
13 jun 2011
TRANSPARENCIA

7 jun 2011
Asamblea aberta

O xoves 9 de Xuño, ás oito e media da tarde, celebraremos no Centro Cívico un acto público aberto para coñecer a opinión das/os asistentes en canto a:
-Resultados das Eleccións Municipais (pincha aquí para acceder ós resultados)
-Posibilidades que se se abren con estes resultados.
EU mantivo contactos co PSOE e o PP para explorar as posibilidades de provocar un cambio de goberno en Mugardos, tal e como nos comprometimos a facer na presentación da candidatura e durante a campaña electoral. A día de hoxe, estamos pendentes da resposta que nos trasladará o PSOE tras a Asamblea de Afilidos/as que vai celebrar. Os contactos co P.P. quedaron suspendidos ata saber a disposición do PSOE a iniciar un diálogo para o cambio de goberno.
A nosa negativa a falar co BNG ten a súa raíz na decisión do BNG de non dar ningún paso para a modificar o rumbo do goberno que exerceu durante estes últimos anos, o que imposibilita que a día de hoxe poidamos iniciar conversas para falar de Mugardos.