Mostrando entradas con la etiqueta emprego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta emprego. Mostrar todas las entradas

17 sept 2013

Reparación de Beirarrúas: un operario e un peón


O Concello de Mugardos solicitou a súa inscrición no Plan de Emprego da Deputación Provincial de A Coruña. Este Plan permitiría a contratación dun peón e un oficial de segunda.
A obras consisten na mellora de beirarrúas na rúa Contramaestre Casado, Xesteira, Cristo, Casás e fronte ó C.E.I:P. “Unión Mugardesa”.
O prazo de execución proposto é de tres meses e o presuposto de execución material das obras ascende á cantidade de 23.704€.

 Con esta actuación o Concello pretende reparar os treitos en mal estado das beirarrúas de titularidade municipal presentadas na memoria e seguir no camiño de apoiar novas contratacións que permita a incorporación de persoas de Mugardos ó mercado laboral, aínda que sexa de forma temporal.

27 ago 2013

Apertura do plazo para inscribirse na lista de substitución de SAD:










Levaban anos caducadas. Agora  o goberno municipal aproba a convocatoria das bases para as substitucións de traballadoras/es de Axuda no Fogar. O prazo está aberto ata o día 3 de setembro, e as propias bases inclúen criterios sociais para favorecer o acceso ó traballo a colectivos de difícil inserción.
Este proceso iniciado vai permitir a prestación dun servicio de maior calidade no Concello de Mugardos, puidendo ofrecer unha resposta inmediata para as situacións de urxencia que se detectan nas/os veciños/as, disminuír ata límites soportables a lista de espera e axilizar as situacións imprevistas no propio servizo que a diario ocurren.

24 oct 2012

Arreglos nas escolas.













Onte puidemos comprobar que, por fin, comezaron os amaños que reclamábamos nas nosas escolas, polo menos algúns deles. Con máis dun mes de retraso, o alcalde procedeu á contratación de dous operarios, que comezaron a traballar esta semana no CEIP "Unión Mugardesa".
Polo de agora, retirouse unha rúa sen uso, desmontouse parte da rexa metálica da pista polideportiva e reubicouse o contenedor de vidro. Ás nosas anteriores demandas sumamos hoxe a de que o Concello se poña en contacto con Telefónica para tratar de que adecente a cabina que hai á porta deste centro escolar. Seguiremos comprobando o curso destes arranxos, no "Unión Mugardesa" e no resto das escolas públicas de Mugardos.

21 jul 2012

A Xunta recorta un 70% nas contratacións




















A Xunta ven de aprobar os Programas de Cooperación para a contratación de persoal nos Concellos. Pasamos dunha aportación da administración autonómica de 93.015 € (2011) a unha dee 20.820 € (2012), un "recorte" do 70 %. Ademáis, pasamos de 7 a 5 operarios. Os 7 contratados o ano pasado tiñan xornada completa, os 5 deste ano terán media xornada. A duración dos contratos en 2011 era de 6 meses. Pasamos agora a 4 meses. O Concello ten a posibilidade de contratar por 6 meses máis a un deses cinco traballadores, asumindo el o custe. Posto que xa existía de antes ese compromiso, insistiremos en que se cumpla.

10 may 2012

Charla de Costa Noroeste, venres á oito da tarde

O venres 11 de Maio haberá unha charla de Costa Noroeste ás 8 da tarde no salón de Plenos do Concello, para dar a coñecer as axudas do Programa Leader Galicia 2007-13. Poden ser beneficiarios todas aquelas persoas cun proxecto de inicio ou desenvolvemento de actividade económica. Non é indispensable a inscripción previa para asistir, aínda que, por motivos de organización, se fale dela na web do Concello.

7 may 2012

Campaña 2012 de Limpeza da Praia da Bestarruza













O goberno local solicitou á Deputación o 80% ( 18.221, 20 €) do orzamento de gastos para a contratación dunha cuadrilla de 5 peóns cunha duración de 3 meses. Con esta solicitude o goberno local renuncia a solicitar o máximo posible segundo a convocatoria, que serían 33.840 €.
A celeridade do goberno en enviar a solicitude (tiñan de prazo ata o 2 de Maio e enviárona sen pasar por ningunha comisión o 10 de Abril) pode deberse á súa negativa a falar de bases de contratación, do incremento do número de persoas a contratar ou do salario a percibir.
Despois o BNG fala de transparencia, consenso e participación dos grupos municipais.
Consideramos insuficiente o número de traballadores solicitados e o salario a percibir . Solicitaremos que, de non ser posible o 100% das prazas por non existir acordo entre os grupos, polo menos un % das mesmas sexan cubertas con familias que non perciban prestación económica algunha.

6 may 2012

Prioridade para as persoas que pasan máis dificultades












Demandamos do goberno municipal no Pleno de Abril que utilice a excepcionalidade que contempla a orde de facer contratacións nominais dentro dos Programas de Cooperación. Estas serían previo informe social para persoas con cargas familiares (fundamentalmente menores) que a día de hoxe non dispoñen de ingreso económico algún ou que están a punto de perder as prestacións económicas.

27 abr 2012

O BNG,PP e PSOE din NON



O Pleno do Concello de Mugardos sumouse á ruptura da unidade que se visualizou en tódolos concellos da comarca e aprobou a declaración alternativa proposta polo BNG, sumándose así ó Concello de San Sadurniño, gobernado con maioría absoluta polo BNG.
Os grupos municipais de PP (representado por Mónica en exclusiva) e PSOE se sumaron á estratexía do BNG de ruptura da unidade do mínimo común denominador entre as forzas políticas e os Comités de Empresa (a excepción da CIG) que supoñía a Declaración Institucional pactada e que foi aprobada no resto de Concellos.
EU mantivo no Pleno que a Declaración Institucional, aínda sendo insuficiente, cumplía o obxectivo de enviar unha mensaxe contundente dos concellos das tres comarcas ó goberno central para que cumpra os seus compromisos co naval público e con Ferrol.

17 abr 2012

O Concello contratará como mínimo 5 paradas/-os

Poderanse contratar polo voto favorable de BNG, EU e PSOE a través dos Plans de Cooperación cos Concellos, coa obriga de que, cando menos un/unha deles deberá continuar como contratado/a durante 6 meses e asumirase os costes dos materiais necesarios para desenvolver os proxectos presentados. Os custes salariais do número exacto de traballadores concedidos pola Xunta os asumirá ela.
Os proxectos presentados inclúen o pintado do Edificio Francisco Vizoso (a proposta de EU), ademáis do amaño de beirarrúas, ou mellora dos lavadoiros, fontes, etc. Descartáronse as outras que fixemos para o Fomento do turismo e de actividades de natureza, mantemento darede de auga, conservación e mantemento de parques públicos. Advertimos, como xa fixemos na Comisión onde se aprobou, o noso total desacordo coa posibilidade de que os/as traballadores/as contratadas realicen tarefas propios dos/as empregados/as municipais cubrindo vacacións ou baixas.
No documento anexo poderás ver oscriterios que deberá seguir o concello para a contratación, así como as propostas plantexadas por EU.

11 abr 2012

Costa Noroeste: 600.000€ para proxectos productivos








Debemos aproveitar a oportunidade para implantar proxectos productivos que xeneren emprego.
Os proxectos subvencionados (ata o 50%) van desde ampliación de empresa de carpintería e fabricación de mobiliario de cociña ata creación e explotación de empresa de turismo de aventura pasando por ampliación de empresa de panadería artesana.
En Mugardos temos empresas que poden necesitar novas ampliacións, diversificacións ou persoas que poidan crear a súa propia empresa para saír do pozo no que estamos.
Costa Noroeste pode ser unha oportunidade para intentar por en marcha novos proxectos. Para máis información entra na páxina: www.costanoroeste.org
O noso grupo municipal é o representante do Concello na Xunta Directiva de Costa Noroeste: se precisas  algo, non dubides en contactar con nós.

1 abr 2012

226 paradas/os só con certificado de escolaridade









A realidade é tozuda e os datos cantan. Temos un grave problema coa cualificación dos/as paradas/os para poder acceder ó mercado laboral.

Unha vez máis o noso grupo municipal insiste, como no Pleno Ordinario de Marzo, no que plantexamos a necesidade de que o Concello facilite formación para superar as probas de Competencias Clave. A superación das mesmas é imprescindible para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade nivel 1 e 2 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego.

Na vindeira Comisión de formación novamente plantexaremos a necesidade de que se habiliten as medidas necesarias para formar ós maiores de 18 anos que carecen da ESO, para poderen presentarse ás probas que terán lugar o 13 de setembro.

25 feb 2012

CHARLA-COLOQUIO:REFORMA LABORAL




O luns 27 de Febreiro, ás 8 da tarde:
charla-coloquio sobre a reforma laboral no Centro Cívico.
Intervirá Manolo Lago, economista do S.N. de CC.OO.

20 feb 2012

Hai que actuar polo emprego



O peor que podemos facer é non facer nada. O inmovilismo e a falla de ideas é o noso peor inimigo. 567 paradas/os en xaneiro de 2012 en Mugardos: unha cifra demasiado importante como para que non se tome ningunha iniciativa. Debemos coñecer a realidade polo miúdo é actuar. De aí a nosa moción.

4 nov 2011

Praza de taxista (tras un ano de atrancos do BNG)

Tras máis dun ano de atrancos por parte do BNG, ábrese o prazo para a presentación de solicitudes para cubrir unha praza de taxista en Mugardos. As aportacións de EU foron sustancialmente tres: aportación dun vehículo adaptado, que non se puntuase a mellor oferta económica e que a aportación económica fora a mínima imprescindible para cubrir os gastos que ocasiona a convocatoria.

31 oct 2011

Apoiada por unanimidade a moción dos mariscadores















As cofradías da ría presentaron unha moción nos distintos concellos para urxir á Xunta a que execute as obras necesarias para sanear a ría, recuperar os bancos marisqueiros e asegurar a riqueza económica e o postos de traballo que sempre aportou. A moción foi lida en Mugardos pola presidenta da Cofradía no Pleno do venres 28 e apoiada por tódolos grupos.

10 jun 2009

OFERTA Ó INEM

E.U. consigue que ó contrario que ó ano pasado, non se contrate por resolución da Alcaldía, se faga a oferta ó INEM e se valore tanto a experiencia, como o primeiro emprego, así como o coñecemento de Mugardos.

Ó GOBERNO SIN INICIATIVA

Despois de aprobar por unanimidade unha moción de E.U. para que as contratacións de limpeza de praias, plans de cooperación,etc. non se fixera como o ano pasado por resolución da Alcaldía, o goberno no presentou ningunha proposta de bases para realizar a selección do persoal a contratar.Preguntado por E.U., a calada foi a resposta.

PLAN DE CHOQUE PARA XENERAR EMPREGO

Se aprobou por unanimidade unha moción de E.U. para avaliar a necesidade de solicitar un crédito para impulsar un plan de choque que xenere emprego en Mugardos.