Mostrando entradas con la etiqueta ensino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ensino. Mostrar todas las entradas

31 ago 2013

O CEIP "Unión Mugardesa" contará este curso cun parque infantil















O Concello de Mugardos, a través dun acordo coa Delegación Provincial de Eduación, impulsa a concreción da demanda da Comunidade Educativa de dotar dun Parque Infantil ao C.E.I.P. “Unión Mugardesa”.
Para facer realidade este equipamento foi necesario en primeiro lugar que o Concello pusexe a disposición da Delegación Provincial de Educación os terreos; en segundo lugar, que a propia Delegación puxese as planchas de corcho no chan; e por último esta fase, na que o Concello dota de mobiliario ao espazo, convertindo así unha zona desaproveitada nun espazo que mellora as prestacións do colexio de educación pública en Mugardos.
Así, o día 11 de setembro e tras os últimos retoques o alumnado do C.E.I.P. “Unión Mugardesa” poderá disfrutar dun Parque Infantil.


26 ago 2013

Obras no "Santiago Apóstol" de Franza













O goberno municipal acondiciona o exterior do Colexio Santiago Apóstol,  revertindo a situación de anos  anteriores que impedía a utilización de practicamente o 90%  da superficie para actividades propias do centro. Estas obras, ó mesmo tempo, van a solucionar os problemas de humidade do centro, reparar o peche frontal e colocar un novo no lateral, evitar as zonas sombrías do edificio e reparar os elementos do parque infantil.
As obras continuarán coa eliminación de problemas detectados  no interior do edificio e que corresponden a conservación ( reparación de persianas, manillas das portas, azulexos dos baños, focos do alumeado, retirada de antena do tellado,etc.)
O Concello e o Centro Educativo quedan á espera de que a Delegación de Educación estude e execute os traballos necesarios, tal e como se comprometeu o Delegado hai uns días, na visita que realizou a Mugardos: a instalación do porteiro automático e o recubrimento das columnas do patio cuberto. 

15 ago 2013

Seguridade vial en Apelón



















O Concello de Mugardos está a executar a construcción dunha beirarrúa de 2, 20 mts. de ancho ao longo da Escola Infantil do Apelón. Esta obra da cumprida resposta ó compromiso adquirido polo Concello coa Comunidade Educativa de dotar de seguridade vial á entrada e saída do alumnado. O remate da obra prevese que sexa antes do 11 de setembro, data do inicio do curso escolar.


A obra vai supor unha mellora considerable na seguridade vial do alumnado así como das/os usuarias/os do Centro de Saúde e do Mercado Municipal.

12 jul 2013

Axudas para educación e transporte
















Onte saliu publicada no B.O.P a convocatoria de axudas para educación e transporte do Concello de Mugardos. O prazo de solicitudes será do 12 ao 23 de Xullo e do 10 ao 20 de Outubro. Neste enlace podes acceder ás bases da convocatoria na páxina web do Concello.

7 may 2013

Aprobadas as propostas de AGE no Parlamento para as escolas de Mugardos












Unha boa nova: hoxe aprobouse por unanimidade no Parlamento de Galicia a iniciativa presentada polos nosos deputados (na foto, na recente visita que fixeron a Mugardos) sobre a ampliación do "Unión Mugardesa" e a rehabilitación da vivenda do bedel no "Santiago Apóstolo" de Franza. Neste enlace podes ler a nota que enviamos á prensa.

1 may 2013

Mocións sobre o "Santiago Apóstolo" e o "Unión Mugardesa"











No Pleno do 26 de Abril foron aprobadas (con modificacións) dúas mocións de Esquerda Unida: unha sobre a ampliación do colexio "Unión Mugardesa"; a outra, referente á antiga vivenda do bedel do "Santiago Apóstolo" de Franza.

E como as visitas dos nosos deputados e deputadas de AGE non son en vano, aquí o enlace ás súas iniciativas parlamentares (Grazas!):
-Santiago Apóstolo
-Unión Mugardesa

10 abr 2013

Visita de deputados de AGE ás escolas de Mugardos






Parlamentarias/os de AGE solicitarán a ampliación do CEIP “Unión Mugardesa” e o compromiso da Consellería para destinar a usos educativos a antiga vivenda do bedel do CEIP “Santiago Apostol”.






A viceportavoz de AGE, Yolanda Díaz e os deputados Ramón Vázquez e Xabier Ron, percorreron xunto coa/cos concellerios/a de EU, Pilar Díaz e Genaro Prieto, os centros de Educación Infantil e Primaria do Concello de Mugardos. Como consecuencia da visita, presentarán unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia para que se concrete no tempo a ampliación do CEIP “Unión Mugardesa” para facer efectiva a integración da Escola Infantil (Escola de Apelón) na Escola de Primaria.
Esta é unha reivindicación que dende o conxunto da Comunidade Educativa se leva realizando dende hai 5 anos, sen resultado ata o momento. Os argumentos para a ampliación son contundentes: inexistencia dun patio cuberto para xogar as/os nenas/os nos días de choiva, deficiente calefacción nos días de inverno, imposibilidade de disfrutar da biblioteca e as actividades que xiran en torno a ela, falta de aula de música, informática ou ximnasio, como si dispón o centro de primaria, dificultade de sustitución do profesorado pola distancia entre un centro e outro, etc Todo isto a maiores da racionalización dos recursos económicos e o importante aforro que suporía para o Concello e para a Consellería.
Tras visitar o CEIP “Unión Mugardesa” desprazáronse ata o CEIP “Santiago Apóstol”, onde analizaron a necesidade de que se concrete a cesión por parte do Concello da antiga vivenda do bedel á Consellería de Educación para destinala a usos educativos. O GM de EU presentará unha moción ó Pleno do Concello para que se atenda a demanda que dende hai máis dun ano presentou a dirección do Centro neste sentido, e o Grupo Parlamentar preguntará se a Consellería está disposta a asumir os costes da adecuación se a cesión patrimonial se formalizase.

24 oct 2012

Arreglos nas escolas.













Onte puidemos comprobar que, por fin, comezaron os amaños que reclamábamos nas nosas escolas, polo menos algúns deles. Con máis dun mes de retraso, o alcalde procedeu á contratación de dous operarios, que comezaron a traballar esta semana no CEIP "Unión Mugardesa".
Polo de agora, retirouse unha rúa sen uso, desmontouse parte da rexa metálica da pista polideportiva e reubicouse o contenedor de vidro. Ás nosas anteriores demandas sumamos hoxe a de que o Concello se poña en contacto con Telefónica para tratar de que adecente a cabina que hai á porta deste centro escolar. Seguiremos comprobando o curso destes arranxos, no "Unión Mugardesa" e no resto das escolas públicas de Mugardos.

8 oct 2012

Qué foi das contratacións para amañar as escolas?

A principios de Setembro, reclamamos ao goberno do BNG que levase a cabo as reparacións que demandaba o estado das nosas escolas públicas. No Pleno do día 19 aprobouse contratar a dúas persoas para realizar estes traballos. Vinteún días despóis de tomarse o acordo, o alcalde aínda non procedeu a realizar esas contratacións. 

13 sept 2012

Compromiso coa educación pública



















Tras visitar os Centros de Ensino Público, reclamamos onte do goberno municipal, na Comisión de Obras, unha planificación dos traballos de reparacións. A demora débese a unha planificación deficitaria, pero tamén ao recorte executado pola Xunta de Galicia para contratacións.
Por tanto, o Concello debe facer contratacións de forma urxente para dignificar a nosa educación pública.
No documento adxunto faise referencia ás obras maiores que deben ter saída en positivo, rachando os impedimentos ou parálise do goberno municipal.

4 sept 2012

Comedor escolar e axudas á escolarización e xoguetes de Nadal

Na Comisión de Benestar celebrada onte, o goberno propuxo ampliar o prazo de inscripción. EU propuxo que se abrise un novo prazo para poder resolver xa, en función da ordenanza fiscal en vigor,  as solicitudes presentadas antes do 3 de Setembro. A nosa proposta foi aceptada.
Por tanto, hai un novo prazo para inscribirse ata o 14 de setembro, o que non impide que os ususarios poidan inscribirse máis adiante, ao longo do curso.
Ademáis, no día de hoxe rexistramos a petición de que as solicitudes do primeiro plazo se resolvesen  na comisión de Facenda do día 6 de setembro, para que as familias poidan saber cánto teñen que abonar antes de que empece o curso escolar.
Con respecto ás axudas para material escolar e xoguetes de Nadal, informamos de que se corrixiu un erro que observáramos na convocatoria, quedando tal como figuran nos seguintes enlaces:
Quedamos á espera da resolución destas convocatorias para saber se temos razón no resto das nosas críticas: véxanse as  entradas anteriores deste blog sobre material escolar e sobre xoguetes de Nadal.

27 ago 2012

Comedor escolar?... De qué me soa?...


Na Comisión de Benestar do pasado luns 20 de Agosto, a concelleira delegada de área dixo que non sabía se habería comedor escolar este curso, que non sabía se ía aplicar a taxa en vigor, que non sabía se prorrogaría o contrato á mesma empresa... Si sabía que o curso escolar empeza o 12 de Setembro, tal como se lle lembrara no Pleno de Xullo.  
Agora, aparece un aviso asinado polo alcalde na páxina web do Concello, no que se anuncia o servizo de comedor, pídese a mesma documentación requerida aos usuarios hai tres meses e establécese como data límite de inscripción o día 3 de Setembro.
¿Merecen isto os escolares mugardeses e as súas familias?

1 ago 2012

O BNG recorta as axudas á escolarización

Na Xunta de Goberno Local do 19 de Xullo, o BNG aprobou as axudas á escolarización 2012, asumindo a proposta do PP de aplicar os mesmos tramos económicos que en Emerxencia Social, proposta apoiada tamén polo PSOE. Isto supón que baixa o nivel de ingresos máximo para optar ás axudas e, dado que se fala de ingresos íntegros, o nivel é inferior incluso a Emerxencia Social. Aumentar a cuantía das axudas, facendo baixar o número de posibles beneficiarios, só pode tildarse de hipocresía. A convocatoria publicouse hoxe no BOP. Pero hai máis. O ano pasado logramos que se empregasen as casiñas 455 e 465 da declaración da Renda para determinar a capacidade económica dos solicitantes. Trala resposta da presidenta da Comisión de Benestar no último Pleno e vista a convocatoria, tememos que se vai empregar a casiña 09 (ingresos computables). Un exemplo concreto: unha persoa que se achega aos 1000 € brutos ao mes, ten 9620 de ingresos imputables, pero suma 3912,36 € nas casiñas 455 (base impoñible xeral) e 465 (base impoñible do aforro). Por certo, estas son as casiñas que empregan o MEC e a Xunta nas súas becas.
Outro problema grave é o plazo de presentación das solicitudes, do 3 ao 5 de Outubro! Aparte da barbaridade das datas, as solicitudes teñen que ser evaluadas polos técnicos e pasar á Comisión de Benestar: sucederá como o ano pasado e as axudas concederanse cando xa as familias teñan afrontado por si soas o gasto, que este ano se incrementará notablemente pola suba do IVE.
Entre outras propostas que fixemos para mellorar as axudas, están a supresión do punto 3.4 da convocatoria 2011 (que impedía optar ás axudas aos autónomos) ou a posibilidade de que se adiante o importe da axuda cando un informe técnico o avale.

6 may 2012

O ensino público debe ser garante de igualdade












A situación de precaridade económica das familias estase deixando ver a través dos/as seus/suas fillos/as nos Centros de Ensino Públicos de Mugardos. Así, algúns alumnos/as non poden contar con todo o material necesario para desenvolver as súas tarefas na escola.
Propuxemos no Pleno de Abril que o goberno municipal actúe con urxencia neste curso e poña os instrumentos necesarios para evitar estas situacións no vindeiro, asinando un convenio cos Centros de Ensino Público e axilizando a convocatoria das Axudas á Escolarización.  

23 abr 2012

Acto Público: Recortes no Ensino

















O xoves 26 de Abril, ás 8:00 da tarde, celebraremos un acto público no Centro Cívico sobre os recortes no Ensino que está levando a cabo o goberno. Intervirán os responsables comarcais de Ensino de CC.OO., Emilia Veiga e Tomás Miranda.

6 mar 2012

COMEDOR ESCOLAR













A aprobación da taxa do comedor convírtese nunha excusa perfecta para subir un 35% o prezo do menú para unha boa parte dos/as usuarios/as, pasando de 3,8 € menú/día no curso 2010-11 a 5,15 € menú/día a partires de agora. A eliminación dunha porcentaxe de bonificación que ata o de agora recibían tódolos usuarios pode pór en risco de desaparición ou de insostibilidade económica un servizo de conciliación da vida familiar e laboral, así como de garantía dun xantar para os nenas/os con familias en dificultades económicas.
Ata o de agora, non existía ningunha taxa ou norma que prohibise ó grupo de goberno financiar ós/ás fillos/as de familias en emerxencia social a totalidade do custo do comedor escolar. Agora familias que poden acceder a axudas de alimentación co Regulamento de Emerxencia en vigor terán que cofinanciar o coste do comedor dos seus fillos.
Estas dúas cuestións, sumadas a outras diferencias, fixo que EU presentase unha reclamación á taxa aprobada polos grupos municipais de BNG/PP/PsdeG-PSOE, reclamación que non foi aceptada polo resto dos grupos. [Máis información, AQUÍ]

26 sept 2011

AXUDAS Á ESCOLARIZACIÓN: NOVA VICTORIA















Na anterior Comisión de Benestar Social logramos que as axudas a Comedor Escolar saísen do capítulo de Emerxencia Social. Na Comisión extraordinaria de hoxe, 26 de Setembro, logramos que se convoquen Axudas para material e transporte escolar, diferenciadas das axudas de Emerxencia Social. A proposta de EU foi aprobada por tódolos grupos da Comisión, incorporándolle as axudas para ensino universitario, que propuxeron PSOE e PP. Non as contemplamos, en principio, porque xa parecía difícil que se aceptase a proposta que levábamos. Pero conseguímolo.