3 sept 2013
Aberto o prazo de solicitudes no Mercado
Unha das teimas do noso grupo municipal dende o comezo desta corporación foi a potenciación do Mercado municipal. Unha vez aprobado o novo regulamento, ábrese o prazo de solicitude dos postos vacantes, que permitirán diversificar a actividade e impulsar o comercio local.
O prazo está aberto dende o 2 ao 15 de Setembro. A información completa da convocatoria, así como o novo regulamento e o plano do mercado, poden consultarse na páxina web do Concello: http://www.concellodemugardos.org/es/noticias/2013/09/02/abierto-plazo-solicitud-puestos-vacantes-mercado-municipal-abastos
22 may 2013
Dinamizar a economía local
16 oct 2012
17 de Outubro. Manifestación
![]() | ||
Dende Esquerda Unida animámosvos a participar na manifestación do día 17 contra a política de suicidio económico do PP:
10 may 2012
Charla de Costa Noroeste, venres á oito da tarde
27 abr 2012
O BNG,PP e PSOE din NON
11 abr 2012
Costa Noroeste: 600.000€ para proxectos productivos
10 abr 2012
Costa Noroeste, o goberno desaproveita a oportunidade

O goberno municipal desaproveita a oportunidade de presentar proxectos non productivos (prestar servicios públicos, dotacións e melloras na calidade de vida do rural). Tras perto de 4 anos de vida de Costa Noroeste, só presentamos a actuación no Río Baa en agosto de 2010, iso si, tras moitas presións.
Nesta corporación, a insistencia do noso grupo levou a que se aprobase nunha comisión elaborar un proxecto para rexenerar a zona do Lavadeiro do Arrueiro en Franza. Nunca apareceu o proxecto. Máis adiante seguimos insistindo e apareceu unha memoria para, entre outras cuestión, adecuar os equipos informáticos do Centro de Formación. Resultado: quedou no olvido.
Outros concellos fixeron un maior aproveitamento, como Ares: parque en Redes, rehabilitación local para local de ensaio ou usos sociais.
Agora, para o ano 2012 xa non hai fondos para proxectos non productivos. Quizais o goberno decida presentalos.
1 abr 2012
226 paradas/os só con certificado de escolaridade

A realidade é tozuda e os datos cantan. Temos un grave problema coa cualificación dos/as paradas/os para poder acceder ó mercado laboral.
Unha vez máis o noso grupo municipal insiste, como no Pleno Ordinario de Marzo, no que plantexamos a necesidade de que o Concello facilite formación para superar as probas de Competencias Clave. A superación das mesmas é imprescindible para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade nivel 1 e 2 de cualificación dentro da formación profesional para o emprego.
Na vindeira Comisión de formación novamente plantexaremos a necesidade de que se habiliten as medidas necesarias para formar ós maiores de 18 anos que carecen da ESO, para poderen presentarse ás probas que terán lugar o 13 de setembro.
19 mar 2012
Rectificar é de sabios

O Regulamento da Festa do Polbo aprobado por BNG/PP/PSOE tivo 15 días de vixencia. A Comisión Organizadora da Festa composta pola tríada “modificouno” o 15 de marzo, para dar acobillo a tódalas organizacións que solicitaron participar: Asociación Cultural Cofradía de Jesús de Nazareno, Rondalla Mugardesa, Casino de Mugardos, Casino de San Xoán, Casino Progreso de Franza (1ª vez), Club do Mar e Galicia de Mugardos.
O Regulamento derogado dicía: "no caso de que as solicitudes de participación fosen superiores a 6 sociedades a adxudicación dos postos o fara a comisión organizadora tendo en conta os seguintes criterios”: local social en propiedade, nº de socios, arraigo social, actividades que realizan durante todo o ano, etc.
¿Por qué 6 sociedades? Dicían que “polo espacio dispoñible e polo sistema de rotacións empregado”.
O 14 de febreiro de 2011, a Comisión de Cultura recoñecía a necesidade de elaborar un Regulamento de admisión de entidades tras a decisión unilateral do Alcalde, en contra da maioría da Comisión, de incorporar á “Asociación Cultural Cofradía de Jesús de Nazareno”. O 27 de xullo de 2011, EU presentou unha proposta para a mellora da Festa na que se incluía aprobar un Regulamento. O 7 de febreiro de 2012, e tras múltiples preguntas sen contestación, presentábamos unha proposta de Regulamento.
Á espera de ver as novas modificacións que acordaron na reunión da Comisión organizadora, este ano a Festa contará con 7 entidades “culturais e deportivas”. ¿Contaremos no 2013 con 8 entidades? Poderán participar tódalas entidades que o soliciten? O tempo o dirá.
7 mar 2012
Xoguetes de Nadal:Grazas, Mr. Scrooge!
20 feb 2012
Hai que actuar polo emprego

17 feb 2012
5 feb 2012
AS CONTAS CLARAS...

1 feb 2012
DISTINTOS USOS, DISTINTO IBI

EU defende que se debe cambiar a ordenanza fiscal do IBI para que se pague de forma diferenciada segundo os usos (non é igual unha vivenda que unha gran industria). Propoñemos que se lle aplique o 1,1 de coeficiente no IBI a Forestal del Atlántico, modificando a ordenanza fiscal para aprobar tipos diferenciados atendendo ós usos establecidos. Así Forestal pasaría de pagar 143.119,98€ a 344.959,96€: 203.839,98€ ingresaría o Concello a maiores no ano 2013.
O informe da interventora municipal confirma a posibilidade e a legalidade da proposta plantexada por EU. Agora queda que o Pleno do Concello decida o que quere facer. As ordenanzas fiscais necesitan de maioría simple para seren aprobadas.
28 ene 2012
Forte subida do IBI decretada por Rajoy
O Goberno Central obriga a subir ata máis dun 30% en dous anos o I.B.I. (contribución).22 ene 2012
Solucións ao desfase na facturación da auga

Entre a urxencia e o corto prazo debemos limitar as causas que provocan un desfase importante entre a facturación realizada por Emafesa ó Concello e a facturada polo Concello ós/ás usuarias/os.
Con esa intención EU rexistrou hoxe unha proposta para o seu debate na Comisión de Obras, Servizos e Persoal que, entre outras medidas, contempla: controlar que o consumo de Forestal corresponda coa facturación, dotar de contadores ós centros públicos, control de edficios privados de uso público, control de edificios públicos doutras administracións (Autoridade Portuaria), control de equipamentos privados (cemiterios) e actualización do Padrón.
Cos resultados obtidos de executarse estas medidas, poderíamos abordar outras cuestións como: as lecturas de contadores, os diferentes usos da auga, o aproveitamento de Bordocedo, a estación do Esteiro, a depuración no Monte da Pandoira, a renovación de tubería de fibrocemento ou a reducción do consumo.
10 ene 2012
O pavillón tamén ten déficit ...

O servizo de pavillón municipal arrastra un déficit de aproximadamente 35.000 €, cantidade que supera os desequilibrios que se producen no servizo de lixo e sumidoiros, achegandose ó déficit do servizo de auga tras as modificacións aprobadas na Comisión de Facenda.
A suba do IPC nesta taxa (Ordenanza Fiscal nº15, reguladora da Taxa Pola Utilización do Polideportivo Municipal) foi aprobada por tódolos grupos políticos, a diferencia do que pasou coa taxa da auga, sumidoiros e lixo. Non obstante, EU plantexará na Comisión de Cultura e Deportes do día 11 de xaneiro que se inicie unha profunda revisión da mesma.
Esta revisión deberá contemplar, entre outras cuestións, unha aproximación entre o coste/hora (21€) e o prezo por utilización (6,95€ coa suba do IPC), así como un incremento das horas dispoñibles en inverno que facilite a utilización por un maior número de persoas.
Máis de 300.000 metros cúbicos...
Na comisión de servizos que se celebrará o día 11 de xaneiro de 2012, EU reclamará do goberno municipal unha explicación de por qué se pagan a Emafesa sobre 600.000 m3/ano, cando, segundo os nosos cálculos, o Concello factura ás/ós usuarias/os unhas 240.000 m3/ano. Como consecuencia, a recadación do Concello é por 240.000m3 e non por 600.000m3, como debería ser, segundo a facturación que pagamos a Emafesa.
En todo caso, EU reclamará, de non darse unha explicación convincente (que supoñemos que non hai, máis alá da falla de control polo goberno) que se inicien os traballos necesarios para correxir esta gran anomalía, que perxudica ó servizo e á cidadanía.
Unha vez correxida a anomalía, o servizo estaría equilibrado en canto a gastos e ingresos, sen necesidade de sofrir modificacións a alza para o consumo doméstico.
9 ene 2012
ACEPTADAS AS PROPOSTAS DE EU SOBRE AS TAXAS

25 dic 2011
QUÉN OU QUÉ FALLOU?

No Pleno de Decembro, o alcalde retirou o punto relativo á modificación de varias taxas municipais, atendendo á petición que lle fixera o P.P. antes de iniciarse o Pleno. EU tivo que intervir en rogos e preguntas para aclarar que o grupo de goberno descoñecía o sentido do seu voto e polo tanto non lle parecía ben que se dese por suposto nin o seu voto nin os seus argumentos, tal e como se deducía da intervención do propio Alcalde argumentado que non se apoiaba nin tan siquera a suba do IPC por parte dos grupos da oposición, recordando que os votos do BNG e EU no pleno sumaban maioría suficiente para que se puidesen aprobar e só a renuncia do BNG a falar con EU e o feito de buscar acordos só co P.P. obrigouno a retirar o punto do Pleno.
A proposta do BNG nas taxas do lixo, auga e sumidoiros non contiña só a suba do IPC, senón que contiña propostas que EU non aceptaba, por exemplo: modificar o baremo para as exencións por entender que non se pode aplicar o de emerxencia social. Esta modificación proposta polo BNG significaría que o 50% das unidades famliares de 1 membro (viúvas) pasarían de estar exentas a unha bonificación do 25% ( pasarían de pagar 0€ a 20€/trimestre aproximadamente).
EU proporía no Pleno un reaxuste no prezo da auga que servimos a Forestal do Atlántico (o gran consumidor para beneficio industrial) fronte á proposta do BNG, así como retirar a proposta de cota de mantemento para os comercios, dado que a súa aplicación suporía un incremento moi superior ó IPC única e exclusivamente para este sector. Se o BNG propuxese só a suba do IPC, contaría co voto favorable de EU, a pesar de que se nega a negociar con nós, buscando só a confrontación.
Na taxa por licencia de apertura de establecementos comerciais e industriais, EU a diferencia do BNG, non apoiaría a supresión das bonificacións para os/as que queiran abrir un “negocio”. Estas bonificacións incorporáronse en xaneiro de 2010 á taxa e non estamos dispostos e menos nestes momentos tan complicados a renunciar a un pequeno apoio ó fomento da actividade comercial.
No resto das taxas propostas (expedición de documentos, polideportivo, autotaxi, tenencia de animias, soportes de anuncios), votaríamos a favor do incremento do IPC.
A pregunta que nos facemos é: qué fallou ou quén fallou para que as tivese que retirar? Deberá cambiar o BNG a súa estratexía de goberno? Deberá o BNG deixar de mirar so á dereita?






