Mostrando entradas con la etiqueta servicios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta servicios. Mostrar todas las entradas

29 nov 2013

Rematan as obras de mellora do Mercado Municipal.


O Concello de Mugardos rematou no día de hoxe as obras de acondicionamento do Mercado Municipal de San Telmo que contaron coa cofinanciación da Xunta de Galicia. Estas obras consistiron na reparación das goteiras do tellado, na eliminación da acumulación de auga que se producía no acceso á nave do peixe polo afundimento do piso, na ampliación do número de postos en 4 e na colocación de contadores de auga e luz independentes para cada posto.
Estas obras enmárcanse dentro da dinámica emprendida polo goberno municipal tras a aprobación e posta en marcha do Regulamento de Funcionamento do Mercado Municipal para dar un impulso ó mesmo.
O goberno municipal segue a dar os pasos necesarios para que o Mercado Municipal, tras unha certa parálise, poida ter abertos á venda de productos todos os postos dispoñibles, favorecendo a entrada de novas actividades e a ampliación doutras que xa se viñan desenrolando.

27 nov 2013

Limpeza do cauce do Río do Casal en Mugardos.















O Concello de Mugardos da por rematadas as principias labores de limpeza do cauce do río do Casal. A intervención que se produciu no día de hoxe consistiu na limpeza-apertura dun bo tramo do cauce do río, que por estar casi desaparecido, ano tras ano provocaba inundacións nos solares colindantes coas augas do inverno.
A intervención veu precedida da limpeza manual do borde e do cauce do río na parte máis próxima á estrada e continuará coa limpeza dos arredores e do propio lavadoiro. Esta actuación veu precedida da visita que realizou atendendo a petición do Concello representantes de Augas de Galicia.

Reparacións na Casa da Cultura e no Centro de saúde

O Concello de Mugardos executou na segunda semana de Novembro as obras necesarias para eliminar as goteiras existentes na Casa da Cultura e no Centro de Saúde. As goteiras víñanse sofrindo por parte dos/as usuarios/as e profesionais, tanto da Casa da Cultura como do Centro de Saúde, dende o inverno pasado, a causa do deterioro existente en ámbolos dous tellados, o que estaba a provocar unha situación de risco.
Nos dous edificios acometéronse medidasurxentes; así no Centro de Saúde se impermeabilizaron as catro baixantes e o embocado da cuberta; e na Casa da Cultura se impermeabilizou o remate do tellado e o muro lateral leste.
As obras executadas ascenderon a un total de 3.000 €.

26 ago 2013

Obras no "Santiago Apóstol" de Franza













O goberno municipal acondiciona o exterior do Colexio Santiago Apóstol,  revertindo a situación de anos  anteriores que impedía a utilización de practicamente o 90%  da superficie para actividades propias do centro. Estas obras, ó mesmo tempo, van a solucionar os problemas de humidade do centro, reparar o peche frontal e colocar un novo no lateral, evitar as zonas sombrías do edificio e reparar os elementos do parque infantil.
As obras continuarán coa eliminación de problemas detectados  no interior do edificio e que corresponden a conservación ( reparación de persianas, manillas das portas, azulexos dos baños, focos do alumeado, retirada de antena do tellado,etc.)
O Concello e o Centro Educativo quedan á espera de que a Delegación de Educación estude e execute os traballos necesarios, tal e como se comprometeu o Delegado hai uns días, na visita que realizou a Mugardos: a instalación do porteiro automático e o recubrimento das columnas do patio cuberto. 

21 mar 2013

A Xunta pecha do Consultorio de O Seixo












Hai poucos días, a deputada de A.G.E e coordenadora nacional de EU, Yolanda Díaz, visitaba as estradas de Mugardos e o Consultorio de O Seixo.



Os grupos municipais de EU e PSOE opóñense ao peche do Consultorio de O Seixo, executado pola Xunta co coñecemento e complicidade do Concello de Mugardos. Tras a recollida de máis de duascentas firmas contrarias a esta decisión, os dous grupos presentaron unha moción para que se incorpore no Pleno de Marzo. Ademáis, esta cuestión será levada ao Parlamento de Galicia polos grupos dos dous partidos.

16 mar 2013

Yolanda Díaz visita as nosas estradas
















O xoves 14 de Marzo, a deputada de A.G.E e Coordenadora Nacional de Esquerda Unida, Yolanda Díaz, reuniuse con veciños de Mugardos e percorreu a pé varios quilómetros de estrada, comprobando o estado das cunetas de A Pedreira, o tramo Rilo-Franza e a estrada da Penela ( de titularidade autonómica). A visita de Yolanda terá unha pronta repercusión no Parlamento de Galicia.

8 nov 2012

É a ubicación adecuada?

EU plantexou hai varios días ó goberno municipal a necesidade de buscar unha ubicación alternativa ó transformador do peirao de Mugardos pertencente á obra da EDAR polas repercusións que poidan derivarse da que parece vai ser a definitiva. O tramo da canalización dende o transformador da rúa Real xa foi modificado a petición de EU para evitar posibles repercusións negativas nas vivendas. Esta mesma preocupación a plantexamos hai meses pola ubicación do transformador no peirao do Seixo, sen éxito ningún polo momento. Non queremos esquecer que seguimos á espera para ver o estudo que Augas de Galicia se comprometeu a facer sobre o saneamento do peirao de Mugardos e as solucións para evitar os atascos.

29 oct 2012

Non foi sen tempo


O 27 de xaneiro aprobouse cos votos a favor do BNG, EU e PSOE e o voto en contra do PP a taxa da auga. O 12 de marzo, Forestal do Atlántico, dentro do plazo de reclamacións, presentaba unha ao incremento no coste que supón para eles. Argumentaba Forestal, entre outras cuestións:
-Nesta circunstancia só se encontra Forestal. Isto non é certo: se se fai un estudo dos consumos, veremos que non é o único afectado.
-Confecionouse unha tarifa que incrementa o poder adquisitivo de todos os contribuíntes (veciños/as) menos un (Forestal). Tampouco é certo: faise unha suba do IPC en tódolos tramos domésticos.
A variación máis importante é:
- Nos usos comerciais e industriais modifícanse os tramos, quedando da seguinte forma:
De 1 a 30 m3 a 0,35 €; de 31 a 350 m3 a 0,39 €; de máis de 351 a 0,72 m3 (antes estaban de 1 a 30m3 a 0,34€, de 31 a 9.000m3 a 0,38€ e de máis de 9.000 a 0,66€).
O 26 de outubro de 2012 resolveuse no Pleno rexeitar a reclamación de Forestal cos votos de BNG, EU e PSOE e a voto a favor da reclamación do PP. Agora a taxa deberá ser aprobada pola Comisión de Prezos de Galicia.


25 oct 2012

Queremos beirarrúas
















Rilo, 25/10/2012
Queremos beirarrúas: un slogan moi coreado dende hai máis de 10 anos polos veciños/as de Mugardos, dende San Xoán ata a Pedreira. Algúns tramos, mellor ou peor, fóronse executando, quedando para o final o tramo Rilo-Franza.
Hoxe estivemos alí para que nos informasen os obreiros das obras que estaban a executar, atopánndonos coa desagradable sorpresa de que non se entuba a marxe dereita do vial dirección Rilo-Franza, non se ensanchan os viais, non se lle toca á senda peonil e o diámetro dos tubos pode provocar inundacións... é dicir, unha chapuza en toda regla.
Agora solicitouse unha reunión co delegado territorial da Conselleira para intentar mellorar o proxecto.

15 oct 2012

As luces de Mahía












Tras a manifestación, cambio na iluminación da Urbanización de O Baño. As rúas iluminadas agora están oscuras, as rúas oscuras agora están iluminadas. Seguirase preguntando insistentemente na Comisión de Obras por qué unhas rúas teñen iluminación e outras non?

EU traballa e seguirá traballando para dar luz ó conxunto da urbanización, e seguirá apoiando as/os veciños/as nas súas manifestacións aínda que non guste a algún "veciño".
EU solicitará ó goberno municipal que convoque unha comisión de obras extraordinaria e urxente para abordar a situación e que invite a participar na mesma á AA.VV. de O Baño.



7 oct 2012

Solicitamos a revisión das obras do peirao
















O venres, despois da visita realizada polos concelleiros de EU ás obras do peirao de Mugardos, solicitamos ao goberno municipal a revisión das obras que se están a realizar para evitar os verquidos ao mar. Estas obras, de quedar tal como están, poderían supor un número maior de atascos dos que se sofren na actualidade no peirao . A eliminación dos verquidos ao mar non pode supor un agravamento da situación actual.

19 sept 2012

Perdóaos, Mugardos, que non saben o que din...

O Partido Popular de Mugardos (o mesmo que goberna a Xunta de Galicia e o Estado Español), ven de publicar no seu blog que a nosa entrada anterior, referente á EDAR, non se axusta á realidade, posto que falamos de unanimidade, pero votamos en contra. O que Esquerda Unida votou en contra, no Pleno de 29 de Xuño, foi o Convenio de colaboración entre o Concello, Portos e Augas de Galicia, por considerar que era inconcreto e lesivo para o Concello, dado que, por un lado, Mugardos asumía o mantemento, reparación e mellora das actuacións, e, por outro lado, non existía compromiso firme e por escrito de levar a cabo as actuacións que reclamáramos: por exemplo, a proposta de EU, arranxar os problemas do alcantarillado do peirao, ou o tema das pluviais das rúas María e Real. Por certo, a única proposta do PP foi que as obras non comezasen ata pasado o verán.
Pero tampouco saben ou non recordan o que votan. O PP, no Pleno do 31 de Agosto, abstívose no convenio de colaboración entre os Concellos para a xestión da EDAR. Se o resto de grupos fixésemos o mesmo, cándo entraría en funcionamento? Aínda así, quixemos destacar o positivo e falamos de "unanimidade", que, efectivamente, procede do latín "unanimitas" e significa "unidade de espíritus ou intencións". Por certo, aquí está o ditame da Comisión correspondente.
Agardamos sinceramente que o PP de Mugardos produza mellores deputados que concelleiros.

17 sept 2012

Saneamento no Esteiro, Rosalía de Castro e Peirao


A unanimidade da corporación municipal fai posible que se realicen con cargo ás obras da EDAR os  saneamentos do Esteiro, Rosalía de Castro e Peirao. A separación das pluviais das fecais e a posible solución ás inundacións no peirao seguen estando dentro dos nosos obxectivos.
Estes saneamentos non estaban incluídos no proxecto, pero a presión unánime fixo que se incluísen cando as obras están prácticamente a punto de rematar.
Quedan  por iniciarse os traballos do tanque de tormentas do peirao de Mugardos (a finais de setembro). A súa ubicación definitiva será no espacio que ocupa a actual (fronte á rotonda). Queda tamén a instalación  dalgún transformador e a construcción de casetas.
O Pleno de agosto aprobou o convenio de colaboración, coa abstención do PP, para a xestión compartida entre os Concellos de Mugardos, Ares e Fene das canalizacións e bombeos ata a depuradora.

13 sept 2012

Compromiso coa educación pública



















Tras visitar os Centros de Ensino Público, reclamamos onte do goberno municipal, na Comisión de Obras, unha planificación dos traballos de reparacións. A demora débese a unha planificación deficitaria, pero tamén ao recorte executado pola Xunta de Galicia para contratacións.
Por tanto, o Concello debe facer contratacións de forma urxente para dignificar a nosa educación pública.
No documento adxunto faise referencia ás obras maiores que deben ter saída en positivo, rachando os impedimentos ou parálise do goberno municipal.

8 sept 2012

Suba na taxa da piscina

No Pleno extraordinario do 22 de Agosto, Esquerda Unida votou en contra das novas taxas de actividades culturais, que votaron a favor PP, PSOE e BNG. O PP pediu que se retirase a taxa da piscina por non ter acceso ao balance anual que a empresa concesionaria xa presentara meses atrás. EU manifestou a súa coincidencia co PP, engadindo que non votaría a favor da nova taxa por excluír as exencións aos maiores de 18, a menos de que dispuxesen dun informe médico que aconsellase o uso da piscina. A taxa foi retirada e volveu ao Pleno do 31 de Agosto, onde votamos a favor. Por qué? Por dúas razóns:
-Primeiro: deixouse o texto tal como estaba antes, permitindo as exencións por motivos económicos sen excluír a ninguén.
-Segundo: porque puidemos acceder á documentación requerida. A suba da taxa ven imposta por Rajoy (o IVE da piscina psa do 8% ao 21%) e polo prego de condicións da piscina (a empresa ten dereito a unha suba anual do 85% do IPC, sempre que estea xustificada).
Urxía levar a cabo esta suba ou o Concello tería que compensar o IPC á empresa. De todos xeitos, estamos abertos a unha modificación da taxa, unha vez que coñezamos o informe definitivo da Interventora Municipal. O que non nos vale é que se rasguen as vestiduras quen suben outras taxas sen problema e quen están dispostos a excluír do servizo da piscina aos máis desfavorecidos, coma se os impostos cos que o Concello compensa anualmente á empresa non fosen cartos de todos.

3 jul 2012

Un convenio incompleto













O Seixo, 3/07/12


O pleno deu luz verde ao convenio entre Portos, Augas de Galicia e o Concello cos votos a favor de BNG/PP/PSOE e o voto en contra de EU. O convenio fixa a ubicación dos bombeos da Vila ( no bombeo existente ampliado) e o do Seixo (ampliación do peirao).
Algúnhas razóns do noso voto en contra do convenio:
1.- Non se inclúe que se elimen os atascos no peirao de Mugardos e que os verquidos que agora van directos ao mar se conecten á rede xeral.
2.- Non inclúe a ubicación do transformador e a súa estética no peirao da Vila e non inclúe o cambio de ubicación (solicitado por EU en varias comisións) no Seixo, nin a prolongación da superficie da ubicación ata o galpón existente no Seixo co fin de garantir unha maior mobilidade.
3.- Obriga ao Concello a costear tódalas obras necesarias na rede de saneamento no futuro, así como as melloras do saneamento obxecto deste convenio, e a asumir unha parte das indemnizacións que Portos pague por responsabilidade patrimonial.

2 jun 2012

FORESTAL ALEGA E O BNG DUBIDA



O día 12 de marzo Forestal rexistraba unha alegación contra a suba da auga porque o seu recibo anual se incrementaría en 9.944,34€ (42,79%). A día de hoxe a alegación aínda non se resolveu pola indefinición do BNG.
EU e PSOE xa manifestaron o seu voto a favor da suba aprobada e o PP o seu voto a favor da alegación de Forestal.
Consecuencia: Mentras non se resolva a alegación os novos prezos non entrarán en vigor e non pode continuar o seu trámite (autorización do prezo por parte da Xunta de Galicia).
Na actualidade:
Forestal paga 0,66 €/trimestre por consumo industrial a partires de 9.000m3/trimestre.
Un veciño paga 0,69 €/trimestre por consumo doméstico a partires de 60m3/trimestre
Taxa aprobada:
Forestal pagaría 0,72 €/trimestre por consumo industrial a partires de 350m3/trimestre

No pleno de Maio preguntamos, despois de plantexalo en innumerables Comisións Informativas dende xaneiro, se había avances no control do desfase entre a facturación de auga que nos faíi Emafesa e a que o Concello factura ós veciños. Recordamos que era máis dun 1/3 a auga non facturada. Estamos á espera da resposta por escrito.


10 may 2012

PARALIZACIÓN DAS OBRAS DE GAS GALICIA


Cansos de plantexar a situación que se viviu na rúa dos Casás (Areosa-Pedreira) e a que se esta a vivir no outro tramo da rúa dos Casás e na rúa Areosa hoxe, solicitamos por escrito a paralización das obras ata que repoñan os viais.
Ás once da maña había 280 mts. de zanxa aberta na rúa Areosa e 320 mts. en Os Casás, con zanxa pechada pero sen efectuar a reposición completa e dúas zanxas abertas (cruce coa Rúa Curros Enriquez e á altura do Cruce do Camiño da Rega). 
Ademáis, na rúa Areosa, a beirarrúa contraria á da zanxa está a ser usada como zona de acopio, igual que fixeron na rúa dos Casás.
“ As lonxitudes máximas de apertura de zanxa sen reposición total non deben ser superiores a 100 mts”, di o informe da técnico do Concello de 25 de febreiro de 2011.