iniciaremos unha campaña na rúa e no Concello para impulsar a aprobación do proxecto.
A campaña consistirá na recollida de firmas para impulsar a redacción dun proxecto e a súa execución, e na presentación dunha iniciativa na próxima comisión de obras para que se cree unha comisión de traballo específica sobre esta cuestión coa participación da asociación de veciños, que poida impulsar as xestións necesarias ante a xunta de Galicia.

14 abr 2009

A campaña Idea Libre: Futuro Republicano é unha iniciativa de “solta de DVD” que pretende achegar no 79 Aniversario da proclamación da II República un recoñecemento ás persoas que defenderon a legalidade constitucional instaurada no ano 1931. A “solta de DVD” realizarase en parques, paseos, cabinas telefónicas,etc. Unha vez que o visiones, “sóltao” noutro lugar para que a cadea de coñecemento non se rompa e sexa o máis ampla posible. Cando atopes o DVD da campaña “IDEA LIBRE: UN FUTURO REPUBLICANO”, escríbenos un correo electrónico á dirección eumugardos@gmail.com e así poderemos seguirlle a pista e ver ata ónde chegou.