Mostrando entradas con la etiqueta obras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obras. Mostrar todas las entradas

29 nov 2013

Rematan as obras de mellora do Mercado Municipal.


O Concello de Mugardos rematou no día de hoxe as obras de acondicionamento do Mercado Municipal de San Telmo que contaron coa cofinanciación da Xunta de Galicia. Estas obras consistiron na reparación das goteiras do tellado, na eliminación da acumulación de auga que se producía no acceso á nave do peixe polo afundimento do piso, na ampliación do número de postos en 4 e na colocación de contadores de auga e luz independentes para cada posto.
Estas obras enmárcanse dentro da dinámica emprendida polo goberno municipal tras a aprobación e posta en marcha do Regulamento de Funcionamento do Mercado Municipal para dar un impulso ó mesmo.
O goberno municipal segue a dar os pasos necesarios para que o Mercado Municipal, tras unha certa parálise, poida ter abertos á venda de productos todos os postos dispoñibles, favorecendo a entrada de novas actividades e a ampliación doutras que xa se viñan desenrolando.

27 nov 2013

Reparacións na Casa da Cultura e no Centro de saúde

O Concello de Mugardos executou na segunda semana de Novembro as obras necesarias para eliminar as goteiras existentes na Casa da Cultura e no Centro de Saúde. As goteiras víñanse sofrindo por parte dos/as usuarios/as e profesionais, tanto da Casa da Cultura como do Centro de Saúde, dende o inverno pasado, a causa do deterioro existente en ámbolos dous tellados, o que estaba a provocar unha situación de risco.
Nos dous edificios acometéronse medidasurxentes; así no Centro de Saúde se impermeabilizaron as catro baixantes e o embocado da cuberta; e na Casa da Cultura se impermeabilizou o remate do tellado e o muro lateral leste.
As obras executadas ascenderon a un total de 3.000 €.

17 sept 2013

Reparación de Beirarrúas: un operario e un peón


O Concello de Mugardos solicitou a súa inscrición no Plan de Emprego da Deputación Provincial de A Coruña. Este Plan permitiría a contratación dun peón e un oficial de segunda.
A obras consisten na mellora de beirarrúas na rúa Contramaestre Casado, Xesteira, Cristo, Casás e fronte ó C.E.I:P. “Unión Mugardesa”.
O prazo de execución proposto é de tres meses e o presuposto de execución material das obras ascende á cantidade de 23.704€.

 Con esta actuación o Concello pretende reparar os treitos en mal estado das beirarrúas de titularidade municipal presentadas na memoria e seguir no camiño de apoiar novas contratacións que permita a incorporación de persoas de Mugardos ó mercado laboral, aínda que sexa de forma temporal.

15 sept 2013

Reparación do Camiño Vello da Redonda















Tras varios meses o Concello inicia as obras de reparación da ponte de madeira do  Camiño Vello. As obras permitirán a súa reapertura ó paso con seguridade.

26 ago 2013

Obras no "Santiago Apóstol" de Franza













O goberno municipal acondiciona o exterior do Colexio Santiago Apóstol,  revertindo a situación de anos  anteriores que impedía a utilización de practicamente o 90%  da superficie para actividades propias do centro. Estas obras, ó mesmo tempo, van a solucionar os problemas de humidade do centro, reparar o peche frontal e colocar un novo no lateral, evitar as zonas sombrías do edificio e reparar os elementos do parque infantil.
As obras continuarán coa eliminación de problemas detectados  no interior do edificio e que corresponden a conservación ( reparación de persianas, manillas das portas, azulexos dos baños, focos do alumeado, retirada de antena do tellado,etc.)
O Concello e o Centro Educativo quedan á espera de que a Delegación de Educación estude e execute os traballos necesarios, tal e como se comprometeu o Delegado hai uns días, na visita que realizou a Mugardos: a instalación do porteiro automático e o recubrimento das columnas do patio cuberto. 

15 ago 2013

Seguridade vial en Apelón



















O Concello de Mugardos está a executar a construcción dunha beirarrúa de 2, 20 mts. de ancho ao longo da Escola Infantil do Apelón. Esta obra da cumprida resposta ó compromiso adquirido polo Concello coa Comunidade Educativa de dotar de seguridade vial á entrada e saída do alumnado. O remate da obra prevese que sexa antes do 11 de setembro, data do inicio do curso escolar.


A obra vai supor unha mellora considerable na seguridade vial do alumnado así como das/os usuarias/os do Centro de Saúde e do Mercado Municipal.

15 abr 2013

Rúa Alta



Demandamos executar a 1º e 2º fase da Rúa Alta ó mesmo tempo.

O G.M. de EU solicita unha actuación paliativa inmediata na totalidade da Rúa Alta. Esta rúa sufriu nos últimos anos o tránsito de camións pesados e a apertura de zanxas como consecuencia da obras da EDAR e máis recentemente da instalación de gas. As “malas reposicións” executadas sen control algún polo goberno municipal, así como as constantes actuacións puntuais na citada rúa, non foron suficientes: encóntráse nun estado de deterioro alarmante, poñendo en perigo ós viandantes e ás conductoras polos riscos que corren.
O GM de EU acordara no seu momento co BNG e co PSOE o arreglo por fases da Rúa Alta: unha primeira fase correspondería dende o Cristo ata a Glorieta, incluída no DTC 94 (programa de Deputación Provicncial) por valor de 13.071,99 €; e unha segunda fase correspondería da Glorieta ata a Rúa San Telmo (POS complementario 2013 da Deputación Provincial) por valor de 8.921,35€.
Hoxe demandamos que as dúas fases (DTC 94 e POS complementario 2013) se contraten e executen nunha soa fase, aproveitando que a primeira fase debe ser adxudicada de forma inmediata sienon se quere recurrir ás constantes prórrogas para xustificar o gasto e porque, de non ser así, a segunda fase non se podería executar ata o ano 2014, tras a execución do POS 2013 e en función das baixas na adxudicación da obra.


16 mar 2013

Yolanda Díaz visita as nosas estradas
















O xoves 14 de Marzo, a deputada de A.G.E e Coordenadora Nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, reuniuse con veciños de Mugardos e percorreu a pé varios quilómetros de estrada, comprobando o estado das cunetas de A Pedreira, o tramo Rilo-Franza e a estrada da Penela ( de titularidade autonómica). A visita de Yolanda terá unha pronta repercusión no Parlamento de Galicia.

8 nov 2012

É a ubicación adecuada?

EU plantexou hai varios días ó goberno municipal a necesidade de buscar unha ubicación alternativa ó transformador do peirao de Mugardos pertencente á obra da EDAR polas repercusións que poidan derivarse da que parece vai ser a definitiva. O tramo da canalización dende o transformador da rúa Real xa foi modificado a petición de EU para evitar posibles repercusións negativas nas vivendas. Esta mesma preocupación a plantexamos hai meses pola ubicación do transformador no peirao do Seixo, sen éxito ningún polo momento. Non queremos esquecer que seguimos á espera para ver o estudo que Augas de Galicia se comprometeu a facer sobre o saneamento do peirao de Mugardos e as solucións para evitar os atascos.

25 oct 2012

Queremos beirarrúas
















Rilo, 25/10/2012
Queremos beirarrúas: un slogan moi coreado dende hai máis de 10 anos polos veciños/as de Mugardos, dende San Xoán ata a Pedreira. Algúns tramos, mellor ou peor, fóronse executando, quedando para o final o tramo Rilo-Franza.
Hoxe estivemos alí para que nos informasen os obreiros das obras que estaban a executar, atopánndonos coa desagradable sorpresa de que non se entuba a marxe dereita do vial dirección Rilo-Franza, non se ensanchan os viais, non se lle toca á senda peonil e o diámetro dos tubos pode provocar inundacións... é dicir, unha chapuza en toda regla.
Agora solicitouse unha reunión co delegado territorial da Conselleira para intentar mellorar o proxecto.

24 oct 2012

Arreglos nas escolas.













Onte puidemos comprobar que, por fin, comezaron os amaños que reclamábamos nas nosas escolas, polo menos algúns deles. Con máis dun mes de retraso, o alcalde procedeu á contratación de dous operarios, que comezaron a traballar esta semana no CEIP "Unión Mugardesa".
Polo de agora, retirouse unha rúa sen uso, desmontouse parte da rexa metálica da pista polideportiva e reubicouse o contenedor de vidro. Ás nosas anteriores demandas sumamos hoxe a de que o Concello se poña en contacto con Telefónica para tratar de que adecente a cabina que hai á porta deste centro escolar. Seguiremos comprobando o curso destes arranxos, no "Unión Mugardesa" e no resto das escolas públicas de Mugardos.

8 oct 2012

Qué foi das contratacións para amañar as escolas?

A principios de Setembro, reclamamos ao goberno do BNG que levase a cabo as reparacións que demandaba o estado das nosas escolas públicas. No Pleno do día 19 aprobouse contratar a dúas persoas para realizar estes traballos. Vinteún días despóis de tomarse o acordo, o alcalde aínda non procedeu a realizar esas contratacións. 

7 oct 2012

Solicitamos a revisión das obras do peirao
















O venres, despois da visita realizada polos concelleiros de EU ás obras do peirao de Mugardos, solicitamos ao goberno municipal a revisión das obras que se están a realizar para evitar os verquidos ao mar. Estas obras, de quedar tal como están, poderían supor un número maior de atascos dos que se sofren na actualidade no peirao . A eliminación dos verquidos ao mar non pode supor un agravamento da situación actual.

19 sept 2012

Perdóaos, Mugardos, que non saben o que din...

O Partido Popular de Mugardos (o mesmo que goberna a Xunta de Galicia e o Estado Español), ven de publicar no seu blog que a nosa entrada anterior, referente á EDAR, non se axusta á realidade, posto que falamos de unanimidade, pero votamos en contra. O que Esquerda Unida votou en contra, no Pleno de 29 de Xuño, foi o Convenio de colaboración entre o Concello, Portos e Augas de Galicia, por considerar que era inconcreto e lesivo para o Concello, dado que, por un lado, Mugardos asumía o mantemento, reparación e mellora das actuacións, e, por outro lado, non existía compromiso firme e por escrito de levar a cabo as actuacións que reclamáramos: por exemplo, a proposta de EU, arranxar os problemas do alcantarillado do peirao, ou o tema das pluviais das rúas María e Real. Por certo, a única proposta do PP foi que as obras non comezasen ata pasado o verán.
Pero tampouco saben ou non recordan o que votan. O PP, no Pleno do 31 de Agosto, abstívose no convenio de colaboración entre os Concellos para a xestión da EDAR. Se o resto de grupos fixésemos o mesmo, cándo entraría en funcionamento? Aínda así, quixemos destacar o positivo e falamos de "unanimidade", que, efectivamente, procede do latín "unanimitas" e significa "unidade de espíritus ou intencións". Por certo, aquí está o ditame da Comisión correspondente.
Agardamos sinceramente que o PP de Mugardos produza mellores deputados que concelleiros.

17 sept 2012

Saneamento no Esteiro, Rosalía de Castro e Peirao


A unanimidade da corporación municipal fai posible que se realicen con cargo ás obras da EDAR os  saneamentos do Esteiro, Rosalía de Castro e Peirao. A separación das pluviais das fecais e a posible solución ás inundacións no peirao seguen estando dentro dos nosos obxectivos.
Estes saneamentos non estaban incluídos no proxecto, pero a presión unánime fixo que se incluísen cando as obras están prácticamente a punto de rematar.
Quedan  por iniciarse os traballos do tanque de tormentas do peirao de Mugardos (a finais de setembro). A súa ubicación definitiva será no espacio que ocupa a actual (fronte á rotonda). Queda tamén a instalación  dalgún transformador e a construcción de casetas.
O Pleno de agosto aprobou o convenio de colaboración, coa abstención do PP, para a xestión compartida entre os Concellos de Mugardos, Ares e Fene das canalizacións e bombeos ata a depuradora.

3 jul 2012

Un convenio incompleto













O Seixo, 3/07/12


O pleno deu luz verde ao convenio entre Portos, Augas de Galicia e o Concello cos votos a favor de BNG/PP/PSOE e o voto en contra de EU. O convenio fixa a ubicación dos bombeos da Vila ( no bombeo existente ampliado) e o do Seixo (ampliación do peirao).
Algúnhas razóns do noso voto en contra do convenio:
1.- Non se inclúe que se elimen os atascos no peirao de Mugardos e que os verquidos que agora van directos ao mar se conecten á rede xeral.
2.- Non inclúe a ubicación do transformador e a súa estética no peirao da Vila e non inclúe o cambio de ubicación (solicitado por EU en varias comisións) no Seixo, nin a prolongación da superficie da ubicación ata o galpón existente no Seixo co fin de garantir unha maior mobilidade.
3.- Obriga ao Concello a costear tódalas obras necesarias na rede de saneamento no futuro, así como as melloras do saneamento obxecto deste convenio, e a asumir unha parte das indemnizacións que Portos pague por responsabilidade patrimonial.

10 may 2012

PARALIZACIÓN DAS OBRAS DE GAS GALICIA


Cansos de plantexar a situación que se viviu na rúa dos Casás (Areosa-Pedreira) e a que se esta a vivir no outro tramo da rúa dos Casás e na rúa Areosa hoxe, solicitamos por escrito a paralización das obras ata que repoñan os viais.
Ás once da maña había 280 mts. de zanxa aberta na rúa Areosa e 320 mts. en Os Casás, con zanxa pechada pero sen efectuar a reposición completa e dúas zanxas abertas (cruce coa Rúa Curros Enriquez e á altura do Cruce do Camiño da Rega). 
Ademáis, na rúa Areosa, a beirarrúa contraria á da zanxa está a ser usada como zona de acopio, igual que fixeron na rúa dos Casás.
“ As lonxitudes máximas de apertura de zanxa sen reposición total non deben ser superiores a 100 mts”, di o informe da técnico do Concello de 25 de febreiro de 2011.