QUINTANA COBRA DE DEPUTADO O DOBRE QUE TOURIÑO E O 12% MAIS QUE FEIJOO.
O EX PORTAVOZ NACIONAL DO BNG PERCIBE 8.500 EUROS BRUTOS AO MES, FRONTE AOS 4.300 DO EX PRESIDENTE.
Feijoo, Touriño e Quintana eran, hai un ano, as tres persoas máis influentes da escena política galega, como máximos responsables que eran tamén dos principais partidos. As eleccións do 1-M modificaron de forma abrupta a situación, deparándolle unha sorte ben diferente aos tres dirixentes. Hoxe, todos eles posúen un status de privilexio, pois manteñen a prerrogativa do coche oficial e persoal asignado para a súa asistencia. No entanto, é o nacionalista Anxo Quintana o máis afortunado dos tres, polo menos a nivel de salario, pois cobra o dobre que o ex presidente Emilio Pérez Touriño e un 12% máis que o actual xefe do Executivo. A promoción do ex portavoz nacional do Bloque á vicesecretaría da Mesa do Parlamento permítelle ingresar un salario mensual próximo aos 8.500 euros brutos, duplicando así os soldos que perciben a maioría dos deputados. O propio Emilio Pérez Touriño, que comparte esta condición de parlamentario raso, en tanto que non exerce portavocía algunha nin tampouco ocupa cargos orgánicos no Parlamento, cobra apenas 4.300 euros brutos ao mes, cifra que tampouco pode incrementar coas compensacións económicas da quilometraxe, pois o ex secretario xeral do PSDEG acolleuse á prerrogativa do coche oficial que lle financia a Administración galega -tal e como fai con Manuel Fraga- pola súa condición de ex presidente. é máis, o de Quintana é un dos salarios máis elevados que se pagan na política galega, pois supera con fartura ao do presidente da Xunta, que cobra un 12% menos, é dicir, un salario bruto anual de 87.300 euros, coa redución do 3% xa practicada, tal e como se acordou na tramitación do Presuposto para este ano. O soldo máis alto do BNG O ex vicepresidente, a pesar do seu paso á segunda fila, mantén a mellor remuneración dos dirixentes en activo do Bloque, superando con fartura a do actual portavoz nacional, Guillerme Vázquez, que percibe un salario de «asesor parlamentario», ou a do portavoz dos nacionalistas no Congreso, Francisco Jorquera, cuxo soldo é bastante similar ao dos parlamentarios autonómicos. O salario persoal de Quintana, como os demais membros da Mesa do Parlamento, rolda os 102.000 euros brutos ao ano e é a suma da asignación fixa de 2.150 euros que perciben mensualmente todos os deputados. A esta cifra engade o que a Cámara chama «axuda de custe», que se traduce nunha asignación fixa doutros 2.500 euros mensuais para afrontar os gastos de aloxamento e manutención vinculados á súa responsabilidade parlamentaria. A maiores, Quintana percibe un complemento fixo mensual de 2.100 euros máis por ser membro da Mesa, á parte de 1.050 euros fixos mensuais para «gastos de representación» e outros 560 euros por «gastos de libre disposición». O soldo final de Quintana, un ano logo da derrota nas eleccións do 1 de marzo, ascende á cifra de 8.500 euros ao mes, aínda que os gastos asociados ao seu escano son moi superiores, pois hai que sumar o mantemento do coche oficial, a quilometraxe e o chofer -unha media de 6.000 euros máis ao mes-, así como a secretaria persoal que lle financia a Cámara, que no caso de Quintana presta servizos ao conxunto do grupo parlamentario do BNG, en liña co que fan outros membros da Mesa, que tamén teñen dereito a ter esta asistencia persoal.
Se o único argumento que tes ante unha pregunta clara sobre Mugardos é dicir que no parlamento galego os membros da mesa cobran máis que os deputados rasos, a resposta debe ser NON.
5 comentarios:
Hai algún concello do tamaño de Mugardos onde unha persoa sen responsabilidades de goberno e que sacou tan poucos votos cobre tanto?
LA VOZ DE GALICIA , 04/03/2010
QUINTANA COBRA DE DEPUTADO O DOBRE QUE TOURIÑO E O 12% MAIS QUE FEIJOO.
O EX PORTAVOZ NACIONAL DO BNG PERCIBE 8.500 EUROS BRUTOS AO MES, FRONTE AOS 4.300 DO EX PRESIDENTE.
Feijoo, Touriño e Quintana eran, hai un ano, as tres persoas máis influentes da escena política galega, como máximos responsables que eran tamén dos principais partidos. As eleccións do 1-M modificaron de forma abrupta a situación, deparándolle unha sorte ben diferente aos tres dirixentes. Hoxe, todos eles posúen un status de privilexio, pois manteñen a prerrogativa do coche oficial e persoal asignado para a súa asistencia. No entanto, é o nacionalista Anxo Quintana o máis afortunado dos tres, polo menos a nivel de salario, pois cobra o dobre que o ex presidente Emilio Pérez Touriño e un 12% máis que o actual xefe do Executivo.
A promoción do ex portavoz nacional do Bloque á vicesecretaría da Mesa do Parlamento permítelle ingresar un salario mensual próximo aos 8.500 euros brutos, duplicando así os soldos que perciben a maioría dos deputados. O propio Emilio Pérez Touriño, que comparte esta condición de parlamentario raso, en tanto que non exerce portavocía algunha nin tampouco ocupa cargos orgánicos no Parlamento, cobra apenas 4.300 euros brutos ao mes, cifra que tampouco pode incrementar coas compensacións económicas da quilometraxe, pois o ex secretario xeral do PSDEG acolleuse á prerrogativa do coche oficial que lle financia a Administración galega -tal e como fai con Manuel Fraga- pola súa condición de ex presidente.
é máis, o de Quintana é un dos salarios máis elevados que se pagan na política galega, pois supera con fartura ao do presidente da Xunta, que cobra un 12% menos, é dicir, un salario bruto anual de 87.300 euros, coa redución do 3% xa practicada, tal e como se acordou na tramitación do Presuposto para este ano.
O soldo máis alto do BNG
O ex vicepresidente, a pesar do seu paso á segunda fila, mantén a mellor remuneración dos dirixentes en activo do Bloque, superando con fartura a do actual portavoz nacional, Guillerme Vázquez, que percibe un salario de «asesor parlamentario», ou a do portavoz dos nacionalistas no Congreso, Francisco Jorquera, cuxo soldo é bastante similar ao dos parlamentarios autonómicos.
O salario persoal de Quintana, como os demais membros da Mesa do Parlamento, rolda os 102.000 euros brutos ao ano e é a suma da asignación fixa de 2.150 euros que perciben mensualmente todos os deputados. A esta cifra engade o que a Cámara chama «axuda de custe», que se traduce nunha asignación fixa doutros 2.500 euros mensuais para afrontar os gastos de aloxamento e manutención vinculados á súa responsabilidade parlamentaria.
A maiores, Quintana percibe un complemento fixo mensual de 2.100 euros máis por ser membro da Mesa, á parte de 1.050 euros fixos mensuais para «gastos de representación» e outros 560 euros por «gastos de libre disposición».
O soldo final de Quintana, un ano logo da derrota nas eleccións do 1 de marzo, ascende á cifra de 8.500 euros ao mes, aínda que os gastos asociados ao seu escano son moi superiores, pois hai que sumar o mantemento do coche oficial, a quilometraxe e o chofer -unha media de 6.000 euros máis ao mes-, así como a secretaria persoal que lle financia a Cámara, que no caso de Quintana presta servizos ao conxunto do grupo parlamentario do BNG, en liña co que fan outros membros da Mesa, que tamén teñen dereito a ter esta asistencia persoal.
SIN COMENTARIOS .......
Se o único argumento que tes ante unha pregunta clara sobre Mugardos é dicir que no parlamento galego os membros da mesa cobran máis que os deputados rasos, a resposta debe ser NON.
COBRAR POR DECIR A TODO QUE NON PARECEME UN CACHONDEO
CANDO DEIXES A POLITICa de que vas a vivir
Publicar un comentario