17 feb 2011

L'etat c'est moi (O Concello son eu)





















Non é a primeira vez que criticamos a confusión que sufre o noso alcalde entre a súa persoa, o seu partido e o cargo que ostenta (efectivamente, máis que exercelo, fai ostentación del). En Navidades, enviou centos de cartas cunha proclama poético-política sobre a luz da verdade. Agora, de novo có membrete do Concello e cos cartos do Concello envía unha misiva ós veciños das Casas Baratas para responder a un "panfleto" do PP. Aínda que a información ofrecida polo PP de Mugardos estivese equivocada e fose realmente panfletaria, está contida nunha publicación dese partido, á que don Xosé Barcia, como candidato do BNG, podería respostar por outras vías. Pero el prefire ostentar o seu cargo de alcalde, abusar del e dirixirse ós veciños dun barrio no seu habitual estilo autocomplacente e paternalista, presumindo das súas humildes orixes e traendo a colación a memoria da súa propia nai.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Sobre a carta do alcalde que aquí denunciades,dirixida ás veciñas e veciños das Casas Baratas - aínda que pola forma e o contido parece dirixida aos súbditos do lugar na época do Medievo - só me cabe dicir que é un insulto á intelixencia do conxunto da cidadanía do Municipio de Mugardos.

Non me sinto lexitimado para realizar unha valoración e denuncia política - correspóndelle ás organizacións políticas con representación municipal - e noutro sentido, porque non encaixa na miña mente de cidadán normal desta época democrática á vez que considero que unha reflexión máis profunda corresponde ao ámbito do psicoánalisis, cuestión para a que me considero incapacitado.

Anónimo dijo...

Sinceramente me parece patético que se tengan que contestar a boletines políticos haciendo uso de Concello. Es la primera vez que veo esto y sinceramente, me he quedado alucinad@, esto es para echarse las manos a la cabeza...no quiero pararme a pensar la utilización que se le puede estar dando a otros recursos de nuestro Concello para usos propios.

Si le quieres contestar o quieres desmentir algo, que tu partido haga un boletín, que lo pague el BNG. Los recursos del Ayuntamiento están para satisfacer a los mugardeses y os aseguro que con esta acción-reacción no me siento nada satisfecha.

Creo que va siendo hora del cambio. Que los ignorantes empecemos a hablar y que empecemos a hacer algo en vez de quejarnos.

Anónimo dijo...

Non lin os anteriores comentarios.
Si lin a carta do Sr. Barcia.

Mire, Sr. Barcia:
todos, homes e mulleres, todos temos pasado e historia na nosa vida. Pero non utilizamos, nin nos aproveitamos da memoria dos nosos proxenitores como argumento político. Ninguén de tantos que somos anónimos cidadáns andamos publicamente dando o carallazo con impertinecias coma a súa.
Considero que este particular non merece máis comentario, salvo dicirlle que se defenda publicamente por si mesmo sen recurrir a estupideces da magnitude que escribe, faltas de ortografía e léxico mal empregado incluídos, e sen chegar a aportar nada de nada para o ben das persoas de todo o Concello, nin ofrecer ningunha mellora laboral, social, económica e cultural para Mugardos que mereza a pena destacar. Nada de nada.

Tan só unha observación: cando se fala en terceira persoa dun mesmo considero que esa mesma persoa está realmente estupidizada polo ridículo poder que cre obstentar.

Sinto vergoña allea de que individuos coma vostede se atrevan a utilizar sentimentos que todos padecemos privadamente e, ademáis, pretendenda acadar un beneficio particular, politicamente particular.
Pouca cabeciña e pobres argumentos manifesta. ¿Sabe unha cousa? Vostede non ten ningunha moral pública,iso é o que penso e libremente opino, nin ten catadura política, nin nada de nada, e fódeme que vostede represente ao Pobo de Mugardos.
Non se trata de partidismo, pois eu son unha persoa que vou por libre, dígollo cunha seriedade de todo punto absoluta, e do que se trata é de non amosar a realidade do ridículo que vostede espantosamente escenifica.
Isto é o que na miña opinión está a facer.

Eu non lle vou aconsellar nada. Sinxelamente dicirlle que non ten ningunha cualidade para representarme en ningures.
D.G.M.

Anónimo dijo...

Aínda que estamos ante un feito que a calquera persoa cun mínimo sentido democrático debe de preocupar, non por iso e dende a sa ironía que nos distingue á maior parte dos galegos, non debemos deixar de pensar que posiblemente ante o coñecemento deste lamentable episodio a máis dun veciño e dunha veciña do Concello de Mugardos, e en maior medida os residentes nas Casas Baratas por ter recibido persoalmente a famosa carta, recordáseselles aquela canción de Karina, que dicía:



........no, non somos nin Romeo nin Julieta,
nin estamos na Italia medieval. "


e creo que á vez é axeitado e convinte recordar que:


tampouco estamos na Italia de Berlusconi

Anónimo dijo...

Deixando para outro momento cuestións de maior actualidade ou interese local quixera facer unha pequena reflexión sobre o que representa este medio de comunicación con relación á LIBERDADE DE EXPRESION.

Cando se trata ou se fala de liberdade de expresión ou doutro tipo de liberdades democráticas non podemos perder de vista o feito de que, para que poidan desenvolverse e exercerse con plenitude, é condición previa e imprescindible a garantía do cumprimento doutro dereito sumamente importante e primordial: A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES.

Todo iso é sumamente importante sobre todo se temos en conta as diferenzas existentes no acceso aos medios de comunicación tradicionais que se dan entre os que participan na vida cidadá dende o poder e os que o fan dende outro punto de partida , por exemplo , dende a oposición.

E o fago non soamente como reflexión posto que tamén quero facelo como recoñecemento aos responsables deste blog e que sirva tamén de chamada á participación.

Recoñecendo o rigor con que tratan os temas, cada un dende a súa lexítima forma de pensar, dicir finalmente que esta intervención a dirixo á vez ao blog de Artritris e ao de Esquerda Unida.

Ata pronto.