En fin, sr. Artritris:
o prometido é débeda, así que poñemos á súa disposición e á de todo o mundo os enlaces ou "links" que prometéramos nos comentarios da entrada anterior ( a eles me remito para quen teña interés polo tema):
-Informe do sr. Secretario do Concello, contrario á agregación das parcelas.
-Resposta da Consellería de Cultura, tampouco moi favorable.
-Decreto de arquivo de dilixencias por parte da Fiscalía (ano 2007, insistimos).
5 comentarios:
De feito, se o artigo 200 do PXOM se ten que interpretar como dicta a sentenza poderíase plantexar a demolizón de toda unha mazá de edificios da Rúa María para levantar no seu lugar un macroedificio-súpermoderno con tal de que se mantivese o paripé das fachadas, ¿ou é moito interpretar?
Non sei se definitivamente me expresei mal no comentario ao voso anterior post. Cando digo que a denuncia da Sra. González Moro "desencadea" unha investigación da Fiscalía refírome a que foi ese caso (o do bloque 32-36), non necesariamente esa denuncia.
Tal e como eu o entendo, a cuestión é simple: quen queira que fose pon en coñecemento da Fiscalía unha situación > A Fiscalía investiga e pincha teléfonos > Froito desas escoitas practica detencións > As escoitas son anuladas polo motivo X e deixan de ser válidas para o xuízo > As escoitas eran a base das acusacións, polo que sen elas perden forza definitivamente > Mais non fan desaparecer o feito de que, tra-las escoitas a Fiscalía detivo e imputou a unha serie de persoas. Entón, sen ánimo de acusar a ninguén sen previo xuízo xusto, o único que queda claro é que a cidadanía por unha cuestión de procedemento, non ten os elementos de valor abondo para supoñer culpabilidade, pero ten firmes indicios para sospeitar que non todo o que se escoitou foi inocuo.
¿Que se dicía nesas conversas? Segue sen coñecerse, e mentres tanto Xosé Fernández Barcia continuará "sereno" e "satisfeito".
Grazas polo comentario. Efectivamente, EU-IU só quere deixar claro, unha vez máis, que a Operación Virgin foi unha actuación da Garda Civil e da Fiscalía, que puido basarse, en parte, nas denuncias postas anteriormente por EU, si. Pero ó sr. Barcia e ó BNG de Mugardos interésalles culpabilizar á oposición e adoptar un ton victimista, quizais por motivacións electoralistas. En todo caso, EU-IU acata as sentencias dos xuíces e non entra en outras consideracións.Nunha democracia e nun sistema de xustiza independente coma o noso, cuestións coma o procedemento ou a presunción de inocencia, máis aló das opinións de cada quen, son sempre importantes e, para os administrados, especialmente para os partidos políticos, dignas do maior repeto.
OS INFORMES DO SECRETARIO ULTIMAMENTE CARECEN DE SENTIDO PARA LOS JUECES. AL AYUNTAMIENTO LE PUEDE COSTAR CARO ESTE SEÑOR. TRES SENTENCIAS EN CONTRA DE SUS INFORMES EN LA ULTIMA SEMANA. DE VERDAD, NO OS PARECE MUCHO?
No sabemos exactamente a qué tres sentencias se refiere. Con respecto a la de la C\ María, la interpretación del PXOM que hace el secretario nos parece correcta. Es cierto que la sentencia del juez va en otra dirección, pero no es menos cierto, como ya hemos dicho, que con la interpretación del juez, la protección del casco antiguo puede quedar en agua de borrajas, a menos que se modifique la redacción del PXOM. Por otra parte, la opinión de la Xunta coincidía con la del Secretario del Concello de Mugardos.
Considero que nesta cuestión deberiamos situar ou foco nas responsabilidades políticas, que ás hai e que ao meu entender son graves.
En liña co anterior, considero como algo penoso e lamentable intentar evadirse dás responsabilidades políticas parapetándose nun pronunciamento xudicial, que parece máis fundamentado en razoamentos semánticos que en interpretacións urbanísticas, tal e como se intenta dende ou blog do BNG, e intentar por outra parte, tal e como pretende ou anónimo dás maiúsculas, poñendo en cuestión ou traballo dos profesionais dá Administración Local.
A responsabilidade última na aprobación e concesión dás licenzas urbanísticas reside nos cargos públicos que forman a Xunta de Goberno e que son os que deciden ( de aí o dás responsabilidades políticas). Para aprobalas licenzas debe de existir sempre un informe técnico- urbanístico e neste caso tamén, por tratarse dunha obra maior, un informe xurídico-legal, que neste caso non existiu. Pero é que ademais de todo iso tería que terse dado unha valoración e reflexión política acorde coa sensibilidade e espírito dá norma contemplada non Plan Urbanístico para esa zona, e polo menos por prudencia non ter accedido ás primeiras de cambio ás pretensións dos promotores.
Publicar un comentario