12 abr 2013
Comunicado de EU á prensa sobre a Cruz da fonte da Redonda
Esta fotografía é do pasado sábado ás 13:00 horas, hora no que pechaba o Rexistro do Concello. Tras poñernos en contacto telefónico coa Policía Local, sobre as 12:30, presentamos un escrito por Rexistro dando conta da entrega da cruz. Dado que o axente co que contactamos non chegou antes da hora de peche, por estar realizando outro servizo, vímonos obrigados a deixar a cruz no chan do Rexistro, que pechou a funcionaria de garda, e abandoamos o Concello. Minutos despóis, atopamos na rúa, por separado, ao alcalde, sr. Barcia, e ao xefe da Policía Local, a quen demos conta da entrega da cruz. O luns, o sr. Roca, concelleiro de Obras, intenta trasladar a cruz e rómpea. Por tanto, a narración dos feitos que fai o sr. Barcia no periódico é inexacto e interesado (afirma que a cruz estaba sobre unha mesa e non cita ao autor da rotura, por exempolo), polo que enviamos un comunicado á prensa para facer as oportunas precisións. Neste outro enlace, tedes outros documentos: o escrito de Rexistro, a "resposta" do Concello trala rotura da peza por parte dun membro do goberno e a denuncia que presentamos contra o sr. Concelleiro de Obras.
4 abr 2013
O BNG por fin atende ás nosas demandas
28 ene 2013
Derrumbes no cantón de Cora
17 jun 2012
O 14 de Xuño, reuniuse a asamblea local de EU Mugardos para analizar a sentencia do Tribunal Supremo na que rexeita os recursos de Reganosa e do Concello contra a sentenza do TSXG de 2008 relativa á modificación do PXOM. Éste é o texto da resolución.
14 jun 2012
Terrazas: Paso libre de obstáculos de 0,90 m
11 jun 2012
O Tribunal Supremo falla contra o recurso de Reganosa e o Concello
Hai poucos días coñeceuse a decisión do Tribunal Supremo, que falla contra os recursos que o Concello de Mugardos e Reganosa presentaran contra a sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (2008). Ambos tribunais establecen que a Declaración de Impacto Ambiental era necesaria para a Modificación do PXOM que permitiu a instalación da planta, dando a razón ós colectivos veciñais e ao único partido que en Mugardos votou en contra da modificación e das sucesivas licencias.
O CAMIÑO DAS CAGALLAS-FRANZA DEBE ABRIRSE
15 may 2012
Accesibilidade para As Lagoas
É unha preocupación que se ven reiterando cada certo tempo por diferentes grupos municipais e que hoxe se ve agravado polo incremento da actividade e, polo tanto, polo tránsito rodado e peonil, así como pola altura e invasión da rúa polo peche vexetal.
Hoxe solicitamos por rexistro que:
19 abr 2012
Modificación puntual para a adecuación de usos de regasificación no solo industrial de Punta Promontorio: aprobación provisional.
27 feb 2012
NON Á GLORIETA EN APELÓN-CASTELAO

Esquerda Unida solicita a modificación puntual do Plan Xeral para evitar as graves consecuencias que tería para os edificos públicos (escola, centro de saúde) e os veciños da zona.
9 feb 2012
Fóra de ordenación

Unha moción presentada por EU para adoptar un criterio interpretativo sobre as edificacións de casco antigo e o "fóra de ordenación" foi aprobada por unanimidade en xuño de 2010. Transcurrido máis dun ano, o único que se correxiu foi, en Agosto de 2011, a ordenanza da Área de Rehabilitación Integral no seu punto nº8, quedando redactado da seguinte forma:
“Poderán concederse axudas para edificios e elementos fóra de ordenación para as actuacións permitidas pola normativa urbanística vixente. Nestes supostos reduciranse nun 25% a contía das axudas que lle fosen de aplicación nesta ordenanza. Quedarán excluídos da reducción os edificios e elementos fora de ordenación parcial segundo o criterio da lei do solo de Galicia 9/2002 do 30 de Decembro (DOG 31/12/2002)..."
Pois ben, mentras na ordenanza que regula as axudas públicas se distingue entre fóra de ordenación e fóra de ordenación parcial, no informe técnico que autoriza as obras síguese a falar de "fóra de ordenación" sen distinción.
O noso grupo reiterou na Comisión de Urbanismo do 8 de febreiro a petición de que se cumpla o acordado en xuño de 2010 para soster un criterio único como Concello. O compromiso do goberno foi que se iniciarán os traballos necesarios!!!
5 ene 2012
Vallas xunto ó Concello
Expediente: 186/07. Promocións Galarcasa, S.L.
No mes de Marzo do ano 2008 foi informada favorablemente pola técnica correspondente a demolición dunha vivenda unifamiliar (edificio do Bar Tirabeque).
En Agosto do 2008 informouse favorablemente a execución de edificio/s de vivendas e garaxes.
A vivenda foi demolida, pero, case catro anos despóis, as vallas seguen a invadir a beirarrúa pública.1 ene 2012
Tanque de tormentas: aceptará a Xunta que lle poñan condicións?

Dase por boa a ubicación do tanque de tormentas no Antigo Bombeo se a Xunta se compromete a: separar as pluviais da r/María e a r/Real na súa confluencia co alcantarillado na zona da rotonda, executar o alcantarillado de Baño, executar o alcantarillado de Rosalía de Castro, executar o alcantarillado do peirao, evitando os atascos e conectando todo o peirao á rede de alcantarillado e non executar as obras en verán. Todos estes son os condicionantes que fan que a última ubicación proposta pola Xunta sexa “a mellor”.
EU manifestou que, aínda non puidendo contrapoñer un estudo técnico ó realizado pola Xunta, dada a negativa do resto dos grupos municipais a encargalo, seguíamos entendendo que a súa execución sería factible en calquera punto do peirao.
A maioría dos grupos tiñan zanxado o debate sobre a ubicación. Ante este plantexamento, EU votou a favor da execución de todas as obras mencionadas anteriormente.
Agora queda por saber a resposta da Xunta a todos estos condicionantes. Aceptará a Xunta os condicionantes dado o aforro económico que supón a nova ubicación?
22 nov 2011
URBANIZACIÓN AS PALMEIRAS
Iniciada esta corporación, entre outras cuestións plantexamos a necesidade de recepcionar a urbanización das “Palmeiras” correspondente á rúa Alta. O 14 de outubro votábase favorablemente na comisión de urbanismo por unanimidade e o 3 de novembro o aprobaba a Xunta de Goberno Local. O 5 de maio do ano 2010 un informe técnico xa advertía de que, salvo mellor criterio, non procedía esixir novas reparacións do vial ó promotor porque a zona de cesión xa estaba en uso e a rúa atopabase en obras alleas ó promotor. Transcurrido máis dun ano e sen esixencia de reparación do vial por parte do goberno municipal, recepciónase a urbanización correspondente á Rúa Alta.
A pregunta que cabe é: Por qué non se recepcionou en maio do ano 2010?
Queremos aclarar que non se realizou a devolución do aval porque o mesmo é para garantir a urbanización e demáis deberes, é dicir a finalización da obra no local propiedade do concello nas condicións acordadas.
Nota: a foto é de hai un ano, aínda que non o pareza...
16 nov 2011
Expediente de obras iniciado no ano 2005 e rematado no…….?

A licencia de 1º utilización foi solicitada a principios de 2008, informada polos servicios técnicos, con informe desfavorable nos anos 2009 e 2010, entre outras cuestións por: “o baixo cuberto excede de altura ó ter 2,20 metros, en vez dos 1,80 metros permitidos pola licencia. No bloque 2º a altura é de 2,05 metros”.
Agora, pasados tres anos volta á comisión de urbanismo sen máis proposta por parte do BNG de que se informe desfavorablemente a licencia de 1ª utilización por terceira vez.
Ante esta falta de proposta inicial, EU demandou coñecer:
1.-Cantos edificios con baixo cuberta desvinculado e que non teñen licencia de 1º utilización incumplen a altura do baixo cuberta?
2.- Cales son as saídas legais a este incumprimento e cales son os costes económicos para o Concello de cada unha das saídas?
Tras un pequeno debate poderíamos “intuir”, co risco de errar, que a proposta do BNG podería ser adoptar un acordo plenario que poida legalizar alturas como as das que estamos a falar neste edificio para os baixos cuberta desvinculados.
A nosa pregunta é: ten o mesmo valor un baixo cuberta de 1,80 metros de altura que un “baixo cuberta” de 2,05 ou 2,20metros? Poderíamos estar a falar dun incremento do beneficio para o promotor polo incumprimento da altura permitida para os baixo cuberta, é dicir 1,80mts.?
31 oct 2011
Moción de EU no Pleno de Outubro sobre a EDAR

No Pleno do venres 28 de Outubro, EU presentou unha moción para que o Concello encargue un estudo de viabilidade sobre a ubicación do tanque de tormentas no Parque da Constitución, levando a tubería por mar. Non foi apoiada por ningún outro grupo.
Despóis de que a Xunta propuxese unha nova localización, concretamente, na rotonda, cremos que sería bó que o Concello contase cun estudo propio para coñecer a viabilidade da localización orixinal, pero sen levantar o peirao. Non sendo así, dependeremos exclusivamente do que digan os técnicos da Xunta.
Dende o 2007, o Concello non fixo ningún estudo nin do impacto do trazado nin do tanque de tormentas. Se se tivesen feito, tal vez nin o do Campo do Río nin o do esteiro estarían hoxe onde están.
Por outra banda, ó abrir a zona da rotonda, que haberá que facelo en todo caso, sería bo darlle saída ás augas pluviais para que non conflúan no alcantarillado.
16 oct 2011
Rúa Alta
Qué cambiou para que agora o BNG votase a favor? Quedaba a parte correspondente á Rúa Alta. O día 14 outubro a Comisión de Urbanismo aprobou por unanimidade recepcionar a urbanización “As Palmeiras”, paso previo para retirar as vallas e para iniciar os pasos precisos co fin de outorgar a licencia de 1º utilización. O noso grupo, dando continuidade ó traballo da anterior corporación, iniciou esta reclamando as xestións necesarias para recepcionar, entre outras, as ubicadas nas Palmeiras, Contramaestre Casado ou A Xesteira.
Deixando claro que cando o promotor non urbaniza e non hai posibilidades de seguir negociando a única vía e a execución do aval.
12 oct 2011
Rexeneración do Arrueiro
A comisión de Promoción Económica do día 6 aprobou por unanimidade encargar a redacción dunha memoria para a rexeneración ambiental do Arrueiro (Franza) a proposta de EU (v. entrada anterior). O obxectivo é solicitar parte do financiamento con fondos de Costa Noroeste, como se fixo coa obra do Río Baa (Seixo). Dentro das actuacións de Costa Noroeste non se poden solicitar segundas fases nin proxectos dentro da Vila de Mugardos.
27 sept 2011
Rexeneración Ambiental no Arrueiro
2 feb 2011
Urbanización "Pazo das condesas"

Os grupos que non gobernan impulsan novas medidas para avanzar na recepción da urbanización. O goberno súmase á proposta.






